O pasado xoves 30 de xullo, unha avalancha humana procedente de Marrocos entrou de forma masiva e desorganizada na cidade de Ceuta, colonia española en África e administrativamente parte do Estado Español.
Antecedentes das avalanchas humanas marroquís.
Hai xa antecedentes deste tipo de accións de migración desde Marrocos a Ceuta que foron utilizados polos sátrapas reinantes no país africano ao longo do tempo coa finalidade de reivindicar dos gobernos españois o que eles chaman "devolución de territorios marroquís ao seu lexítimo país". A primeira da que eu teño coñecemento foi a Marcha Verde no ano 1975, sendo rei de Marrocos o sátrapa Hassan II e ditador español Juan Carlos de Borbón; esta marcha, organizada activamente polos criminais da CIA estadounidense e comandada polo sátrapa marroquí se produce en medio do proceso descolonizador das terras africanas que eran "provincias" so Estado Español, entre elas o Sahara; neste proceso, coa fin de procurar a soberanía de Marrocos sobre un territorio pertencente ao pobo saharauí, foi cando se organizou a famosa Marcha Verde a través da cal Hassan II e a CIA procuraron unha marea humana de civís (vítimas de todo tipo de engados) que se dirixira cara ao Sahara para impedir a entrega dese territorio aos seus lexítimos donos. Loxicamente, o exército español, por moi fascista que era daquela, non podía disparar contra civís desarmados que se adentraban nun territorio que, progresivamente, estaba a ser abandonado polo propio exército e outras persoas de orixe español que volvían ao país colonial. O resultado final foi a entrega, nunha negociación, do territorio saharauí a Marrocos e a Mauritania, sendo os asinantes deses acordos de Madrid os dous ditadores, e "irmáns" segundo verbas propias dos propios protagonistas, Juan Carlos de Borbón e Hassan II. Foi a primeira puñalada trapeira dos gobernantes españois ao pobo saharauí; condenada posteriormente pola ONU, que estableceu nas súas resolucións que o novo colonizador Marrocos debería realizar un referendo entre a totalidade dos habitantes do Sahara onde estes decidiran o futuro da antiga colonia española, permitindo a participación no proceso de todas as persoas saharauís incluídas no censo anterior á avalancha, incluíndo as que se exiliaron da represión alauita en territorios de Alxeria. Cousa á que Marrocos negouse e segue a negarse, co apoio decidido de países coma os Estados Unidos de América (EUA) e Francia, con intereses na explotación de materias primas existentes no territorio saharauí.
Despois deste episodio de 1975, houbo sucesivas agresións marroquís non armadas contra intereses gobernamentais españois no norte de África, sempre utilizando á poboación civil e baseándose na miseria á que os sátrapas que gobernan Marrocos teñen condenada á maior parte da súa poboación. Os métodos para perpetuar a chantaxe foron múltiples e variados: desde a utilización das mafias traficantes de carne humana para pasar migrantes en pateiras e balsas desde territorio marroquí a territorio hispano, ata o abandono da vixilancia fronteiriza por parte de policía e exército de Marrocos coa finalidade de que os migrantes procedentes do propio país norteafricano e da África negra en busca dunha mellor vida na Europa poidan traspasar a fronteira con maior facilidade saltándose os controis fronteirizos.
Dentro de todas as descritas, houbo outra importante avalancha humana, aproximadamente no ano 2021 (non me lembro agora as datas exactas). Unha avalancha, tamén organizada polo establishment alauita, que acabou con unha multitude de migrantes cruzando a fronteira con Ceuta e, por desgracia, con un importante número de migrantes afogados ou mortos por acción das policías españolas (desbordadas pola magnitude da avalancha) e marroquís que foi denunciado por organizacións non gobernamentais (ONG) de apoio ao migrante e mesmo por Amnistía Internacional polas mortes ocorridas na praia do Tarajal e nos valados terrestres. É curioso neste caso que as forzas gobernamentais marroquís que previamente deixaran pasar masivamente á multitude de migrantes procedentes do Magreb, maiormente, e de outros países de África, se puxeran a mallar neles e a detelos cando regresaron voluntariamente ou foron devoltos en quente pola policía española. Tamén tivo efectos esta avalancha humana organizada polos esbirros de Mohamed VI: a segunda puñalada trapeira dun goberno español ao pobo saharauí, que foi o posicionamento (pouco tempo máis tarde) do goberno de Pedro Sánchez coas teses de Marrocos sobre o Sahara.
