Só como imbéciles podemos denominar a aquelas persoas que se recrean mostrando as súas preferencias por quen con cada acto de calquera tipo contribúe a empeorar o seu benestar; e máis imbéciles aínda cando esas actuacións de perxuizo para a xente e o seu benestar son realizadas de forma tan evidente que calquera persoa normal, non necesariamente moi esperta, pode percibilas con claridade.
Polo tanto o cualificativo menos ferinte que a esas xentes que se decantan polos seus verdugos pódeselles aplicar é o de IMBÉCILES. Segundo a Real Academia Galega imbécil é quen ten ou manifesta pouca intelixencia; tamén podemos denominar a esas persoas con aqueles sinónimos que a RAG cita, entre outros moitos babecas, bobas, cretinas ou idiotas.
E na Galiza hai, como mínimo, 625.182 imbéciles maiores de 18 anos e con dereito ao voto, tal e como puidemos saber por fontes oficiais pasadas as 12 da noite o domingo 12 de xullo. A estes imbéciles xa declarados poderemos, posiblemente, xuntarlle outros que están alén das fronteiras do Estado e que tamén teñen máis de 18 anos e dereito ao voto.
O Partido Popular e Núñez Feijóo estaban esperando por eles coma auga de maio. Levaban desde mediados do mes de marzo enfeitizando neles e nelas utilizando todos os medios ao seu alcance, nomeadamente a TVG, La Voz de Galicia, o Faro de Vigo, El Correo Gallego,... e outros moitos medios que beben as babas da dereita franquista galega e devecen por ter coma Presidente da Xunta de Galicia a un deles ou a unha delas. E aqueles, coma perfectos papahostias, seguiron crendo todas as trolas que día a día transmitíalle desde o seu púlpito permanente da TVG o propio auto-investido como epidemiólogo maior de Galiza, os feitos e fantasmas que esa mesma emisora presentaba coma reais nos seus informativos e os que contaban os demais medios "da tropa", mais pendentes de divulgar o que tal cual lles contaban desde San Caetano, sen contraste nin crítica, e de ocultar unha parte da realidade e das críticas dirixidas contra a xestión e súas as nefastas consecuencias do ocupante da residencia do Monte Pío, que de contar o que realmente estaba a pasar na Galiza.
As que sufriron as listas de espera na sanidade pública, as que viron como derivaban os seus casos a empresas que viven a conta da mala saúde da xente, as que sufriron o baleiramento de médicos, enfermeiras e persoal auxiliar e de servizos dos centros de saúde e dos centros hospitalarios públicos, as que perderon a familiares nos centros residenciais de maiores por unha falta de atención axeitada que foi permitida polo desleixo de quen debería coidar que neles se cumpriran os mínimos que a lei esixe, as que viron como a súa vila ficaba sen pediatra e tiñan que ir coas súas crianzas a outra vila para que puideran ser atendidas, as que sufriron o peche da súa escola e teñen que ver como cada día un autobus se leva pola mañá aos seus meniños para outro lado onde non se sabe moi ben o que lle van dar de xantar nun comedor privatizado para beneficio dunha empresa de catering (e iso cando non teñen que saír da súa casa moi cediño, pola mañá fría, e andar perto dunha hora para chegar á parada onde os recolle o bus; e outro tanto á volta; todo con chuvia e con frío nos meses de inverno, que aquí vai desde outubro a maio como mínimo). Igualmente aquelas as que lles convertiron os seus montes fértis, cheos de vida e diversidade vexetal e animal en piñeirais ou eucaliptais pobres, con vida vexetal e animal limitada ou nula, onde xa non aguantan nin poden xantar os xabaríns ou os lobos, e todo para beneficio de madereiras e papeleiras ou pasteiras que levan un bo beneficio a conta do empobrecemento da vida no rural. Ou as persoas ás que lle montaron industrias mineiras altamente contaminantes, con permiso deses indesexables, que remataron coa riqueza de terras agrícolas e gandeiras noutrora altamente produtivas: Igualmente as persoas que sufriron os abusos das empresas intermediarias do leite co beneplácito tácito daqueles que deberían velar porque iso non se producira e que se cumpriran os acordos sobre prezos acordados. As que se viron privadas do seu traballo por falta dunha política industrial, que levou a astaleiros, automoción, textil, aluminio, etc. ao peche da instalacións, que unhas veces vanse porque os seus donos preferiron deslocalizar os centros de traballo a lugares con man de obra máis barata (iso si, as subvencións quen llas deu deullas, que adoita ser o mesmo que non lles esixe que as devolvan, e quedan con elas) ou as que se van forzados pola propia consellería encargada de dotar de chan industrial para a instalación de empresas que non cumpre coa súa función (curiosamente moitas delas, auxiliares da automoción, se desprazan para o norte de Portugal onde ofrécenlle lugares de instalación e onde a man de obra é máis barata; incluso, en moitas ocasións, lévanse consigo parte da man de obra que tiñan na Galiza pero con salarios máis baixos; eu, ás veces penso que desde as institucións públicas fanno a peto para defender os intereses da gran empresa de automoción instalada na Galiza; pero é que eu son moi malo e desconfiado; así como ás veces o responsable de industria do goberno galego me parece máis un membro do consello de administración de Citroen que un defensor dos intereses da Galiza; neste aspecto, mellor non me fagades moito caso, posiblemente son cousas miñas).
En fin, así estamos, e o caso é que a moitas das persoas mencionadas no parágrafo anterior escolleron seguir a sufrir os efectos que xa teñen probado. Evidentemente, como xa dicía antes, o menor cualificativo que merecen é o de imbéciles.
E moitas desas persoas imbéciles, cretinas, babecas, idiotas, papahostias... xa empezan a disfrutar da súa elección. Polo de pronto Feijóo e os seus palmeros da sanidade xa lle pecharon unha planta hospitalaria de pediatría no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Igualmente, as condicións de escolarización nos niveis educativos de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional non van ser as aconselladas polas autoridades epidemiolóxicas serias (inclúo o de serias porque aos que pinchan e cortan aquí e teñen a última palabra neste asunto non os considero acedores de tal cualificativo); todo por non reducir o número de alumnos por aula e por non contratar máis profesorado. Supoño que tanto nun caso coma noutro ten moito que ver coa derivación dos usuarios deses servizos cara ás empresas privadas de ensinanza e de saúde. Igualmente, as citas e a atención nos centros de saúde seguen a ser telefónicas (xa só falta que pretendan que che tomen a tensión ou te quiten un dente por teléfono, pero estes xerifaltes do SERGAS son capaces disto e de máis). E o personal sanitario (nin regalía de 250 euros para copas e hostal, nin nada) segue a queixarse de que son insuficientes para atender a saúde pública, que seguen a recortar persoal e servizos, que seguen contratando de forma ilexítima e con contratos de lixo (que non de luxo). E seguro que moitas desas persoas imbéciles son das que saían todos os días as oito da tarde a aplaudir ás sanitarias. (Ben, tamén falaban marabillas delas -non das imbéciles senón das persoas sanitarias- Feijóo e o Conselleiro de Sanidade e outros membros tamén da tropa dos incomPPetentes pero como podemos ver todo era fachada e propaganda electoral propia de hipócritas indesexables).
En fin, a min eses 625.182 imbéciles non me dan ningunha pena. Como se sufren as sete pragas de Exipto. Pero, temos que pagar os demais as consecuencias negativas da súa escolla? Porque con Feijóo, ou calquera outra persoa do Partido Popular, xa temos sufrido recortes dabondo. E a partires do luns pasado, se xa empezou así, o que non nos quedará por sufrir, rebotarnos e protestar! TODO POLA VOSA CULPA: PAPAHOSTIAS, IMBÉCILES, IDIOTAS.
Aínda que xa
falamos da noxenta oposición feita polas dereitas franquista,
nazi-fascista e os seus apéndices de nome distinto, este artigo irá
referido ao presidente do Partido Popular na Galiza, e tamén
presidente da Xunta de Galicia, o ínclito, o preclaro, o insigne, o
ilustre,... don Alberto Núñez Feijóo. É claro que a actuación
política deste suxeito non se pode separar da estratexia xeral que o
seu partido ten para o ámbito estatal, polo que será necesario
seguir facendo referencia á intelligentia pepero-voxera do
resto do Estado como pode ser, por exemplo, o grande descubrimento da
portadora da sapiencia do século XXI, a señora Díaz Ayuso,
ou do máster pola URJC señor Casado, ou a xa coñecida
sapiencia de Rocío Monasterio ou de Ortega Smith (non poño a
colección completa de persoas xeradoras de nauseas porque igual me
poño a vomitar e non paro).
