A actualidade de hoxe, 13 de xullo de 2018, esta chea de asuntos que suscitan o meu interese. Un relacionado coas virtudes do Tribunal Supremo español, o outro coas habilidades para a gobernanza da dinastía Borbón e a terceira a visita e as presións que Donald Trump, actual presidente dos EE.UU., realizou na súa xira europea contra os países do vello continente que forman parte da Unión Europea e da OTAN.
O primeiro ten como base é a sentencia do tribunal alemán sobre o asunto Puigdemont, cuxo contido deixa unha vez máis ao Tribunal Supremo español nunha situación de extremo ridículo. Todo iso despois da retirada da orde cursada a Bélxica (da que xa se sabía cal ía ser a resposta dos tribunais dese país antes de que se pronunciara). E sen que aínda non tiveran ocasión de pronunciarse os tribunais escoceses nin, posiblemente, o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos. Isto dará para moito cabrearse e moito rir, e "rirse de" no futuro.
Outra son as declaracións desa tal Corina sobre as "aventuras" financeiras do "rei emérito" en concepto de comisións, ocultación e blanqueo de cartos ao través de Suiza, con testaferros e expertos de Gürtel nos temas de blanqueo; comportamento do emérito que non é de extrañar botando un ollo á historia da realeza española e sabendo que pertence á dinastía dos Borbón cuxos membros non teñen un pasado moi transparente no seu trato cos diñeiros. Parece que o exemplo de Fernando VII cunde moito e sigue a ser bandeira da saga na actualidade. Segundo contan, xa dicía don Ramón Mª del Valle Inclán: "La República Española de 1931 echó a Alfonso XIII no por rey, sinó por ladrón". Pois sigue.
O terceiro asunto é a rolda de ameazas realizada polo presidente dos EE.UU.AA. en distintos escenarios europeos: hai uns días no cumio da OTAN, lugar no que amais de ameazar ao conxunto dos estados que a conforman, tivo un rifi-rafe bastante desafortunado, propio de prepotentes maleducados e mandóns, coa canciller alemá Angela Merkel á que insultou gravemente ao tentar de marcar a política que debe seguir Alemaña no tema militar. Outra das súas lindezas ocorreu en Inglaterra, onde foi recibido como se merece por unha parte importante dos cidadáns ingleses, onde pretendeu indicarlle á xefa goberno inglés como tiña que plantexarse as súas relacións coa Unión Europea; coma se o Reino Unido non tivera Parlamento ou Goberno que soberanamente tome decisións, sen ter en conta a opinión dun pallaso fascista como é Donald Trump, presidente dos Estados Unidos.
Este último é o que me chama máis a atención e sobre o que vou poñer unhas liñas.
Antes de nada, pedir perdón ao colectivo de pallasos polo feito de calificar de tal a semellante especimen humano que é Donald Trump. Agora vos explico. A miña cabeciña cando pensa no actual Presidente dos EE.UU. imaxina unha persoa sinistra, cruel, cobarde, sumanente protexida por matóns a soldo sen os cales non é ninguén; unha persoa sádica, machista e xenófoba e cun enorme complexo de inferioridade; que non ten os mínimos escrúpulos e que vai permanentemente vestido de pallaso de cara branca e nariz vermella, con dous mechóns tesos de cabelo roxo saíndolle por riba das orellas e un enorme peluquín (tamén roxo) a modo de tupé; Un home que tenta de facer rir pero só consigue facer desgraciados a quen ten que sufrir as súas gracias, acadando destrución, morte e desolación alí por onde el ou os seus macacos a soldo pasan. En definitiva, un pallaso fascista e indesexable con moito poder.
Cumio da OTAN: previos e posteriores.
Como xa adiantei antes, o actual Presidente dos EE.UU. de América empezou días atras unha xira por Europa coa finalidade de esixir aos países que forman parte da OTAN un aumento nas súas contribucións ao gasto desa indesexable organización militar. Traducindo: que tiñan que gastar máis en armamento facilitado polo complexo militar-industrial dos USA, que el tiña que ter contentos aos fabricantes, vendedores e traficantes de armamento do seu país; que os países que forman parte da NATO tiñan que facerse dependentes da tecnoloxía estadounidense nos equipamentos dos seus exércitos.
