Amosando publicacións coa etiqueta Caridade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Caridade. Amosar todas as publicacións

12 abril 2021

O IRPF e as súas casiñas "solidarias": Non marques ningunha delas, nin a da "Igrexa Católica" nin a dos "fins sociais"

        


        Chega, un ano máis, o período para facer a declaración da renda (IRPF); e un ano máis  o Ministerio de Facenda volve pedirnos que marquemos algunha das dúas casiñas que aparecen para adicar o 0,7 por cento da nosa cota ben a supostos "actividades de interese social" ou para asignar "á Igrexa Católica", mantendo así a súas escasa neutralidade tributaria, xa de por si favorable aos máis pudintes. O certo é que hai actividades entre as de interese social que ben poden considerarse tales e que son merecedoras de alento; mais son actividades que deberían prestar os Estados non organizacións particulares e, por riba, a meirande parte destas organizacións non só están ligadas á Igrexa Católica senón que o financiamento que reciben desta é menor do 5% do que a confesión recada polo IRPF. A pesares diso a xerarquía eclesiástica trata de vender ao público o seu compromiso cos labores humanitarios, cousa que non se fai porque ela, a xerarquía católica, o desexe, senón pola iniciativa particular dalgúns dos seus membros de escaso rango e dos seus crentes non integrados nas súas "tropas" (curas, monxas bispos,...) vaticanas.

            Polo que mellor non darlle un só euro a esa nin a ningunha outra confesión; que sexa o Estado, que é quen debe facelo, o que asuma os servizos que na actualidade prestan comedores sociais, Cáritas, bancos de alimentos, etc. E, por suposto, dado que a meirande parte deles están ligados aos curas, que sexa a Igrexa Católica quen os financie no caso de que queiran seguir coas súas actividades. Pero que non os financien cos cartos de todos; que sexa a propia Igrexa Católica cos seus propios medios e os que lle aporten os seus fieles e clientes quen financie non só as súas propias actividades relixiosas e ao seu persoal senón, tamén, todas as actividades que as súas "organizacións-tentáculo", que se presentan baixo o cualificativo de "humanitarias" ou "sociais", queren prestar cos cartos dos demais.

            Este sinxelo video explicativo de duración 1 minuto, realizado por Europa Laica (http://www.laicismo.org), pode axudar a comprender a inxustiza de doarlle un só céntimo á Igrexa Católica:

Tamén pódese atopar na seguinte ligazón: 

https://laicismo.org/wp-content/uploads/2021/04/Campana-IRPF-por-que-no-marcar-las-casillas-V4.mp4


 


 

            

 

O SAHARA: 50 ANOS DE DESPROPÓSITOS E OPRESIÓN

            Corría o mes de novembro do ano 1975, sendo ditador en funcións Juan Carlos de Borbón e Borbón (un mes máis tarde Juan Carlos I,...