Hoxe, segundo souben pola radio, celébrase un cumio da OTAN. Onde, non o sei, mais é o de menos.
Eu quixera pedirlles un favor a todos os participantes, agás aos currantes de a pé: conserxes, botóns, mensaxeiros, tradutores, ...; é dicir, agás todos os que nin pinchan nin cortan.
E a miña petición é a seguinte: POR FAVOR: SUICÍDENSE! Son todos vostedes un perigo para a seguridade e a liberdade do mundo. E como vostedes declaran querer salvagardala, non dubido que accederán á miña petición. Certo que non son os únicos que poñen en perigo á humanidade; tamén os fillos de Putin do outro lado forman parte dese perigo mundial, polo que tampouco dubido en facerlle a mesma petición que lles fago a vostedes. Mais, aproveitando que vostedes hoxe están todos xuntos conspirando contra a seguridade e a liberdade dos pobos do mundo, fágolle a petición antes descrita a todos e a todas vostedes dunha soa vez. Repito: os bloques militares (e os exércitos en si mesmos) son un verdadeiro perigo para o conxunto da poboación; contribúan vostedes a desactivalo suicidándose.
Non vou a abondar en datos nin países nos que a súa intervención supuxo unha verdadeira masacre para a poboación civil e, en numerosas ocasións, violacións do dereito internacional. Nin tampouco en que moitos dos seus directores civís e xenerais militares deberían ser postos ao dispor do Tribunal Penal Internacional para ser xulgados por crimes de guerra cometidos en diversos países (podemos citar, a modo de exemplo, á antiga Iugoslavia e Libia).
Si, xa sei que o perigo non son vostedes sós. Tamén o son o resto dos bloques militares, como dixen antes. Pero é que vostedes, por riba, teñen o descaro de pregoar que o fan "no nome da liberdade". É certo que outros escúdanse en "querer desnazificar" países. E, claro, eu estou máis que seguro que en ambos bandos, na OTAN e nos "desnazificadores" rusos, hai verdadeiros nazis entre os seus integrantes militares de alto rango ou cargo (por certo que ambos discursos me fan lembrar aos abundantes e despreciabeis salvapatrias que pululan por estes pagos ibéricos).
E falando de nazis e fascistas, lémbrolle que hai pouco houbo denuncias nas institucións da Unión Europea da presenza de nazis españois entre a oficialidade dos seus servizos de información; e que moitos xeneralotes de nacionalidade española, xa retirados, ao incorporarse á vida civil pasaron a formar parte de partidos e organizacións como Vox, de claro talante e ideoloxía de extrema dereita ou nazi-fascista. O cal non fai máis que darlle a razón a esas denuncias.
En fin, e para rematar, reiterarlles a miña petición: Por favor, suicídense. Farán vostedes un impagable servizo á humanidade. E si se levan con vostedes a todos os fabricantes e traficantes de armas (supoñendo que sexan diferentes), o servizo será completo. Desexo e espero que vostedes me comprazan.
Desexándolles, entre tanto, que sexan vostedes todos e todas atendidos polos mellores médicos e asistidos polos mellores avogados, reciban un saúdo cabrón da miña parte.
