Chega, un ano máis, o período para facer a declaración da renda (IRPF); e un ano máis o Ministerio de Facenda volve pedirnos que marquemos algunha das dúas casiñas que aparecen para adicar o 0,7 por cento da nosa cota ben a supostos "actividades de interese social" ou para asignar "á Igrexa Católica", mantendo así a súas escasa neutralidade tributaria, xa de por si favorable aos máis pudintes. O certo é que hai actividades entre as de interese social que ben poden considerarse tales e que son merecedoras de alento; mais son actividades que deberían prestar os Estados non organizacións particulares e, por riba, a meirande parte destas organizacións non só están ligadas á Igrexa Católica senón que o financiamento que reciben desta é menor do 5% do que a confesión recada polo IRPF. A pesares diso a xerarquía eclesiástica trata de vender ao público o seu compromiso cos labores humanitarios, cousa que non se fai porque ela, a xerarquía católica, o desexe, senón pola iniciativa particular dalgúns dos seus membros de escaso rango e dos seus crentes non integrados nas súas "tropas" (curas, monxas bispos,...) vaticanas.
Polo que mellor non darlle un só euro a esa nin a ningunha outra confesión; que sexa o Estado, que é quen debe facelo, o que asuma os servizos que na actualidade prestan comedores sociais, Cáritas, bancos de alimentos, etc. E, por suposto, dado que a meirande parte deles están ligados aos curas, que sexa a Igrexa Católica quen os financie no caso de que queiran seguir coas súas actividades. Pero que non os financien cos cartos de todos; que sexa a propia Igrexa Católica cos seus propios medios e os que lle aporten os seus fieles e clientes quen financie non só as súas propias actividades relixiosas e ao seu persoal senón, tamén, todas as actividades que as súas "organizacións-tentáculo", que se presentan baixo o cualificativo de "humanitarias" ou "sociais", queren prestar cos cartos dos demais.
Este sinxelo video explicativo de duración 1 minuto, realizado por Europa Laica (http://www.laicismo.org), pode axudar a comprender a inxustiza de doarlle un só céntimo á Igrexa Católica:
Tamén pódese atopar na seguinte ligazón:
https://laicismo.org/wp-content/uploads/2021/04/Campana-IRPF-por-que-no-marcar-las-casillas-V4.mp4