Pero volvamos ao
suxeito principal deste artigo, don Alberto Núñez Feijóo. Non sei
se denominalo presidente folklórico, presidente
castellanito (non pola súa procedencia xeográfica, que el é
dunha aldea da Galiza, senón pola súa ausencia case permanente do
idioma propio da súa aldea e da Galiza -o galego- cando realiza
declaracións referentes á pandemia ou outros asuntos na súa
función de cargo público; e deixando claro que as persoas casteláns
que cren e practican a democracia son moi respectables), presidente
enxebre, presidente autóctono, presidente indíxena
(isto xa sería dorarlle en exceso a pílula aos finos pailáns
centralistas que nos miran aos galegos coma tales) ou presidente
vernáculo. Poderían ser moitos máis. Ao final decántome por unha
acepción moi usada na época da Sección Femenina e da OJE
dos fascistas de Franco, que
fai máis xogo co personaxe, a de presidente vernáculo.
Ía dedicarlle un artigo exclusivo pero, coa velocidade que vai este
tema da pandemia, o confinamento, a “desescalada”, etc. córrese
o perigo de que as cousas vaian ficando no atraso ou que se acumule
un exceso de elementos que, de falar deles, compre facelo sen atrasos
para non ficar obsoletos.
Se confiamos nas
súas palabras, ao noso presidente vernáculo da Xunta de
Galicia o que lle interesa nestes intres e o que move todas as súas
actividades é frear a pandemia; que o das pendentes eleccións ao
Parlamento Galego xa se verá cando as cousas estean máis
calmadas. O problema estriba en que eu non teño nin un ápice de
confianza nel nin nas súas palabras; e se alguén me pregunta pola
súa fiabilidade direille que ao meu entender é unha persoa que non
ten ningunha credibilidade. E os feitos din que está facendo campaña electoral e buscando o momento propicio para continuar co proceso electoral en suspenso. Eu non lle creo nada porque xa estou
acostumado ás súas continuadas informacións erráticas ou as súas
continuadas mentiras; leva así máis de dez anos; desde antes incluso de
ser presidente da Xunta de Galicia, tempo no que fixo unha pre-campaña
e unha campaña electorais sementadas de falsidades contra os seus
opoñentes políticos; sei da súa manía de botar a culpa das súas decisións e actos a terceiros
cando coida que a estas non hai por onde collelas e poñen de manifesto o seu desleixo e a súa incapacidade para gobernar. Aí están as súas recentes
afirmacións de que agora hai máis médicos, ou de que hai máis
camas hospitalarias na Galiza, que antes do seu goberno; ou que a falta de EPIs e mascaras de
protección nos centros sanitarios galegos é culpa do goberno central. E iso con só ollar para estes
últimos días.
Sanidade,
Educación e Vivenda ou a incompetencia disimulada.
É evidente, tamén,
que non podemos separar as súas incompetencias, limitacións e
prepotencia das actuacións dos seus conselleiros e conselleiras. Así
vemos que cada vez que o Conselleiro de Sanidade fai declaracións sobre a pandemia nos programas locais da emisora da SER en Vigo , por poñer un exemplo, non ten empacho algún
en afirmar que gracias a que se construíu o hospital Álvaro
Cunqueiro de Vigo esta cidade conta con máis recursos para facer
fronte ao COVID-19; a realidade é que o goberno de Feijóo pechou
numerosas camas hospitalarias públicas nesa cidade, que reduciu o número de
camas hospitalarias previstas para ese hospital, que ía ser
plenamente público e que o Partido Popular converteu nun centro
comercial privado. E que, tamén, reducíu persoal en toda clase de traballos sanitarios tanto hospitalarios como na atención primaria ao longo do seu mandato; incluso agora, en plena pandemia, está a rescindir e a non renovar contratos ao persoal sanitario.
Outra mostra é a
ineficiente e incapaz Conselleira de Educación, que non ten empacho
en botarlle ao goberno central as culpas de que a Xunta non teña anulado antes,
como teñen feito hai tempo outras comunidades, a convocatoria de
oposicións ao ensino público, cando as competencias no tema son
plenas e exclusivas (agás os temarios da maioría das especialidades) da Xunta de Galicia; ou que é incapaz de tomar decisións
sobre un final de curso coordinado e igual para todo o ensino non
universitario de Galiza, que deixa nas mans de cada claustro que faga
o que estime oportuno, a la vaicheboa; asi, a
un alumno ou alumna de Mazaricos se lle pode avaliar de diferentes contidos e
con criterios diferentes que a outro do mesmo nivel de Ribadeo ou do
Barco de Valdeorras. Ou, se así alguén o decide (claustro, departamento, área ou profesor) poderíase avaliar, polos mesmos contidos e cos mesmos criterios, a un alumnado que teña posibilidades de acceso
ás redes e puidera seguir as clases virtuais de quen as impartira
que a outro alumnado do mesmo grupo e
nivel que non ten acceso (sexa cal sexa o motivo) ás redes
informáticas e non pode seguir as ensinanzas impartidas por ese medio. Un total despropósito e unha deixación de responsabilidades o desa señora conselleira, e, por engadido, o do seu xefe.
Ou
a “ocorrencia” da Conselleira responsable de vivenda da que xa
falamos nun capítulo
anterior desta serie que se dirixe ao goberno central para que
derrogue a norma que impide os desafiuzamentos mentres dura o estado
de alarma porque enfría o mercado e prexudica aos propietarios. Todo
un despropósito se o vemos desde o punto de vista de garantir uns
mínimos de condicións de vida para as persoas que polos seus
despedimentos do traballo, pola falta de ingresos derivada da
pandemia, ou
simplemente porque a burocracia e tardanza da Consellería de Traballo ao xestionar
os ERTEs impide que poida cobrar en abril o que lle corresponde non poden facer fronte aos pagamentos dos alugueiros (por
exemplo: vemos que moitas traballadoras domésticas foron despedidas
ilegalmente polos seus patróns ao inicio do estado de alarma; e
sabemos que unha inmensa parte das mesmas non están dadas de alta na
Seguridade Social, polo que non teñen dereito a paro e tampouco
ingresos con que pagar a renda; e sabemos tamén que a maioría dos
patróns que fan estas cousas son xentes acomodadas e que votan á
dereita).
Máis
estes despropósitos non son casuais nin improvisados. Están todos
dirixidos á base electoral do Partido Popular e, polo tanto, forman
parte da campaña de Núñez Feijóo cara ás eleccións galegas, que
leva en campaña desde que tivo que adialas por mor da pandemia e o
estado de alarma e non a deixa aínda que se lle colguen dos chilindríns. Iso si, di que o que a el lle importa son as persoas; non
sei si se refire ás que se contaxian nos hospitais por falla de
medios de protección, se fala dos maiores que sofren en “residencias
integradas” porque faltan as camas hospitalarias públicas e o
persoal para atendelas que a Xunta do PP pechou e despediu; ou se
fala das coidadoras e coidadores de maiores nas residencias que non
teñen EPIs porque nin a Xunta nin as súas empresas os facilitaron;
ou se fala dos vellos e vellas que finan nos morredeiros
nos que se converteron algunhas das residencias nas que moran e ás
que o desleixo e privatización por parte de quen debería velar por
eles está tendo como consecuencia numerosos falecementos. E a culpa
non é da Xunta... Como pretende Feijóo que creamos o que di?
A
comedia electoral do “estudo epidemiolóxico”(ou o baile dos 100.000 test).
Outra
das pantasmadas do noso presidente vernáculo está relacionada cos
test do COVID-19. Parece ser que o goberno central remitiu ao goberno
de Núñez Feijóo un número importante de test para que foran
realizadas as probas entre as persoas máis expostas a poder ser
contaxiadas polo virus, nomeadamente persoal sanitario e auxiliar de
hospitais e centros de saúde, persoal de limpeza de hospitais,
persoal de residencias de maiores, persoal de ambulancias, etc.; e a
Xunta de Galicia non nega esta recepción. Como sabemos pola prensa,
a realización de test a todo o persoal foi unha reivindicación
constante de todos os colectivos implicados na atención directa aos
doentes e potenciais doentes do coronavirus, e a día de hoxe sigue a
ser das máis demandadas polo persoal da sanidade e polos técnicos
das ambulancias. Pois nada, o señor Feijóo, coa habilidade
demagóxica e a sapiencia
que o caracterizan, decide que eses 100.000 test non se van dedicar a
detectar a presencia do coronavirus entre a poboación en situación
de maior risco, senón para facer un estudo electoral... (perdón),
...epidemiolóxico entre a totalidade da poboación galega. O cal non
estaría nada mal se os resultados deste tipo de test foran
definitorios do estado do COVID-19 na Galiza, cousa que non é así
porque este tipo de test debe ser complementado con outros dous para
ser definitorio debido ao seu alto índice de erros nos que pode considerar positivos a negativos ou viceversa. Pero aínda está
peor se temos en conta que xa estaba anunciado polo goberno do Estado
a realización dun verdadeiro estudos epidemiolóxico, con un alto
número de mostras, e por tanto cun alto índice de fiabilidade, entre
o conxunto da poboación do Estado; estudo que non só comprendería
os test que pretende facer Núñez Feijóo, senón que levaría dúas
probas complementarias que sinalarían non só a presencia do virus
en enfermos contaxiados e asintomáticos, senón que mostrarían
ademais as persoas non enfermas pero con anticorpos do COVID-19 por ter pasado xa a enfermidade.
