Amosando publicacións coa etiqueta xudicial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xudicial. Amosar todas as publicacións

01 febreiro 2018

The Shame of Europe



The shame of Europe” foi o titular da CNN do 1º de outubro do ano pasado para referirse ao Reino de España a raíz dos problemas de orde pública xerados nese día polo Goberno español en Catalunya ao traveso dos aparatos policiais ás súas ordes. Daquela ata hoxe teñen pasado catro meses nos que, artigo 155 dunha Constitución mal feita e a todas luces imperfecta mediante, teñen pasado cousas de moi distinta natureza. Desde o autoexilio do Presidente da Generalitat e varios dos seus consellers en Bélxica ata o encarcelamento da maioría dos daquela membros da Generalitat, pasando pola entrada na cadea de dous destacados membros da sociedade catalá, dirixentes da Asamblea Nacional de Catalunya e do Omniun Cultural catalá; todos eles acusados e encarcelados por presuntos e máis que discutibles delitos de sedición e rebelión.

Outra das cousas que teñen pasado desde aquela foi o que xa había tempo que a observación atenta das institucións españolas parecía indicar: a aparentemente escasa separación entre os poderes xudicial e executivo, sobre todo na maioría das salas dos altos tribunais do Estado: a Audiencia Nacional, o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional. 

Con isto non quero dicir que todos e cada unha das persoas membros dos citados tribunais estean ás ordes do que dite o executivo en quenda de goberno, aínda que si parece haber unha maioría que trata de non contrariar as posicións do executivo en temas que este considere como transcendentais; unhas veces por ideoloxía e outras veces  (como xa moitos comentaristas políticos e persoas próximas ás profesións xurídicas teñen comentado) por non quedar fora das escalas de ascenso profesional. Xa que quen teña a ousadía de se mover con respecto ás posicións defendidas polo sistema bipartidista establecido por PSOE e Partido Popular, e debido a forma de nomeamento e de traslado políticos dunha sala para outra e dun tribunal para outro, corre o perigo de quedarse estancado na súa carreira profesional. Non digamos xa se o movemento é considerado excesivo, porque entón é directamente defenestrado en maior ou menor grao como demostran casos como o dos xuíces Garzón, Bermúdez, Silva, Ruz,... 

Outra das mostras da escasa fiabilidade na neutralidade das salas dos altos tribunais que xulgan casos nos que están implicados membros importantes do estabishment gobernamental ou social é a facilidade para trocar ás persoas que presiden as diferentes salas situando á súa fronte ou facendo maioría a maxistrados considerados como “da corda”. Certo que poden ser recusadas pola acusación pública (cousa pouco probable se temos en conta que a maioría dos membros da alta fiscalía son fieles servidores do goberno) ou pola particular se a hai. Tamén é certo que, agás casos moi descarados como algun dos pretendidos polo goberno pepero, poucas recusacións van adiante.

Estas son parte das razóns polas que a min, e digo que “a min” sen xeralizar, non me resultan de fiar os tribunais deste Estado. Dáme toda a impresión que a súa libre interpretación dos códigos non ten, en numerosas ocasións, que ver coa xustiza expresada en caracteres maiúsculos. 

A última mostra é a posición adoitada polo Tribunal Constitucional (TC) sobre a consulta realizada polo goberno sobre se Puigdemont podería presentarse ou non coma candidato e, polo tanto, saír escollido como presidente da Generalitat. Antes de que o pleno do TC realizara o seu pronunciamento sobre a consulta do Goberno de Mariano Rajoy xa se pronunciaran sobre a mesma (a instancias do Goberno) o Consello do Estado e o poñente que o propio tribunal nomeara para atender o caso.

Finalmente o TC pronunciouse. Pero non procedeu como sole acontecer en dereito, onde os tribunais se pronuncian sobre demandas concretas da fiscalía ou dos particulares. O TC foi moito máis alá e fixo súa toda unha serie de filosofía partidista do propio goberno, do Partido Popular, do Partido Socialista Obrero Español e de Ciudadanos, plasmándoa nun “glorioso” auto que nada tiña que ver coa pregunta concreta do goberno e que condicionaba a posible investidura a unha serie de condicións. É como se a min me preguntaran polos temas que entran nun exame e eu contestara que se debe participar nun concurso de economía para subir nota porque iso fora o que eu pensara que a dirección do instituto esperara de min (ou mo dixera).

A grosso modo podemos reducir esas condicións a tres: para poder ser investido, o Sr. Puigdemont debería estar en persoa presente na investidura realizada no Parlament de Catalunya; para iso, entregarse previamente ás autoridades xudiciais polas que estaba reclamado; e debería ser o maxistrado do Tribunal Supremo (TS) que entende do caso quen dera ou non autorización ao candidato a participar presencialmente no acto de elección do President da Generalitat.

Ao final, e despois de moita especulación, Puigdemont non se presentou e segue en Bélxica. Pero, que tería ocorrido si seguindo o auto do TC houbérase entregado ás autoridades xudiciais? É un pouco aventurado facer de adiviño, mais eu penso que estaba todo meditado e ben meditado. Imos facer especulacións que non necesariamente terían que darse: 

Se Puigdemont se entregara, puxérase ao dispor do Tribunal Supremo e solicitara permiso para participar en persoa no acto de investidura o fiscal posiblemente opuxérase a tal cousa. Como xa aconteceu con outros deputados electos encarcelados cautelarmente, o xuíz instructor do TS non permitiría a asistencia de Puigdemont ao pleno da investidura e, como moito, accedería a que puidera delegar o seu voto noutro deputado electo. Final: Puigdemont non podería ser elexido presidente de Catalunya, ao incumplirse a condición de necesaria de presencia persoal no acto de investidura. Desexo do Goberno do Reino de España cumprido.

A iso chámanlle independencia do poder xudicial. Eu non.

Aínda sen os moitísimos casos de corrupción (e os que posiblemente sairán) que implican ao partido do Goberno e á unha parte importante dos seus máximos dirixentes, a pesares do secuestro da democracia o través de leis nitidamente autoritarias e fascistas en parte ou na súa totalidade, a pesares de estar máis que demostrada a existencia de fraude fiscal por parte do Partido Popular e da existencia dunha policía política, a pesares do definido partidismo de quen debería ser constitucionalmente neutral tanto nos seus pronunciamentos como nas súas funcións, e moitos etecéteras, o titular referido ao Reino de España que deu título á crónica da CNN o 1º de outubro pasado é de máxima actualidade. Spain is “the shame of Europe”.

O SAHARA: 50 ANOS DE DESPROPÓSITOS E OPRESIÓN

            Corría o mes de novembro do ano 1975, sendo ditador en funcións Juan Carlos de Borbón e Borbón (un mes máis tarde Juan Carlos I,...