Amosando publicacións coa etiqueta Ditaduras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ditaduras. Amosar todas as publicacións

30 novembro 2023

Morre Henry Kissinger, un criminal encuberto

 

        Hoxe souben que o ex-secretario de Estado do Estados Unidos de América (EUA) finou de forma natural e cunha avanzada idade.

        Teño que confesar que para nada me alegro do seu pasamento, mais tampouco sinto pesar algún. Simplemente trouxo á miña mente episodios da súa historia que farían de calquera ser da especie humana unha persoa indesexable.

        E a súa historia é a dun criminal encuberto, actuando entre bastidores, pola súa dirección de numerosas actividades dirixidas a rematar coa democracia en numerosos países, sobre todo de Latinoamérica, propiciando e apoiando a ditadores crueis e adestrando nas academias da CIA a numerosos asasinos na práctica da tortura e a militares na arte de crebar a democracia e a vontade popular maioritaria realizando golpes de Estado.

        Quizá o caso máis coñecido sexa a organización polos estamentos encubertos dos EUA do golpe militar contra o presidente Salvador Allende no ano 1973 en Chile, en cuxo impulso Henry Kissinger tivo un dos máis destacados papeis e que resultou con centos de miles de persoas asasinadas e/ou desaparecidas a mans dos criminais golpistas. Pero non foi o único. Ese criminal encuberto foi un firme apoio para xentuza criminal como Videla na Arxentina, a dinastía Somoza en Nicaragua, os militares uruguaios. Foi, tamén, Kissinger, quen ordenou bombardeos en Camboia e Laos para implementar nesa rexión gobernos ditatoriais que puideran facer fronte ao réxime vietnamita que expulsou aos EUA do seu país, e impulsor da invasión da illa de Granada para rematar co réxime progresista que os granadinos tiñan escollido en eleccións libres e democráticas, ...e un longo etcétera que tivo coma resultados a morte de centos de miles de persoas en todo o mundo.

        A diferencia da maior parte das vítimas das súas andanzas, que finaron xoves, que desapareceron sen deixar rastro e que non puideron disfrutar da súa vida, Henry Kissinger morreu a unha avanzada idade. Arxentinos, chilenos, laosianos, camboianos, nicaraguanos, hondureños, uruguaios, habitantes de Timor Leste, etc. e todos os que perderon seres queridos ou as súas liberdades por mor das andanzas criminais de Mr. Kissinger teñen hoxe un motivo para sentirse aliviados e unha magoa de que semellante ser repugnante non teña sido xulgado e condenado por crimes contra a humanidade.

O SAHARA: 50 ANOS DE DESPROPÓSITOS E OPRESIÓN

            Corría o mes de novembro do ano 1975, sendo ditador en funcións Juan Carlos de Borbón e Borbón (un mes máis tarde Juan Carlos I,...