En
suma, este chamado “estudo
epidemiolóxico da Xunta de Galicia”
é outro esperpento máis, protagonizado pola Xunta de Galicia
presidida por Núñez Feijóo; esperpento que só ten senso se é
analizado coma unha parte máis da súa campaña electoral. Campaña que, neste
caso, utiliza á poboación galega coma se un coello de indias se
tratara, servíndose das súas ansias e dos seus medos e proporcionando resultados que seguramente non están axustados á realidade, cousa posta enriba da mesa polo persoal sanitario que á vista dos resultados tiña fundadas dúbidas da utilidade real do rimbombante estudo. Iso si, despois das declaracións neste senso dos facultativos sobre a máis que posible
tomadura de pelo, hai tres días que nada se sabe do tema; nin sequera os xornais afíns ao Partido Popular (todos menos un dos galegos editados en papel) falan do tema, o
cal me inclina a crer que ou ben ocultan os resultados ou ben
prefiren xa calar co tema debido á súa demostrada incompetencia.
A
desescalada
segundo o noso presidente vernáculo.
Unha
das constantes da critica das
dereitas extremas (Partido Popular e Vox)
ao goberno do Estado foi a de actuar de forma improvisada, sen bases
reais sobre as que sustentar a maior parte das medidas, chegando
a falar incluso de “arresto domiciliario” da poboación e de
secuestro das competencias das comunidades autónomas (CC.AA.). E,
ultimamente, acusando ao goberno central de atentar contra as
liberdades democráticas “de
los españoles”. E Feijóo, por moito que vaia de moderado, non ía
ser menos que os seus correlixionarios e apuntóuse ao coro.
Mais, quenes son eles, Feijóo e o resto dos peperos e peperas, para
falar de atentar contra as liberdades democráticas e do secuestro de
competencias das CC.AA.? Lembremos
que os maiores atentados ás liberdades democráticas básicas
(manifestación, expresión e asociación) foron perpetradas por
gobernos do Partido Popular coa aprobación da chamada Lei Mordaza e
coa reforma do Código Penal en sentido fascista,
sendo presidente do goberno central Mariano Rajoy, Presidenta do
Congreso Ana Pastor e sendo deputado Pablo Casado, que por suposto
votaron favorablemente xunto cos demais franquistas do seu grupo parlamentario; medidas
que supuxeron o asasinato de principios básicos de calquera
democracia perpetradas
polas novas xeracións de franquistas agrupadas no Partido Popular;
do mesmo xeito, e durante
este mesmo período, foi cando se produciu a maior recentralización
do Estado en detrimento das competencias das CC.AA. desde a
instauración do chamado estado das autonomías ou de "café para todos".
E logo, de que falan? Certo é que na daclaración da loita contra a pandemia do coronavirus se quebraron en demasía
as competencias da CC.AA., que posiblemente non facía falta chegar
aos extremos que se chegaron en moitos aspectos e que podía ser posible chegar a acordos
sobre medidas e forma de cumprilas, tanto as iniciais como as de da
desescalada do estado
de alarma. Evidentemente, non saberiamos cal sería a actitude do Partido Popular que posiblemente non sería nada construtiva; pero hai outros actores políticos no taboleiro estatal distintos de PSOE e Partido Popular aos que non se lles respectou a súa propia personalidade desde o Goberno. Pero iso non lle pon razón aos incompetentes peperos.
No
mesmo día ou ao seguinte de anunciar a realización do seu test
electoral, Núñez Feijóo, sen ter bases nas que sustentar nada,
e incluso sen ter os resultados do seu test, púxose a pontificar como
debería ser a desescalada
en Galicia con críticas ao goberno central polas súas propostas
neste terreo. E como ía ser a desescalada de Núñez Feijóo? Foi
anunciado este desexo cando aínda non comunicara o goberno central
como ía ser a reincorporación paulatina á normalidade. Segundo
podemos ler en La
Voz de Galicia
en nova do 25 de abril (o xornal máis próximo, por non dicir
apegado, ao Partido Popular) a desescalada
segundo o noso presidente vernáculo consistía, a grandes trazos, no permiso para a
apertura de concesionarios de automóbiles, de permitir facer deporte
individual, abrir mercadillos de proximidade con limitacións e abrir certos establecementos
comerciais con cita previa. Un xenio o noso presidente vernáculo. A
intención era máis que clara: botarlle os cans e os cabreos contra
o goberno central e os seus apoios no Congreso. Táctica electoral
clásica no Partido Popular cando nada novo ten que dicir.
Na Galiza, seguía a campaña de Núñez Feijóo e este negando a súa
existencia.
O
seu lema: “Sigamos a cabrear ao persoal e manteñamos a nosa
campaña electoral”.
O Partido Popular
non ten alternativas reais para propoñer nin no momento actual nin
no momento futuro para controlar a extensión da pandemia. Se eles
estiveran no goberno do Estado faríano peor que o goberno actual,
porque non establecerían nin unha soa medida de protección para os
traballadores asalariados nin para a conciliación laboral (con isto
non quero dicir que considere suficientes as medidas adoitadas polo
actual goberno para protexer aos máis débiles dos efectos
económicos do andazo do coronavirus).
Por
iso, a única vía que
teñen eses sen vergonza das dereitasé a de lograr o cabreo
social contra a xestión gobernamental dunha cidadanía desorientada
e asustada pola pandemia, incluso facéndoo responsable das propias
actuacións da dereita onde ten responsabilidades de goberno
exclusivas. E esta é
unha via que saben manexar perfectamente e que xa lle ten dado
resultados anteriormente.
Esta
falla de alternativas pola banda dos peperos, as presións dos seus
aliados sociais e mantedores, sobre todo os grandes empresarios, e as
ansias de facer caer ao actual goberno e así de poder para dirixir
un goberno de extrema dereita ultraliberal para o período
post-pandemia están levando á dereita franquista e nazi-fascista,
baixo a dirección do Partido Popular, a adoitar posturas que van
contra calquera forma ética de exercer unha oposición democrática,
incluso creando falsas expectativas entre a poboación
ao insinuar de forma indirecta e subliminar que a extensión do
contaxio xa está controlada e non fai falla manter o estado de
alarma (así estamos a ver que a xente non coida na rúa as medidas
mínimas de precaución que médicos e epidemiólogos aconsellan; e
xa veremos, se saen coa súa, como será a dinámica do rebrote que
se espera para o outono). Eles o que buscan é un goberno que poida
aplicar unhas medidas aínda máis duras e agresivas contra a clase
traballadora que as que o actual goberno vai a aplicar por moita
Esquerda Unida e moito Podemos que teña no seu interior (neste senso
a experiencia de Tsipras en Grecia é moi ilustrativa).
Os que levamos anos
interesándonos pola liberdade e a democracia neste país temos moi
claro que a dereita franquista e a dereita nazi-fascista non ten
escrúpulos nin ética á hora de utilizar calquera cousa ou engado
para establecer un clima de cabreo e malestar na sociedade e contra
un goberno. Sabemos que utilizan todo o que teñen ao seu alcance,
sobre todo a mentira sistemática e as cloacas do Estado que se
preocuparon de crear e alimentar nas súas épocas de goberno e
poñendo ao fronte de organismos que deberían garantir a seguridade
do conxunto dos cidadáns e non os intereses da corrupción a
suxeitos corruptos e indesexables; todo para lograr os seus
propósitos. Amais teñen múltiples voceiros entre o lixo que invade
á maioría os medios de suposta información do país, incluso
moitos dos públicos, mensaxeiros da desinformación, da manipulación
e da extensión das falsidades creadas pola dereita franquista e a
outra extrema dereita. Unha manipulación mediática en toda regla. E
o goberno da Xunta de Galicia, presidido por Núñez Feijóo, e os
seus medios amigos tamén están nesa verbena de falta de ética; e
aquí aínda máis agudizada por esa evidente campaña electoral que
nega unha e outra vez o presidente do Partido Popular de Galicia e da
Xunta de Galicia, o noso presidente vernáculo.
