Hai uns tres días saltou á primeira plana dos medios de comunicación unha nova aparentemente impactante: mobilizacións en Cuba contra o réxime saído da revolución castrista.
A primeira nova que tiven foi polo noticiario da mañá da Cadena SER, con ataques furibundos cara ao goberno cubano, falando de grandes manifestacións e de participación numerosa da poboación de varios barrios ou localidades cubanas. Posteriormente indago polos xornais españois para ver de coñecer ben o que realmente pasa e para facerme unha idea do que alí hai. Empezo polo Diario.es, onde xunto coa nova das mobilizacións aparece unha foto supostamente ilustradora das mesmas, foto que noutros medios nada sospeitosos de castrismo se atribúa a manifestacións de apoio ao réxime cubano. Unha de mosqueo.
Por suposto que para nada utilicei como medio de información ningunha das editoras da extrema dereita fascista ou neofranquista (La Razón, Ok Diario, ABC, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Telecinco, etc.) por non consideralos como medios informativos fiables. Descartei, tamén, coma medios de acadar información fiable a El País, La Sexta, Antena3, Cadena SER, Cuatro,... porque, falando do tema, en lugar de informar dos feitos parecía que estaban facendo axitación anticastrista. O caso dos medios do grupo PRISA (grupo de noticias e xornalistas que van de ardúos defensores da democracia) lembróume aos tempos de ataque continuado ao réxime venezolano, con apoio insistente e continuado a Guaidó, poñendo en tea de xuízo uns resultados electorais validados por comisións internacionais; o mesmo, aínda que con menos parafernalia, cando os militares ao servizo da CIA e dos USA deron un golpe de Estado contra Morales en Bolivia, minimizando as reaccións contrarias da maioría da poboación boliviana e acentuando os tons na xustificación do inxustificable con apoio nada disimulado á política exterior dos EE.UU. para Latinoamérica.
Ao final, amais dos medios españois medianamente fiables como Público.es, Eldiario.es e Infolibre.es (o cal non quer dicir que non haxa outros igual de fiables, só que con menos recursos informativos) decidinme por trocar de continente e ir aos xornais de Latinoamérica. O primeiro que atopei foi un interesante artigo asinado por Atilio A. Boron, no xornal argentino Página12 que levaba por título Cuba, el bloqueo y la crisis. Por fin as cousas empezaban a tomar forma, a dous días do inicio das "masivas manifestacións contra o goberno cubano" que nos contaban a SER, La Sexta, El País... e todos os demais medios españois autodenominados "veraces e independentes".
Dos políticos españois chamados de primeira liña observamos cousas curiosas: fascistas e neofranquistas falando de falta de democracia en Cuba, descendentes de terratenentes escravistas cubanos (a cuxo chollo e abuso puxo fin Fidel Castro) e ex-militares fascistas, manifestándose fronte á embaixada cubana "pedindo liberdade" (?)... O mundo do revés, vamos. E un goberno español que se deixa levar pola súa cuasi subordinación á política exterior USA para America Latina, no que Sánchez di que "evidentemente Cuba non é unha democracia" e, segundo conta El País o día 14 de xullo, nun comunicado o goberno español expresaba a súa preocupación polas graves carestías ás que se enfronta a poboación [cubana], detonante das protestas, e se comprometía a estudar formas de axuda para aliviar a situación, igual que se ha hecho con otros países iberoamericanos. Estes todos parece que se esquecen que en España sigue vixente a Lei Mordaza, que hai numerosos artigos do Código Penal que poden ser calificados como fascistas e que hai persoas condenadas á cadea por expresar as súas ideas ou cantar cousas "inconvenientes". Que esas leis que mencionei foron aprobadas polo goberno neofranquista do Partido Popular e os seus deputados e que seguen a se manter co actual "goberno progresista". Qnes son eles para falar de democracia se non a saben practicar? O que parece que moitos non acaban por comprender é que un estado de dereito non o é por ter leis. O estado franquista tiña leis, pero as súas leis eran fascistas.
Xa imos vendo un pouco máis, tirando de aquí, tirando de alá e outro pouco de acolá. Ou sexa, as protestas viñan determinadas porque había falla de alimentos e mediciñas en Cuba; que houbo pequenas protestas en barrios da Habana e nalgún outro nucleo de poboación da illa. Protestas sinceras dunha parte da poboación pero, á súa vez, animadas polos criminales da CIA para ver se medraban e conseguían implantar a política que EE.UU. quer para Cuba. Todo isto seguido polo seu coro mediático mundial, atribuíndo a unhas escasas protestas unha entidade e unha cualidade (a de anticastristas) que realmente non tiñan e facendo axitación contra o réxime cubano.
Todos sabemos, dende hai moito tempo, que unha das principais causas da escaseza en Cuba é o bloqueo ao que os Estados Unidos ten sometido a ese país. Un bloqueo criminal que manten nunha precariedade intensa á poboación cubana desde os tempos de John Kennedy e que foi continuado polo resto dos presidentes USA, que se acrecentou na presidencia de Donald Trump e sigue sendo a mesma con Joe Biden. E iso foi o que non foi quen e non quixo expresar o goberno español: que as raices da escaseza e das penurías do pobo de Cuba están nese bloqueo criminal imposto polos Estados Unidos, que non é cuestión de axudas humanitarias nin de gaitas benditas. É unha cuestión de xustiza. Unha xustiza que consiste en presionar ao USA para que dean por finalizado un bloqueo, que si xa en tempos menos graves para a humanidade era salvaxe, agora por mor da pandemia global ten uns efectos máis graves debido á diminución do turismo en Cuba e a subseguinte falla de divisas para poder adquirir alimentos e medios materias necesarios para a fabricación de vacinas e medicamentos e a súa ulterior distribución entre a poboación. O bloqueo é unha política criminal, e o pobo de Cuba ten dereito a defenderse por todos os medios de quen o agrede e está a esperar un mínimo resquicio para rematar cun réxime onde todos os nenos e nenas teñen acceso ao leite, que conseguiu rematar co analfabetismo e onde, a pesares da escaseza de medios, forma aos mellores médicos do mundo.
Biden parece que vai trocar na política interior USA, pero nada vai trocar respecto á súa política internacional; e menos a política para Latinoamérica, onde apoian rexímenes como o del Bolsonaro, Macri ou Fujimoris e similares, pero queren acabar con aqueles gobernos que priman a súa soberanía nacional sobre os intereses da oligarquía estadounidense. E para iso utilizan todas as armas ao seu alcance, incluso chegando aos asasinato selectivos ou masivos dirixidos pola súa axencia gobernamental de asasinos.
Hoxe, 15 de xullo de 2021, xa apenas se fala polos instrumentos mediáticos da reacción dos "importantes e masivos disturbios cubanos". Parece que a entidade dos mesmos era a que o mesmo goberno cubano dicía: nímia. Parece, tamén, que o intento de magnificar os feitos non deu o resultado que USA e os seus aliados desexaban. Parece que non contaban con que a maioría da poboación ía apoiar aos seus gobernantes. Así que QUE LLES DEAN.
E non é que eu non desexe que o pobo cubano non se poida expresar libremente e colectivamente na rúa. Iso sería o desexable. Mais igual, se queren manter un país igualitario, onde os nacidos poidan acceder ao leite sen distinción de clase e ter unha educación pública universal e de calidade, nun país permanentemente acosado polo xendarme norteamericano e os seus criados, non se poden permitir o luxo.