Dada a extensión deste artigo, vou dividilo en dúas partes. Na primeira tentarei de identificar as formas e os principais culpables do xenocidio que o Estado sionista de Israel está a levar a cabo contra o pobo palestino. Na segunda parte, veremos como evolucionou a posición dos principais estados que conforman Europa e a Unión Europea e a dos órganos propios desa UE, desde a continuación dos ataques israelíes contra a poboación palestina en outubro de 2023 ata hoxe, rematando con a miña opinión sobre o que a cidadanía dos distintos países debe reclamar aos seus gobernos para por fin a esa masacre que o sionismo está a perfeccionar en Gaza pero que non é descartable que continúe en Cisxordania e remate co pouco palestino que queda en Xerusalén Leste.
PARTE 1: PALESTINA, VÍTIMA DUN NOVO HOLOCAUSTO.
Tomado da revista dixital Contexto y acción (https://ctxt.es) do día 6 de setembro dos presentes, ás 9:20 horas da mañá, en relación ás persoas asasinadas na Faixa de Gaza polo Estado nazi-sionista de Israel desde o inicio da xenocidio no mes de outubro de 2023: “70.300 persoas asasinadas; delas: 20.145 son crianzas e 14.667 mulleres. E 30 vítimas sen clasificar nas últimas horas”
A estas haberá que lle sumar as persoas asasinadas polo exército, servizos secretos e autoridades israelís nas últimas horas, dende o fin da redacción da nova en ctxt.es deica este intre; posto que as labores xenocidas do sionismo non teñen descanso. Estas estatísticas non indican as causas das mortes, que poden ser debidas múltiples causas, das que poñemos a continuación algunhas das posibles; e que son todas elas dunha crueldade propia dun réxime nazi, pero nalgunha modalidade moito máis perfeccionadas:
·Bombardeos: non sabemos se estas son debidas aos bombardeos indiscriminados efectuados polos militares;Posiblemente hai moitas outras causas polas que os xenocidas que acatan as ordes do criminal de guerra, buscado por crimes contra a humanidade, realizan o exterminio do pobo palestino.
Non esquezamos que aínda que a crueldade extrema que practica o réxime nazi de Israel se ceba nas persoas palestinas residentes na Faixa de Gaza, non se salvan da crueldade e das tentativas de expulsión e aniquilamento non as persoas palestinas de Cisxordania nin as residentes no Xerusalén Leste, que continúan sendo expulsados das súas vivendas polos colonos nazis, con apoio do exército e policía sionistas, ou que son discriminadas coma cidadáns incluso cando teñen a nacionalidade israelí pero etnicamente son de orixe árabe ou palestina).
EUA, cómplices activos do xenocidio
Nun primeiro lugar debemos mencionar aos Estados Unidos de América (EUA), que desde o primeiro momento da invasión de Gaza púxose do lado dos xenocidas, aínda baixo a presidencia de Joe Biden (xa gagá) e a vicepresidencia de Kamala Harris. E agora con Donald Trump, un nazi ególatra, hortera e narcisista como residente da Casa Branca; este último acompañado por un Vance (co papel de bufón do Presidente) na vicepresidencia; e con Marco Rubio, ambicioso integrista e proto-fascista, un falcón con ansias de medrar na política e partidario dunha política exterior agresiva e desmedida, como Secretario de Estado.
Son os EUA os que, principalmente, fornecen a Israel das bombas e outros artefactos de guerra que están asasinando palestinos en Gaza; e eles o saben. Saben, tamén, que o dereito internacional considera delito de lesa humanidade o que o Estado sionista de Israel está a realizar en Gaza; e que Netanyahu está reclamado polo Tribunal Penal Internacional (TPI) como criminal de guerra. E, aínda que EUA non recoñece ao TPI como corte penal que poida xulgar aos seus cidadáns[i], négase a entregalo a ese tribunal cando o criminal visita os Estados Unidos.
Igualmente, son os EUA os que protexen ao réxime nazi-sionista de Israel nos organismos internacionais como a ONU, impedindo que eses organismos condenen ou adoiten medidas contra o Estado israelí para tentar parar o xenocidio palestino, incluso chegando a negar o que a todas luces é evidente: o xenocidio. Para elo recorren ao seu dereito de veto ou a chantaxes de diversa natureza. A última é o negar ao Presidente da Autoridade Nacional Palestina o visado para que este poida intervir diante da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.
E non mencionamos antes as agresións policiais, políticas, medidas represivas e ameazas ordenadas polo Goberno de Donald Trump contra as persoas e as institucións que se manifestan publicamente, colectiva ou individualmente, nos EUA, en favor da defensa do pobo de Palestina e contra o xenocidio palestino. Ou en contra das Universidades que permiten nos seus campus as concentracións de estudantes e profesores en favor do pobo palestino e contra o xenocidio que está a cometer Israel, ás que ameaza con cortarlles financiamento para achantalas e que non permitan o exercicio desa expresión que debera ser libre; e máis nun ámbito de formación onde a defensa das liberdades democráticas debería ser bandeira e práctica institucional de todos os centros universitarios. Afortunadamente hai unha, a Universidade de Harvard, que se está a resistir á totalidade deses chantaxes practicados pola presidencia fascista dos Estados Unidos de América. O desafortunado é que as demais téñanse inclinado como servos diante de Donald Trump.
Podemos dicir, sen temor a equivocarnos, que os gobernantes dos EUA son cómplices activos do xenocidio, polo que podemos consideralos, tamén, como uns criminais de guerra do mesmo nivel ou maior que Netanyahu, que o seu goberno e que o seu exército e servizos de intelixencia, xa que sen as armas que EUA lle subministra e a cobertura que nos organismos internacionais lle proporciona a Israel non podería acadar tal nivel de exterminio nin soster por tanto tempo o conflito.
[i] Moitos dos criminais de guerra estadounidenses reclamados por distintos países ou polo mesmo TPI para ser xulgados polos seus crimes contra a humanidade non puideron ser xulgados porque EUA impide as súas entregas. Así, por exemplo, os militares ianquis que asasinaron ao reportero gráfico Couso en Iraq non foron entregados ás autoridades xudiciais españolas para ser xulgados por ese crime de guerra. Tampouco a xentes coma Pinochet, cómplice principal da CIA no golpe contra Salvador Allende e culpable de numerosos crimes contra a humanidade foi entregado ao TPI polos EUA. En cambio, ese país si entrega a africanos reclamados polo TPI ou a nazis alemáns refuxiados nos EUA despois da IIª Guerra Mundial.
.jpg)