Unha
manifestación desa falta de escrúpulos que ten a dereita franquista
foi a imposición da ralentización da tramitación dos ERTEs no
Servizo Galego de Emprego, como teñen acusado os sindicatos,
atrasando os cobros que aos que tiña dereito a clase obreira
afectada no mes de abril. Insinuación de culpa contra o goberno do
Estado por parte de instancias da Xunta de Galicia e do Partido
Popular, apoiados polos seus voceiros de información veraz
e independente. Parella a esta
rastreira e impresentable forma de actuar, ofrecen créditos ás
familias ás que previamente lles nega vía burocracia o cobro do seu
salario; créditos que non sei como serán pero aos que posiblemente,
tendo en conta a forma de actuar dos distintos gobernos galegos
liderados polo Partido Popular, non poidan acceder os máis
necesitados.
Agora os intentos
de xerar cabreo van dirixidos aos pequenos comerciantes e ás
limitacións que o goberno central decretou para a apertura de
establecementos comerciais e de restauración. Non se acorda que na
súa proposta de desescalada as medidas aínda eran máis duras que
as anunciadas polo goberno central para adoitar a partires do 11 de
maio. Está claro que quere alporizar aos pequenos empresarios e
traballadores autónomos, á súa base electoral máis fiel e, ao
mesmo tempo, esnaquizada por eles.
Posiblemente, e
temporalmente, se chagaran ao goberno do Estado os franquistas
crearían unha especie de esmola social temporal (nada
que ver cunha renda social permanente para os máis desfavorecidos
nin coa renda básica, con e sen pandemia, coa que a dereita e os
empresarios non están de acordo) que servira aos seus protexidos
para manter un mínimo de vendas e para aplacar o descontento social.
Isto o estaba pedindo ata o señor Guindos desde a súa poltrona da
Unión Europea e o señor Montoro, antigos ministros de Economía e
de Facenda, respectivamente, con Mariano Rajoy; curiosamente dous dos
principais artífices da ruína e da precariedade da clase obreira e
dos pequenos e medianos empresarios durante o tempo que sucedeu á
crise do 2008; e un deles, o legalizador do fraude fiscal ao través
das famosas “regularizacións fiscais” ás que se acolleron unha
gran parte da xentalla afín ao seu partido e que estafou e roubou ao
erario público do Estado, entre eles gran parte da familia Borbón,
familia da nobreza parasitaria con unha tradición secular de
corrupción a conta dos bens públicos.
A
represión como remedio contra as críticas internas.
Outra
dos signos característicos do goberno Feijóo, que se volveu poñer
de manifesto nesta época da pandemia, é a de calar toda
discrepancia que poida xurdir no interior da administración autonómica, sobre todo se esta discrepancia sae a luz ou se fai pública. Dous casos mostran este tipo de
comportamentos nesta época de pandemia. O primeiro foi a destitución da xefa do servizo de
cirurxia plástica e reparadora do Hospital Álvaro Cunqueiro de
Vigo por facer públicas no seu Facebook persoal as presións ás que
estaba sometida pola dirección do citado hospital debido á
insistencia da profesional en usar máscara de protección e esixir
medios de protección individual para atender aos doentes nunha etapa
na que os contaxios por COVID-19 estaba a crecer en progresión case
xeométrica. A escusa para a destitución foi a de falta de confianza; isto para unha
profesional que ten fama de ser moi concienciuda no seu traballo, no
coidado dos doentes e unha excelente compañeira. A verdade todos supoñemos que non foi esa, senón a actitude da doctora. E por moito que o neguen non imos crer outra cousa.
Outro
caso é a destitución como director da residencia integrada de Baños
de Molgas de un especialista en xerontoloxía, destitución materializada ao día seguinte de que ese
xeriatra realizara unhas declaracións á Cadena SER en Galiza que
poñían en cuestión algunhas das actuacións da Xunta de Galicia ao
respecto das residencias de maiores e ao tratamento nestas de doentes
de COVID-19 nas propias residencias ou nas recen creadas residencias integradas habendo sitio en hospitais públicos ou privados. Non é
que foran unhas declaracións moi duras coa actuación das
consellerías de Política Social e Sanidade, simplemente razoables;
pero si discrepantes e, por moito que o neguen, as coincidencias
non existen, como se pode extraer dunha nova
aparecida en Galicia Confidencial. Aquí, na Galiza, sabemos con
quen bailamos e coñecemos as súas mañas. E as coincidencias en
certos temas non existen.
Cousas
recentes e cousas que fican no tinteiro.
Xa
se falou noutro
artigo desta xeira do tema das residencias de maiores na Galiza.
Non falamos da contratación de persoas sen titulación para atender
aos maiores que permaneceron nesas residencias afectadas polo
COVID-19. Tampouco nos estendemos na falta de provisión de equipos
de protección para os seus traballadores, nin da realización de
probas xeralizadas ao persoal dos xeriátricos. Pero imos poñer
aquí, polo seu interese, un video que circulou pola rede que contén
unha declaración dun traballador dun xeriátrico público cuxo nome é Xan
Carlos Ansia, que nos da unha visión moi ilustrativa da actuación
do goberno de Núñez Feijóo e o seu goberno respecto das residencias de
maiores, actuación que xogou un papel esencial na extensión do
virus neses establecementos entre residentes e persoal.
Outro
asunto non tratado é o continuado e progresivo despedimento de persoal contratado
para atender aos maiores nas residencias intervidas privadas pola
Xunta de Galicia, volvendo a deixar aos maiores alí residentes ao
coidado do escaso número de persoal contratado polas empresas cuxas
actuacións, combinadas coa falta de inspección efectiva da
consellería encargada, provocaron numerosos contaxios e mortes entre
os residentes nas mesmas.
O
mesmo está a ocorrer nos centros sanitarios, onde despois de non
renovar contratos ao persoal sanitario e auxiliar que estaba de baixa
por enfermidade (que en teoría, e parece ser que só en teoría,
deixou de facer cando saiu á luz pública), agora a Consellería de Sanidade está a despedir
aos contratados con motivo da pandemia, sen esperar á fin da pandemia, nin aos resultados dos seus propios "estudos", nin ao seu case
seguro rebrote, nin para estabilizar os cadros de persoal tanto da
atención primaria como da atención hospitalaria.
En
fin, xa vemos que baixo a dirección de Alberto Núñez Feijóo, o
noso presidente vernáculo, este país, Galiza, non funciona. Polo
menos para a maioría da cidadanía. Si funciona para unha
millonésima parte da súa poboación, que se fai rica e máis rica a
costa do sufrimento dos demais.
E,
finalmente, todo o que non se di.
E iso
que non temos falado da industria, ou da falla dela e tamén da falla das súas
perspectivas. Si o fixemos de paso co comercio e do que sofren os
pequenos comerciantes coas políticas dedicadas a favorecer ás
grandes cadeas e ás grandes áreas comerciais en detrimento daqueles
(e, por riba, a maioría nen se decatan; o cal é moi triste).
Tampouco falamos de educación, un área na que impera a política
dunha constante vía de privatización e dun abandono da escola e o
medio rural que favorece a despoboación e a desaparición da
agricultura e a gandería. Nin da política forestal; ou, mellor
dito, da política de destrución do bosque e da busca da
desertización ao través do eucalipto.
En
fin, hai que botalo. A el e aos seus correlixionarios franquistas.
Adeus señor presidente vernáculo. Espero que, pese a todos os seus
esforzos por enmascarar unha descarada campaña electoral, non volva
saír escollido.
As actuacións gobernamentais marcaron o proceso de loita contra o COVD-19. Desde as do goberno central ata as das comunidades autónomas. Incluso as do noso ínclito presidente vernáculo, Nuñez Feijóo, que aproveita ata o último minuto da crise para facer propaganda electoral aínda que iso poida ser contraproducente para acabar canto antes co pandemia. Aínda que sexa para darlle volta ás
súas meteduras de pata e achacárllelas a outros, como pasa co das
residencias privadas de maiores ou coas cifras de afectados polo coronavirus.
Certo é que moitas das actuacións dos personaxes de distinta
caste e cualidade non se poden, en numerosas ocasións, analizar sen
se referir a outros de carácter distinto e/ou antitético; sobre
todo as actuacións dos gobernos, condicionadas pola oposición ou
por empresarios ou sindicatos ou polas mesmas diferencias internas do
propio goberno. Mais unha cousa que non debemos perder nunca de
vista: todas as posicións tanto dos partidos da dereita franquista
como os da “esquerda diluída” ou as medidas
adoitadas, absolutamente todas, teñen a súa orixe nas posicións de
defensa dunha determinada clase social ou de cesión ás presións da
burguesía; iso pese a que dentro da defensa dos intereses dunha
mesma clase social poidera haber diverxencias na intensidade das
medidas ou posicións defendidas (por exemplo, o franquista Partido
Popular e o nazi-fascista Vox defenden á mesma clase social – a
burguesía- pero as súas posicións aínda que maiormente
coincidentes no fondo non sempre coinciden na forma, agás nesta
crise eco-sanitaria nas que parecen estar á par).
