Hoxe, ao activar o meu teléfono móbil, de repente recibo unha notificación de que tiña nos mensaxes un con sospeitas de ser spam. A min, estas cousas prodúcenme curiosidade polo que fun a ver cal era o número de procedencia do SMS.
Cal non sería a miña sorpresa cando teño varios mensaxes desa natureza que realmente son spam con contidos dirixidos a tentar que me deixara enganar e estafar por esa xentalla, de natureza delincuente, e que utilizan as redes sociais e as aplicacións de mensaxería e correo electrónico para estafar e roubar á xente.
Baixo que máscaras pretenderon hoxe os cibercarrachos enganarme e aproveitarse de min para roubarme? Como non podía ser doutra forma, estes elementos indesexables escondéronse baixo as etiquetas de "Correos", "Banco de Santander", "Energy Clientes", outro "Banco de Santander", outro "Correos" e outro dunha empresa de venda de artigos de segunda man (este último non podo asegurar que fora un intento de timo, pero si que era spam).
Os algoritmos do sistema operativo do teléfono funcionaron na detección de tres posibles SMS estafadores, que ao final realmente o eran. Aínda que o equilibrio entre o bo e o malo deses algoritmos creados polos programadores das empresas que dominan sistemas operativos e redes sociais serviron para algo máis que para encherte de publicidade que supostamente ten interese para ti, o peso deses algoritmos segue pesando máis no tema publicitario e de vixilancia e cualificación do usuario.
Pero non só, aínda que si o máis usado na actualidade segundo din os especialistas, é o SMS a vía de expansión e de actuación deses FDGP(*) cibercarrachos. Tamén usan o correo electrónico mediante o envío de arquivos autoexecutables contedores de virus ou de "avisos" de bancos, eléctricas, aseguradoras, compañías de telefonía, ... (como vemos todo queda en familia) con trampas de acceso a contas ou a espazos da área de clientes. A min escríbenme con frecuencia ao e-mail xentes moi atentas, identificadas con "nome e apelidos ou razón social", indicándome que teño unha factura pendente, ou que me remiten a factura da miña compra; todos eles, invariablemente, con un arquivo adxunto con extensión ".gz", que por suposto non abro.
O mesmo ao través da mensaxería instantanea (Whatsapp, Telegram,...) coas mesmas técnicas que os e-mail ou os SMS. Aínda que tamén chamando a contestar a un WhatsApp interrogante procedente dun número que non temos na nosa axenda. Antonte, chegoume un moi curioso que a propia empresa de mensaxería detectou que podería ser spam. Esta mensaxe viña da número 62-882-2118-81221 onde me dicían "Hola, soy Beatríz. Que tal estás?" Era moi basto todo; porque se pulsabas a cabeceira onde estaba o número, resulta que este estaba identificado como dunha tal "Makeba". Coido que se contestara, viríame un facturón de datos por envío dunha mensaxe a un país estranxeiro cuxo receptor beneficiaríase da chamada; ou que tentaríanme enfiar polo cu dunha agulla como a aquel francés daquela película, da que non me lembro o título, que estaba ligando cunha muller africana branca e preciosa que resultou ser un xove negro cibercarracho, que traballaba para unha organización criminal, que se dedicaba a sablear a occidentais crédulos ou incáutos.
En fin, coidado. Porque moitas veces incluso os que procuramos estar atentos a estas circunstancias caemos nas súas redes, quer por descoido, quer por andar con presas, quer por desprezar a eses FDGP.
E, se estes cibercarrachos FDGP poden facer o que fan, imaxinade vos o que gobernos de delincuentes e criminais de guerra poderán facer coa Intelixencia Artificial. Xa hoxe xaquen teléfonos oficiais, crean imaxes irreais, intoxican a información con audios e imaxes,...
Un saúdo.
NOTAS.-
(*) FDGP = Fillos Da Gran Puta