Pero nada de expoñer argumentos nin convencer. Non que iso é para febles e pusilánimes e que iso non vai con el. El ordena e manda, que para iso ten protección de organizacións de asasinos a cargo do estado. E amais non todos son ianquis, que unha delas é unha organizaCión Internacional de Asasinos (CIA) composta por persoas de moitas nacionalidades, rangos, profesións e situacións sociais. Á parte dos matóns privados e os da NSA que teñen ollos, escoitas e visións en todas partes; que lerán este "post" e che controlarán o teléfono, o "e-mail" e todo tipo de comunicacións que fagas, aleatoriamente ou por sistema (como xa teñen denunciado multitude de organizacións de defensa dos dereitos civís). Pero o inimigo é Rusia e non os USA presididos por el.
Incluso permítese o luxo de chamar a unha presidenta de goberno, a do goberno de Alemaña, aliada de Putin e dicirlle o que debe ou non facer no seu país. O mesmo que á señora May no Reino Unido. Como se neses países non houbera dirixentes e parlamentos escollidos polos seus cidadáns que son os que teñen que decidir o que deben facer os seus gobernantes. Pero quen carallo se cre que é ese puto imbécil!? Amais ten o cuallo de ameazar á primeira ministra inglesa con rachar os tratados comerciais de EE.UU. con o Reino Unido se aquela non propicia un brexit duro. Non é que a min me guste o brexit, nin o duro nin o blandengue, pero iso que ten que decidilo son os ingleses.
Reunión de reprimenda e ameaza: cumio da OTAN.
Antes de ir a repartir ameazas por Inglaterra e despois de acusar a Merkel de estar cautiva de Rusia, reuníuse cos países da OTAN para esixirlle que tiñan que aumentar o seu gasto militar, sobre todo a aqueles que non chegaban ao que tiñan comprometido (caso do Estado Español ao que M.Rajoy comprometeu -como non podía ser doutra forma tendo en conta os intereses que defendía- a chegar ao 2% do PIB no ano 2024). Evidentemente non se reuniu para falar do tema, senon para amenazar con aliarse e apoiarse militarmente con Polonia, Hungría, Chequia, Eslovaquia, ... é dicir, o máis rancio, fascista, xenófobo e antidemocrático dos países do continente europeo e asiático para facer unha fronte militar substituta da OTAN. Os que son coma el no pensamento e, amais, son os países provedores de delincuentes traficantes e persoas cautivas para o tráfico de seres humanos, como era o proxeneta explotador de mulleres do que descende Donald Trump. Igualico, igualico que el tonto de su agüelico, que diría o personaxe daquel comic cuxo nome non me lembra editado nos anos 60 do pasado século.
Dos titulares dos xornais do día seguinte se desprende que os dirixentes pasaron polo aro de converterse en militar dependentes dos USA, Pedro Sánchez incluído (nada extraño, simplemente máis PSOE). En ser cautivos dos EE.UU. en tecnoloxía de defensa militar, de estar ao albur de que calquera día un suxeito como Donald Trump, por calquera arrouto ou capricho, decida cortar o grifo dos repostos aos seus cautivoaliados e decida declaralos inimigos e acordar con outro coma Putin o reparto do mundo polas boas ou polas malas.
Para que queremos nós tantas armas e tan sofisticadas?
Para defendernos de Marrocos? De Portugal? De Francia? Vamos oh! Iso non o cre ninguén que teña un pouquiño de cabeza. Uns son países civilizados, con gobernos civilizados e con exércitos supostamente civilizados; outros non teñen a capacidade militar mínima que lle permita aventuras raras. Quen si ten capacidade para iniciar un ataque devastador contra calquera punto do planeta por moi lonxe que este estea son os USA e, posiblemente, Rusia. E iso non se pode evitar tendo moitas e moi modernas armas se algún dirixente tolo, algún pallaso fascista, así o decide. E no referente ao noso Estado Español, incluso o ataque pode ter a súa orixe dentro das nosas fronteiras, nas bases militares estranxeiras instaladas aquí. Incluso por ese motivo poderíamos ser obxectivo militar dos contrarios (eu estou convencido de que o somos).
Así que mellor non gastar en armas, salirse da OTAN e botar aos militares estranxeiros fora do territorio español
Epílogo.
Poderiamos preguntarnos se son civilizados os militares dos países civilizados; pero iso xa é outra historia. En fin, algún día falaremos dese tema.