Teño que aclarar que o meu “estado informativo” é máis
fondo no referido ao Estado central en xeral, á Comunidade de Madrid
e a Galiza. Os dous primeiros porque son os que saen nos informativos
e nos xornais estatais con edición dixital (prescindín, por
consideralos como non fiábeis, de xornais como La
Razón, ABC, El Mundo, OK-Diario, Libertad
Digital, ...e outras cousas polo estilo). No referido á
Galiza a información ven determinada por diarios publicados en
dixital, prescindindo, pola
mesma razón que a dos estatais antes mencionados, de La Voz de Galicia,
Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Región,...
e outras cousas polo estilo).
Emerxencia sanitaria na Galiza e Estado de Alarma no
Estado.
Na primeira semana de marzo, pese a que a Organización Mundial da
Saúde (OMS) aínda non tiña declarada a pandemia do COVID-19, xa se
aventaba que a cousa podería ser grave a un curto prazo. O día 11
de marzo a OMS, aínda que tarde, declarou por fin e oficialmente a
pandemia causada polo coronavirus COVID-19. O día 14 dese
mesmo mes, o Goberno do Estado declarou o estado de alarma,
con efectos desde as 0:00 horas do luns día 16, e centralizou as
medidas sanitarias no goberno do Estado, sen por elo retirar a
totalidade das competencias ás comunidades autónomas que as tiñan
traspasadas.
Na Galiza, o día 13 de marzo, a Xunta de Galicia declarou a
situación de emerxencia sanitaria durante 14 días
naturais a contar desde ese propio día 13 de marzo; esta alarma
sanitaria aparte de crear e activar unha xeira de organismos públicos
para o control da pandemia, amais de establecer lugares de
confinamento seguro para colectivos e persoas en risco (parece ser
que, na práctica, estaban excluídas as persoas clientes das
residencias privadas de maiores, do que xa temos falado nun artigo
anterior), declaráronse limitacións á apertura e funcionamento
de diversas actividades onde se puideran congregar grupos numerosos
de poboación. Estas medidas foron asumidas e ampliadas polo goberno
central coa declaración do estado de alarma estatal do día
seguinte.
As zonas máis castigados pola pandemia ata ese momento eran a
Comunidade de Madrid, A Rioja, o País Vasco e Cataluña. E as
autoridades, tanto do Estado como das comunidades autónomas,
chamaron ás respectivas poboacións a manterse nos domicilios e a
non concorrer a lugares de aglomeración cidadán. Nese fin de semana
do 14 e 15 de marzo, milleiros de residentes “sans” da capital do
Estado espalláronse por todo o Estado, sobre todo cara a aqueles
lugares de costa e de segundas residencias, contribuíndo a levar e
estender o virus alá por onde pasaron; toda unha mostra de
irresponsabilidade e insolidariedade por parte desa parte da
cidadanía, á que se lle supón (polas súas posibilidades
económicas) un nivel de formación suficiente para comprender que
non estaban a facer ben.
Un caso singular deste escapismo irresponsable foi o
do ex presidente do Goberno do Estado e membro destacado do Partido
Popular, José María Aznar, e da súa parella, Ana Botella,
ex-alcaldesa de Madrid por ese mesmo partido. Eses dous, en
lugar de permanecer no seu domicilio cotiá en Madrid, desprazáronse
cara á súa segunda residencia en Marbella (e non para confinarse,
que víronnos pasear), dando toda una lección de irresponsabilidade;
sobre todo vindo dun suxeito que vai pola vida pretendendo dar
leccións de responsabilidade e cordura cando vemos que a realidade
difire do discurso que se gasta ese imbécil. Non esquezamos toda
a mentira mantida por ese “personajillo” durante anos e
anos sobre a autoría dos salvaxes atentados do 11-M de 2004 en
Madrid sendo Aznar Presidente do Goberno; mentira aínda non
asumida publicamente por el como coautor da mesma e como unha
irresponsabilidade, nin me consta a súa petición de perdón ao
conxunto do país e ás vítimas daquel atroz atentado por manter esa
mentira anos e anos.
As medidas gobernamentais.
Primeira declaración do Estado de Alarma.
Coa asunción de todas as medidas de carácter sanitario, de
interior, de transportes e de defensa pola parte do goberno central
coa declaración do estado de alarma e o confinamento da poboación
nos seus domicilios, aínda que deixando en mans das comunidades
autónomas (CCAA) a execución das mesmas alí onde tiñan as
competencias, o goberno deixaba para si toda a responsabilidade sobre
as medidas a adoitar no conxunto do Estado, aínda que a súa
execución nos aspectos sanitarios, fóralles encomendada ás CCAA.
Podemos dicir que foi case unha aplicación xeneralizada do artigo 155 da
Constitución, vía estado de alarma, pero mantendo ao mando das
institucións sanitarias a quen ata ese momento o tiña.
Ao meu entender este foi o primeiro erro do Goberno Central; e foino
por varios motivos fundamentais: a) quitarlle competencias ás CCAA
en aspectos que estas podería exercer coa mesma eficacia que o
Estado central (sanidade e seguridade naquelas CCAA con
competencias); b) servir de escusa a certas CCAA para que, tendo
incumprido anteriormente coas súas obrigas respecto á saúde
pública e aos equipamentos materiais e humanos coa que debería
contar sempre a súa rede sanitaria pública, e podendo incumprir
coas obrigas establecidas (sobre todo no referente á información),
e retorcendo todo ata mentir coma cosacos cargados de vodka,
derivaran as súas responsabilidades cara ao goberno central,
achacándolle a este responsabilidades deses gobernos autónomos,
como a responsabilidade pola falla de equipamentos de protección
individual (EPIs) para sanitarios e poboación ou ocultando
información sobre contaxios e falecementos por COVID-19 en
establecementos da competencia autónoma; c) sacar o exército á
rúa; en teoría baixo dependencia e só a requirimento de Interior,
na práctica parece que esa parte das disposición legal foi
incumprida polos militares (pero isto é outro cantar do que
falaremos ben máis adiante ou ben nun artigo específico); teño que
dicir que me parece moi ben que a Unidade Militar de Emerxencia (UME)
participara na desinfección de espazos públicos e residencias de
maiores, o cal non quer dicir que non estea en desacordo coa
existencia desa unidade como parte do exército. Unha unidade que,
dito de paso, cobra ás CC.AA. pola súa participación na extinción
de incendios forestais en lugar de ir de balde porque se mantén dos
nosos impostos e non temos por que pagarlle dúas veces. O que non
sei si tamén lle vai cobrar ás residencias de maiores privadas pola
súa actuación de desinfección. Eu póñoo en dúbida. Veremos.
Pero tamén digo que ese estado de alarma, ao igual que a
declaración da emerxéncia sanitaria da Galiza,
chegou tarde e que gobernos como os de Madrid, Galiza, A Rioja, País
Vasco e Cataluña deberon decretar o confinamento das súas
poboacións xa na semana do 9 ao 15 de marzo; e se carecían de
competencias para facelo, esixir do goberno central que así o
fixera. E non valen as escusas como as que esgrime a señora Díaz
Ayuso, presidenta da CA de Madrid, de “que non tengo
competencias para confinar a los madrileños” (con esa vociña
e toniño que a caracteriza). Neste senso, o Goberno
Central actuou moi mal, decretando tarde o estado de alarma; como
tamén actuou moi mal non facendo caso ás reclamacións de
isolamento por parte de distintos gobernos autonómicos (entre
os que non estaba o de Madrid, foco principal da pandemia no Estado
Español, e tampouco o goberno de Núñez Feijóo).