A avalancha do 30 de xullo de 2026
Non vou describir aquí como foi esta última avalancha (está aínda fresca nas hemerotecas dos diferentes xornais se aínda non tes detalles de como foi; iso si: non te desinformes lendo xornais da dereita recalcitrante ou da extrema dereita, sexan galegos ou non). E na que fican moitas cousas por clarexar.
O que si vou recalcar é que outra vez máis foron utilizadas persoas ás que os poderes do país de procedencia, e os demais organizadores da avalancha, manteñen na miseria e nos límites da subsistencia. Incluso convocadas por unhas redes sociais, desde os días anteriores, das que se sabe que o goberno marroquí ten controladas e que exerce unha censura constante sobre elas.
Vese claramente a man da Axencia Central de Intelixencia (CIA) e dos servizos secretos israelís detrás da organización desta avalancha humana; e, por suposto, a inestimable colaboración do criado local dos EUA, o sátrapa Mohamed VI e o seu exército e policía de fronteira. Tamén é perfecto o momento escollido polos organizadores para levar a cabo esa avalancha: cando as actividades e as medidas xenófobas adoitadas nos distintos países da Unión Europea están en ritmo crecente da man de gobernos de orientación fascista (como o italiano ou o finlandés) ou partidos fascistas, dos partidos filo-fascistas integrados nos grupos do Partido Popular Europeo e mesmo algúns gobernantes presuntamente socialdemócratas de países do norte da Europa.
E xa non digamos dos xenófobos fascistas do Reino Unido, seguidores da tradición conservadora inglesa. E que no Estado Español debemos identificar con Vox, o filo-fascista Partido Popular e os diferentes grupos de ideoloxía nazi como poden ser Núcleo Nacional ou Desokupa. E todo este lixo político (e humano?) secundado por toda unha morea de publicacións (que teñen moito financiamento empresarial e político e poucos xornalistas serios) en papel e dixitais que non fan máis que repetir os bulos, argumentos e propaganda do fascismo e do filo-fascismo.
É curioso que toda esa chusma fascista, patriotas de pulseira e oportunistas, que se chama asimesma xornalista, como Vito Quiles ou Ndongo, ou os imbéciles nazis de Núcleo Nacional, ou Alvise Pérez, que foran a Ceuta a tentar de pescar "patriotas" en río revolto e tiveran que saír co rabo entre as pernas e escoltados pola policía por mor da valentía da cidadanía ceutí que se enfrontou a eles dicíndolles que se foran por onde viñeran, que eran uns noxentos que o único que buscaban era lío e meter lixo fascista e xenófobo.
Que intereses hai detras da última avalancha?
Por que EUA e Israel? É de coñecemento xeral que, desde o recoñecemento de Palestina e as declaracións do goberno español sobre o xenocidio e exterminio emprendido polo Estado nazi-sionista de Israel contra a poboación palestina en Gaza, apoiado polos gobernos dos EUA, estes últimos non están moi contentos.
Se a iso engadimos que tampouco se apoiou a guerra ilegal emprendida por ambos estados contra Iran e a negación teórica do goberno español a aumentar o orzamento nominal para armamento no famoso 5%, podemos concluír con escasa posibilidade de equivocarnos que o delincuente nazi que ostenta a presidencia dos EUA e os seus secuaces ultraconservadores e terraplanistas non estean moi contentos cun goberno socialdemócrata que non baila todos os pasos como eles pretenden, cousa que si están a conseguir de moitos outros gobernos europeos e mesmo da Presidenta da Comisión Europea, a señora Von der Leyen.
