Como
poderán vostedes intuír, as entradas neste blog non teñen unha regularidade
temporal; tampouco están suxeitas necesariamente a datas determinadas ou a
épocas estacionais. Simplemente (e atendendo sempre a cuestións que me
preocupan) están suxeitas fundamentalmente a dúas cuestións: un impulso de
cabreo, risa ou admiración xerado por algunha nova, reportaxe ou vivencia
persoal e o grao de preguiza que me invada no intre de poñerme ao teclado. Isto
ten a avantaxe, sobre todo nos últimos tempos, de que así non estou todos os
momentos que teño diante da pantalla; imaxínense vostedes: xuízo dos presos
políticos cataláns, golpe de Estado en Venezuela, que si o presidente de España
pide a Maduro que convoque eleccións agás queira que se recoñeza como
presidente ao golpista, que si non fai o mesmo cos sátapras que gobernan e
asasinan ás persoas na Arabia Saudita e noutros países do mundo coma Guatemala
ou Honduras, que si un xuíz condena simplemente por abusos ou deixa libre a un
violador... En fin, para que seguir.
Neste
caso, o cabreo ven determinado por unha entrevista realizada por Gonzo no día
de onte a unha moza, Dafne Lozano, dentro do programa El Intermedio emitido por La
Sexta. Entrevista cuxa ligazón deixo aquí.
Non é
que a situación que describía a muller sexa distinta da que teñen moitas outras
persoas no conxunto do Estado, e máis na
nosa querida Galiza; tampouco que as penurias descritas por ela sexan alleas a
multitude de fogares nun país onde as desigualdades entre as persoas son
crecentes e onde o limiar da pobreza (cando non a pobreza rampante) asola a
millóns e millóns de persoas.
E de aí
o título desta entrada: FILLOS DE PUTA!.
Porque ao longo de toda a entrevista era unha expresión recorrente que viña á
miña cabeza diante de cada situación sufrida por Dafne, situacións xeradas polo
modelo de sociedade na que se desenvolven as nosas vidas, situacións que quen
debería poñer os medios para evitar que ninguén estivera exposta a elas non os
pon (fillos de puta!), situacións que
os que poden evitalas simplemente cumprindo a lei non a evitan (fillos de puta!).
Traballos sen contrato e cunha paga irrisoria (fillos de puta!), nenos que non teñen nin sequera libros de texto cos que empezar o curso escolar ano tras ano, máis de dez anos no paro toda a familia, ter que acollerse á solidariedade da familia máis próxima para ter un teito onde vivir porque ningún estamento oficial lles facilita un lugar no que vivir e guarecerse (fillos de puta!) mentres venden vivendas de protección pública ou sociais a fondos voitre especulativos e que expulsan aos que deberan ser os seus beneficiarios (fillos de puta!), non poder atender aos nenos por ter que pasar o día buscando traballo ou traballando en ocupacións esporádicas e/ou xestionadas por persoas obtusas ou por un empresariado ladrón (fillos de puta!) que nin pagan o que deben nin dan de alta á traballadora na seguridade social, que os nenos non poidan ir a escola no autobús nin sequera nos días desapracíbeis por non ter con que pagalo e ninguén -desde unha administración pública- lle facilita que iso non ocorra (fillos de puta!).

Coma
dixen antes, esa problemática non afecta só a Dafne e á súa familia; son millóns
de persoas nesta España súa (deles, dos que provocan ou permiten que estas
cousas ocorran), e na nosa (pero deles) Galiza, os que están afectados por
situacións iguais ou semellantes. Pero tamén son miles os ladróns que sen
miramento someten ás persoas con necesidades a esas situacións de explotación e
miseria; e os que, podendo evitalo con máis control desde a administración,
permiten que esas situacións ocorran. Todos uns fillos de puta. E despois a
culpa é dos chavistas, que diría
Feijóo.
Nota
final: co de “fillos de puta” non me refiro á profesión da nai dos que provocan
ou dos que permiten estas situacións, que estou seguro que si souberan como
lles ía saír o neno ou nena houberan abortado; refírome ao comportamento económico
e social deles, dos que provocan ou que por desleixo permiten esas situacións.
En fin,
e para rematar: FILLOS DE PUTA!