Feijóo tiña que ser coñecedor de que ía a haber numerosos
desprazamentos desde Madrid cara a Galiza, polo que as posibilidade
de que a poboación galega estivera exposta ao contaxio era moi
elevada; de feito, foi ese sábado cando decretou o estado de
emerxencia sanitaria. Por moito que poida negalo, o Presidente da
Xunta tiña que saber do desembarco de numerosos coñecidos ou
correlixionarios seus procedentes de Madrid cara a localidades como
Sanxenxo, Baiona, O Grove, ... e con eles todo o séquito de
aduladores, pelotas e imitadores que adoita seguilos aos seus lugares
de vacacións. Pero como ese señor estaba, e sigue, en campaña
electoral permanente non quixo pechar desde o mesmo venres ou
sábado todos os establecementos de hostalería e pisos vacacionais
da comunidade, posiblemente polos efectos imprevisibles que puideran
ter sobre a súa campaña electoral. Tampouco se dirixiu ao Goberno
do Estado para que illara a Galiza ou Madrid coa finalidade de
preservarnos a nós e ao resto do Estado das potenciais exposicións
o virus; de feito os primeiros casos detectados na Galiza foron de
persoas que viñeron desde Madrid nesa fin de semana ou que estiveron
en contacto con xentes procedentes da comunidade madrileña.
Outra das medidas adoitadas, tanto polo goberno central como pola
Xunta de Galicia, foi a suspensión parcial de numerosas actividades
sociais e económicas que podían posibilitar a aglomeración de
persoas e o espallamento dos contaxios: bares, restaurantes,
espectáculos, actividades comerciais presenciais,... Mais,
curiosamente, non se suspenderon actividades fabrís nin de
construción que non estaban consideradas como esenciais para o
mantemento mínimo da sociedade; e iso a pesares de que nelas era
imposible manter as medidas de prevención aconselladas, tanto por
falla de medios nas empresas como pola dificultade de adquirilos no
mercado, amais de non poder as manter distancias de seguridade entre
os e as traballadoras aconselladas para estes casos (xa era
dificultoso, por falla de EPIs, manter as medidas en moitas das
actividades esenciais). Tamén foi un erro importante o non
establecer a obriga das empresas “esenciais” de proporcionar
medios de protección aos seus empregados máis expostos (por exemplo
caixeiras de supermercados); Esta medida de paralización parcial foi
criticada por diversos sindicatos de clase. Foi un dos maiores fallos
iniciais do goberno central: poñer en perigo a saúde dos
traballadores e das traballadoras, así como o das súas familias,
expoñéndoos ao contaxio e a contaxiar; todo por sucumbir ás
presións da gran patronal e das voces que no interior do goberno do
Estado defenden as posicións dos grandes empresarios.
Curiosamente, (...manda carallo!) o Goberno central inicialmente
tampouco suspendeu procesións nin misas pese a ser lugares de
acumulación de moita xente, tivo que ser a xerarquía católica
quen decidiu suspender as procesións da semana relixiosa; aínda que
non as misas, que foron suspendidas de facto polo medo dos feles
practicantes (...xente de pouca fe).
Outra das cousas negativas atribuibles ao goberno central foi o
desfase de catro días entre a declaración do estado de alarma e
as medidas dos Expedientes de Regulamentación Temporal do
Emprego (ERTEs). Días que aproveitaron moitos grandes
e medianos empresarios para desfacerse de traballadores e actividades
que en condicións normais non poderían facer; eu estou convencido
que ese desfase non foi involuntario por parte do goberno, que
foi premeditado e buscado polo menos por unha parte do equipo
gobernamental, sen poñer de manifesto que unha norma non se pode
ditar con efectos retroactivos. Foi un gol que posiblemente vai ser
recompensado nun futuro ao través dunha porta xiratoria e que
favoreceu aos mesmos que a non suspensión total das actividades
fabrís non esenciais. De novo, o goberno de maioría PSOE á par
dos empresarios e fronte aos intereses da clase obreira. Este
aspecto foi criticado tamén por moitos sindicatos de clase; por
desgraza non todos os sindicatos criticaron a falta de protección do
traballo durante eses catro días.
Aínda que insuficientes, dicir que nestes primeiros días do estado
de alarma si houbo cousas positivas; así foron moitas das medidas
tomadas cara aos traballadores autónomos, como a suspensión de
cotizacións, aprazamento de pagamentos ao Estado ou para axilizar o
paso ao estado de suspensión de actividade (paro). E digo
insuficientes porque os pagamentos a provedores hai que facelos, por
exemplo; e as medidas para os cobros estatais das axudas son pouco
áxiles e tardarán en chegar. Pero como
dixen o outro día, eses que pensan que son “empresarios” e
renegan da súa condición de clase sempre se queixan; e a min non me
dan ningunha pena, nin me vou mover por eles ata que a maioría sexan
como foi o meu defunto pai.
Igualmente os préstamos ICO, xestionados por bancos privados, van
ter a problemática que sempre tiveron as empresas que pretenderon
beneficiarse de préstamos oficiais; os bancos privados van atrasar
todo o posible e dificultar todo o posible a concesións deste
financiamento, tentando colocar os seus propios produtos ou colocar
produtos complementarios pola porta de atrás (como xa se tn
denunciado). Esto nos mostra, unha vez máis e un motivo máis, a
necesidade de crear un banco público con rede de oficinas propias
que estableza competencia cos bancos privados. E máis tendo en conta
que hai suficientes indicios para afirmar que a concentración
bancaria privada no Estado Español propiciou un funcionamento
bancario en réxime de oligopolio, onde se establecen pactos abusivos
para con os usuarios e clientes. Por iso este financiamento ICO
debería ser xestionado directamente entre ICO e empresarios
solicitantes ou ao través dalgún organismo público.
Desta tardanza tamén vai ser vítima a clase obreira que non vai
cobrar nómina completa de marzo, e sobre todo de abril, e o Estado
vai ser pouco áxil en tramitar os dereitos ao subsidio de desemprego
causado polos EREs ou os ERTEs. Medidas, os ERTEs e os ERES, produto
da reforma laboral regresiva emprendida polos gobernos do Partido
Popular baixo a presidencia de Mariano Rajoy.
Ampliación do estado de
alarma e do peche de actividades.
Coa ampliación do estado de alarma e, por fin, coa
paralización de moitas das actividades non esenciais e focos de
contaxio que estaban funcionando, xa non se cometeron tantos erros na
protección do traballo. Parece que o goberno fiou máis fino. Só
queda que activara, amais, os mecanismos de inspección do traballo e
seguridade social para evitar potenciais fraudes empresariais, sobre
todo naquelas comunidades autónomas con competencias na materia que
o ben non contan con suficientes medios humanos e materiais ou ben, e
directamente, “pasan” de inspeccionar de forma concienciuda ás
empresas. E diso aquí, na Galiza gobernada polo Partido Popular,
sabemos moito.
A paralización das novas actividades non esenciais ditaminouse
ata o mércores da semana relixiosa católica, incluído. A
partir dese día as empresas paralizadas puideron retomar a
actividade. A xuízo dos sindicatos e, tamén, do comité de
expertos que asesora ao goberno central ese levantamento da
paralización foi excesivamente precipitado; deberían manterse
máis tempo a paralización desas actividades pois non estaba nada
claro cal era a evolución dos contaxios e contaxiados. Isto, por mor
da falta de realizacións de tests á poboación, por falta de
elementos de protección individual nas empresas e por que non se
sabía a ciencia certa cal era a repercusión real do coronavirus;
por unha parte, a falta de medios de toma de mostras que non permite
coñecer cunha certa aproximación o número de portadores sen
síntomas; por outra parte as cifras reais de afectados, por falta de
datos ou por datos mal proporcionados desde comunidades autónomas
(de feito hoxe sae no BOE unha disposición de como deben
proporcionar as CCAA os datos sobre afectación ao Mº de Sanidade;
por algo será). O de non facer caso aos comités de expertos debe
ser un vicio do PSOE cando a dereita económica mira en perigo os
seus beneficios; xa pasou coa LOXSE, só que daquela o comité de
expertos dimitíulle na súa case totalidade (así quedou como
quedou esa lei, sen medios para a súa aplicación e desmembrada).
Esperemos que esa presa (presa xerada non se sabe moi ben por que ou
quen) por mandar doutra volta ao traballo ás fábricas e construción
e poñer en risco a saúde da clase obreira e as súas familias e
achegados non teña consecuencias negativas na saúde pública,
porque iso si que non sería perdoado por ninguén. E moito menos por
algúns que non queremos, nin de cachondeo, que a dereita franquista,
soa ou con apoio dos nazi-fascistas, volva a gobernar este Estado.
Os últimos feitos e as últimas consecuencias da
improvisación.