Hai que ter en conta, tamén, a mellora nas relacións hispano-alxerianas dos últimos tempos, que tivo coma consecuencia acordos económicos de relevancia para ambos países. Mellora de relacións que posiblemente non agradarían nada ao sátrapa Mohamed VI, que accedería a montar todo ese número alentado polas administracións americana e israelí. Administración dos EUA á que tampouco agradaría nada que o subministrador preferente de gas natural do Estado Español siga a ser Alxeria, en detrimento dos negocios gaseiros norteamericanos cuxa obtención basease no método antiecolóxico do fracking e cuxo prezo é superior ao do gas alxeriano.
Sen esquencernos das políticas migratorias diferenciadas das xenófobas adoptadas pola maioría dos países da Unión Europea, impulsadas pola fascista Meloni. No Estado Español a forza da esquerda parlamentaria e da esquerda do goberno non permiten que o PSOE, por moito que o desexa, adoite as políticas xenófobas que defende a señora Van de Leyen, á que tanto lle gusta fotografarse con Donald Trump e con Benjamin Netanyahu. E iso moléstalles á maioría da dereita filo-fascista e fascista, así como a unha parte importante do liberalismo pretendidamente socialdemócrata do continente.
Temos outro aspecto a considerar de cara ás reaccións habidas na Europa diante da avalancha humana sobre Ceuta. É curioso que as primeiras reaccións, case inmediatas, foran de crítica ao goberno español e non á abandono do control de fronteiras polo réxime marroquí, rachando os acordos que ese país ten coa Unión Europea (UE). É de sinalar as reaccións da fascista Meloni, da fascista primeira ministra de Finlandia e dos partidos fascistas da Europa pedindo a expulsión de España do espazo Schengen; igualmente, sinalar a perfecta coordinación dos partidos agrupados no Partido Popular Europeo con fortes críticas, aproximándose á extrema dereita e chegando ao filo-fascismo, pola actuación dun goberno que fixo o que cabía esperar de xentes civilizadas: non parar coa forza armada policial ou militar a toda esa morea de xente mobilizada pola xentalla xa mencionada aproveitándose da súa ignorancia e da súa necesidade perentoria cobertura das necesidades básicas que lles dixeran que con pasar a Europa todas se verían colmadas. Xente que, unha vez en Ceuta, deuse conta de que non había tal paraíso; e moitísima desa xente decidiu volver sobre os seus pasos e irse cara a Marrocos.
O que non cabe dúbida é que na UE, amais de nos EUA, ao goberno da España téñenlle ganas. Unha banda de gobernos liberaloides non son quen de asumir que as políticas sociais aplicadas polo goberno de España, con todo o tímidas e pouco sociais que son, poidan dar os resultados que dan. E o mesmo a súa suposta "falta de investimento no militar", que non é tal. E os resultados que se atribúen Sánchez e o PSOE se obteñen a pesar deles; obtéñense por mor da presión dos seus socios de goberno e por unha importante presencia da esquerda socialdemócrata que esixe no parlamento español.
E para a dereita europea, incluído o fascismo español de Vox e o filo-fascismo do Partido Popular, iso supón algo que non poden tolerar: que os seus representados, a alta burguesía e a oligarquía europea, non poida sacar máis tallada da explotación dos seus traballadores e da especulación cos servizos públicos e coas necesidades básicas da cidadanía europea. De aí a coordinación da dereita e ultradereita diante da avalancha provocada cara a Ceuta.
Nos camiños de terra ou na fronteira marítima ceutí ducias de mortos e feridos. Todo por causa deses sátrapas e criminais aos que nada lle importan as persoas con necesidades agás para usalas para enriquecerse ou cumprir obxectivos políticos pouco edificantes. Un día foron as coreanas e as vietnamitas, as palestinas e as iranianas, as latino-americanas e as ucraínas,... esta semana pasada tocoulle ás marroquís e ás da África sub-sahariana.