En todo este proceso de combate contra a pandemia do COVD-19 houbo
moita improvisación, evidentemente. Unhas veces determinada por que
nos enfrontábamos a un virus descoñecido con unha alta capacidade
de contaxio, que se estendeu cunha velocidade inesperada e contra a
que non había remedios de carácter médico. Por outra parte, esta
alta incidencia da enfermidade atopouse cun sistema de saúde pública
moi debilitado e con falta de mediosmateriais e de persoal
sanitario e auxiliar, debilidade derivada dos anos nos que a
dereita franquista do Partido Popular ou a dereita catalá estiveron
gobernando en numerosas comunidades autónomas, no que a sanidade
pública foi “desangrada” continuamente en favor das empresas
privadas de saúde controladas maiormente por fondos de investimento;
así, os hospitais públicos das comunidades con alta incidencia do
virus estiveron desbordados tanto por falla de medios como por falla
de persoal. Outras das cousas que fixeron aínda máis cruel a
incidencia da pandemia foron a difícil tarefa de acadar equipos de
protección individual para as persoas que estaban na primeira liña
sanitaria do combate contra o bicho.
A práctica totalidade de EPIs e mascarillas son de fabricación
china ou doutros países, o que implicaba unha desprotección total
da poboación e dos profesionais do Estado Español (e dos franceses,
alemáns, italianos,...) ao non poder importar eses elementos coa
urxencia que se precisaba. Por riba, o mercado de protección foi
vítima de especuladores que elevaron prezos ou comercializaron
material defectuoso (houbo que devolver máis dunha partida por non
cumprir coa normas requiridas).
De nada servíu que o Estado declarara a preferencia do sector
público sanitario sobre todos os elementos de protección que
houbera no territorio do Estado, agás -como xa dixen ao principio-
para que os incompetentes que gobernan en certas comunidades
autónomas con aompetencias plenas en sanidade (e, por tanto, con
capacidade para mercar e prever equipamentos) se lle botaran enriba
ao goberno central. Quer dicir isto que o Goberno Central o fixo
ben? Non, para nada. O goberno central meteu a pata ao repartir ás
CC.AA. partidas de mascarillas defectuosas que estaban destinadas aos
sanitarios de primeira liña. É culpa do Ministro? Directamente
non, pero si de alguén que aprobou o reparto e a compra das mesmas e
que debería de estar destituído; e, indirectamente, a
responsabilidade política é dos xerifaltes do Mº de Sanidade.
Igualmente Feijóo, que enviou aos concellos de Galiza unha partida
de máscaras de protección caducadas. Pero o este último personaxe
da para outra; menos para o que ten que facer fai de todo, sobre todo
botar pola súa boca. Xa falaremos del.
Ata aquí falamos do goberno central. O próximo vai da oposición.
E, posiblemente sexa máis curto, porque poucas palabras e
cualificativos concretos bastan para describila. Tamén falaremos do
noso presidente-vendedor de fume vernáculo.
Antes de comezar un aviso: non me
vou cortar un pelo; vou botar todo o que me sala de dentro; se hai
alguén que se sinta ofendido ou ofendida que me denuncie ou que se
foda; xa estou farto de ser educado con quen non o merece. E vouno
facer porque estou ata os “mismísimos” de moitos e moitas
imbéciles que teñen responsabilidades de goberno dos que penso que
deberían estar fora da administración pública ou na cadea. Queda
claro?
Desde o primeiro momento, e sobre
todo cando os casos empezaron a ser máis frecuentes, no conxunto da
poboación xurdiu a solidariedade cara ao persoal sanitario
totalmente desbordado. Sobre todo naquelas comunidades nas que os
problemas de falta de persoal e camas nos hospitais públicos estaban
a ser máis acusadas xa antes do inicio da crise do coronavirus e
onde a poboación, como prexudicados directos da mala situación dos
profesionais da sanidade, percibe coma seus os problemas que afectan
ao persoal sanitario. Falo de Galicia, de Castilla e León, de
Madrid, de Andalucía,...
Unha solidariedade cidadá en
xeral san e nada interesada, que provoca que todas as semáns
diante de centros de saúde haxa concentracións de profesionais da
saúde e de cidadáns de a pe para defender a sanidade pública das
agresións á que os gobernantes imbéciles dos partidos corruptos a
están a someter coa finalidade de pular a sanidade privada, os
negocios dos que se benefician da mala saúde da poboación.
Esta solidariedade cidadán vai indo
a máis a medida que a pandemia do coronavirus estase a estender,
porque esta a ficar máis en evidencia o desmantelados que eses
cabróns teñen os servizos públicos de saúde (primaria,
especializada e hospitalaria), a falta de recursos materiais e a
escaseza de persoal médico-sanitario para afrontar a pandemia cun
mínimo de recursos que permitan minorar os efectos nocivos da mesma.
Espero que a memoria social funcione
despois desta situación e á hora de exercer o dereito ao voto;
aínda que, por desgraza, está máis que demostrado que a memoria
social é moi fráxil; e este adormecemento está alimentado
permanentemente desde a maior parte dos medios de comunicación.
Máis de entre todas as persoas que
amosan a súa solidariedade co persoal médico, de enfermaría e
auxiliares clínicos de todo tipo, da noxo escoitar a algúns
fillos-puta e a algunhas fillas-puta (o cualificativo non vai
polas súas nais, senón polo modo de actuar deses personaxes) que
inician os seus discursos sempre amosando a súa solidariedade cos
profesionais sanitarios cando son eles, eses imbéciles cínicos e
cabróns, os culpables dos apuros que o persoal sanitario está a
sufrir. Son eles ou outros membros dos seus partidos os que
recortaron o persoal desde que ostentan cargos de dirección da
sanidade pública nas distintas comunidades autónomas. Da noxo
escoitar dicir estas verbas aos membros do Partido Popular, aos
presidentes peperos de comunidades autónomas que fixeron todo o posible por
desmantelar a sanidade pública, que suprimiron camas nos hospitais
de titularidade pública para beneficiar aos propietarios e
directivos das empresas que teñen coma público obxectivo do seu
negocio aos doentes. E en xeral dan noxo todos eses personaxes que
recortaron na sanidade pública; porque tamén no PSOE e en
Converxencia i Unió hai elementos deste tipo, aínda que sexa o
Partido Popular o principal responsable do descalabro da sanidade
pública.
Da noxo escoitalos a todos eles
cando se laian das colas que se montan nas urxencias, ou cando
afirman que non hai camas suficientes tendo eles pechadas numerosas
camas e partes enteiras de edificios hospitalarios públicos. Pero
sobre todo porque a lei permite incautar camas dos hospitais
privados e eles non as incautan, prefiren saturar os públicos e ter aos doentes en condicións terceiro mundistas; e porque as camas pódense montar como se está a facer
nalgúns lugares en hoteis baleiros ou en pavillóns de mostras. O
problema é que falta persoal que poida atender esas camas. Eles, os
noxentos dirixentes do Partido Popular, baleiraron os hospitais e os
centros de saúde públicos de persoal cualificado, deixando en cadro
de mínimos eses establecementos e abusando laboral e
profesionalmente dun persoal sometido á precariedade; e
obrigaron aos sanitarios e sanitarias maiores a xubilarse e deixar as
prazas sen cobertura para aforrar nunha necesidade básica como é a
saúde pública.
Eses mesmos sen-vergoña, cínicos
e mentireiros son os que levan anos e anos gobernando en Galiza, en
Castela e León, en Madrid, ou que estiveron precarizando a saúde
pública en Valencia ou Murciamentres gobernaron,
poñendo ao persoal médico, de enfermería ou auxiliar aos pes dos
cabalos das empresas de sanidade privada; que arrasaron con todo o
público alí onde colleron competencias sobre os servizos, entre
eles a sanidade. Os do partido que foi condenado por beneficiarse da
corrupción de innumerabeis dos seus dirixentes políticos e dos
secuaces nomeados por eles, que non só se beneficiaron persoalmente
senón que traballaron para acadar ingresos irregulares para o
Partido Popular. E aínda queda por clarexar o dos famosos “sobres”
que parece que percibiron moitos deses “patriotas” do tres ao
cuarto que van polo mundo facéndose os heroes e os salvadores da
patria (supoño que da patria na que teñen os cartos depositados en
contas opacas).
Cando escoitamos falar a persoal
sanitario das comunidades máis afectadas polo coronavirus, como
Madrid, queixándose do seu esgotamento físico, da falta de material
de prevención ou de que teñen que poñer aos doentes en corredores
saturados de camas, indicando que hai camas baleiras en hospitais
privados porque as autoridades sanitarias da súa comunidade non
executan a lei de alarma que permite derivar doentes cara aos
hospitais privados aínda que estes se opoñan danme ganas de
vomitar pola actuación gobernamental. Máis cando despois saen Pablo Casado, Núñez Feijóo ou
outros polo estilo, que son todos iguais, a expresar a súa admiración
polo persoal sanitario a náusea é case permanente e tarda en pasar.
Porque prazas na privada hai, porque para Esperanza Aguirre (unha das
maiores responsábeis do desmantelamento en persoal e medios na
sanidade pública madrileña) e o seu home pronto houbo praza nun
centro hospitalario privado, mentres outros estaban a ser derivados
a corredores hospitalarios, habitacións saturadas, enviados aos seus
domicilios ou algo polo estilo; e agora a hoteis sen clientes,
alugados ou cedidos. Son todos eles uns sen-vergoña ou non? A que si?
Todos eles forman parte do Partido
Popular, un cancro social que debería ser extirpado e destruído.
Tendo
en conta como a xogan algúns impresentables deste Estado Español,
que carecen do máis mínimo sentido do humor e que actúan máis
levados pola súa ideoloxía de extrema dereita que pola razón, a
lóxica e a obxectividade, aclarar que de todo o aquí escrito
calquera parecido coa realidade é pura coincidencia (e se así
non fora, alguén debería facerse mirar).
FIRST
NEWS
Unha perigosa
banda terrorista separatista foi capturada pola Civil Guard na capital da Comunidade Autónoma de Polonia.
Baixo
a dirección do xefe da TIA, superintendente Vicente, auxiliado polo
famoso axente secreto Anacleto, a Civil Guard apresou a un
perigoso comando terrorista separatista formado por un número
indeterminado de persoas (como o responsable da operación extraviou
a nota, aínda hai que preguntar a quen filtrou a confidencia cantas
eran as persoas ás que había que deter).
Os
xornais máis influentes e coñecidos do Estado no que se encadra
Polonia se felicitan polo éxito dunha operación tan ben dirixida
polo Superintendente Vicente e executada tan á perfección polos
membros da Civil Guard participantes na operación; sen deixar
o destaque da colaboración dos anacletos comandados polo famoso
Anacleto, axente dos servizos secretos do Estado.
Destacar
que nas dependencias policiais nun hábil interrogatorio dirixido por
Anacleto, dous dos detidos confesaron a intención do comando
terrorista de cometer un importante atentado no que eles denominaron
“dia D”, que non saben moi ben na data que cadra pero era esa e
todos estaban preparados. Igualmente confesaron que, amais da
lixivia, os deterxentes e as pastillas de xabón de glicerina
atopadas no seu poder e requisadas nos rexistros realizados polo
corpo policial interveniente na operación, tiñan a intención de
mercar gabardinas de espía infiltrado e antefaces para coarse no
parlamento polaco sen ser descubertos e recoñecidos; e, por riba,
contaban cun armario repleto de vasoiras con mangos de pau cheos de
termitas cos que pensaban aterrorizar aos seus obxectivos.
Segundo
confesaron os dous detidos, toda a operación gozaría dunha
cobertura externa proporcionada por dous membros do comando
terrorista utilizando sendos gancheto-cópteros de última xeración
e metralletas de pau tipo Kalasnicouba tallados por un afamado
artesán da contorna. Todas estas probas, que segundo o voceiro
oficial do Superintendente Vicente demostran de forma inequívoca a
implicación dos detidos e a súa intención de cometer actos
terroristas e terroríficos en contra da seguridade do Estado. A
Civil Guard está á espera de que alguén desde arriba lle
diga o número e os nomes das persoas que faltan para proceder á súa
detención, que se espera sexa inminente.
Os
detidos foron dispostos ao dispor do Tribunal de Orde Público (TOP),
que coas probas á vista decretou a súa entrada provisional en
prisión ata que o aparato de propaganda da dereita e da ultradereita
políticas estiveran en condicións de buscar outras escusas coas que
atacar aos do Partido Nacionalista dos Polacos e aos que chaman os
seus aliados anti-Estado Uno Grande e Libre. Mentres tanto, en
apreciación do TOP, vaise creando ambiente.
Novas
de última hora confirman que agás dous deles, o das formigas
termitas e o que confesou os plans tomados dun Mortadelo e Filemón
para asaltar o parlamento polaco, os acusados foron postos en
liberdade. Neste último caso, a fiscalía baralla a posibilidade de
procesalos por vulneración do copyright. Ifgualmente, a SGAE está a
estudar como pode sacar cartos deste asunto.
SECOND
NEWS
O
Gran Xulgado de Roubos e Atracos acaba de ditar sentencia polo roubo
efectuado pola familia do Cativiño Paco (máis coñecido como
Franco) de dúas estatuas ao Concello de Santiago.
Na
súa providencia considera probado que o Cativiño Paco efectivamente
apropiouse das dúas estatuas que o Concello de Santiago reclama,
máis que non está demostrado que as que están no poder da familia
do Franco sexan as mesma que el roubou, aínda que se parecen.
Lembrar
que con anterioridade un Pequeno Xulgado xa fallara en favor dos
familiares do Cativiño Paco, sinalando que, pese a toda a
documentación de propiedade e á lexislación estatal sobre obras de
arte do Patrimonio Nacional, “o que se colle non se quita Santa
Rita Rita Rita, polo cal o roubado (se foi o Franco quen o fixo)
roubado está, e que nada se pode negar ao salvador da patria e aos
seus descendentes. E que un ou unha xuíz que non o considera así
non é digno ou digna de pertencer a tan patriótico corpo”. E que
este estrepitoso fallo foi recorrido polo Concello de Santiago diante
do Gran Xulgado de Roubos e Atracos.
THIRD
NEWS
A
Xunta de Galicia ven de facer pública a súa resolución sobre as
axudas á prensa editada en Galicia. Unha vez máis o Grupo Voz é o
gran prexudicado.
Publicadas
pola Xunta de Galicia as subvencións directas á prensa, confírmase
un ano máis que os grandes discriminados polas mesmas foron os
medios do Grupo Voz, que recibiron ínfimas contías en relación aos
percibidos por outros medios favorecidos polas mesmas, como poden ser
Sermos Galiza, Praza Pública ou Galicia Confidencial. Postos en
contacto cun responsable dos medios castigados pola Xunta, este
comenta que “desde o goberno de Galiza non se ten valorado a
imparcialidade de medios coma os nosos que poñen por ribas o dereito
dos lectores á información e a obxectividade a unha información
que responda ás necesidades informativas e políticas dos gobernos
do señor Feijóo; nunca un medio informativo como os pertencentes ao
noso grupo de comunicación fixeron tantos esforzos por denunciar a
corrupción que asola ao Partido Popular nin tampouco fixeron tanto
por normalizar o uso do galego en todas as áreas da sociedade da
Galiza; por outra parte, o cadro de colaboradores e colaboradoras de
opinión dos nosos medios proceden dun amplo abano de ideoloxías
abertas e progresistas (para exemplo só mencionar -como botón de
mostra- que ata Robertito, o ultraesquerdista nacionalista que é
conserxe da facultade de dereito da universidade, ten cabida nas
nosas páxinas); por iso volvémonos a sentir discriminados unha vez
máis”. Ata aquí as declaracións deste voceiro do grupo de
comunicación máis independente e obxectivo de todos os nunca
habidos en Galicia.
FOUTH
NEWS
O
Partido Popular, Vox e Ciudadanos recorrerán aos independentes
tribunais españois para tratar impedir que Sánchez poida formar un
goberno judeo-masónico-comunista-separatista.
Esta
vez, o tribunal independente escollido polos constitucionalistas de
Vox, Partido Popular e Ciudadanos é a Junta Electoral Central. Este
intento de carambola, que pasa pola inhabilitación do ario Torra
para exercer coma President de Catalunya, pretende que posteriormente
caian polos buratos os de ERC e se poñan como energúmenos o de
Junts por Catalunya para impedir que Podemos e PSOE poidan formar un
goberno que remate cos privilexios dos obreiros e coa continuada
ruína dos empresarios iniciada polo primeiro goberno de Mariano
Rajoy.
“Franco
así o habería desexado” comentaron os denunciantes.
FIFTH
NEWS
Feijóo
encadease na Ponte de Rande para exixir do Goberno de España a
devolución da AP-9, a supresión das peaxes e a fin dos privilexios
da concesionaria da Autoestrada do Atlántico.
Fiel
ás reivindicacións históricas do seu partido, Feijóo ten decidido
dar un paso máis na loita do Partido Popular pola recuperación para
Galicia da Autoestrada do Atlántico. Con esta fin, o famoso político
non fai máis que amosar a súa consecuencia cunhas ideas que leva
defendendo desde que empezou a súa andadura coma xefe de filas do
Partido Popular en Galicia.
Non
podemos esquecer a manifestación liderada por el e Mariano Rajoy,
acompañados de Abel Caballero, no pasado 31 de decembro de 2017 para
tratar de impedir que a concesionaria da AP-9 subira as peaxes antes
de rematar as obras de ampliación da mesma.
Feijóo,
en declaracións a este medio, afirmou que “por moito frío e
por moita neve que teña que sufrir de aquí só me van poder
descolocar pola forza”.