Frenéticas 24 horas antes da
segunda votación da investidura. Propostas, contrapropostas, negociacións,
mediacións, filtracións reais ou trucadas, mentidos e desmentidos... En fin,
toda unha serie de feitos destinados a tentar de que Pedro Sánchez fora
investido Presidente do Goberno do Estado (que non da nación, como din algúns).
A verdade é que as versións
duns e dos outros varían; xa sabemos que "cada quen fala da feita segundo
lle vai nela", mais neste caso parece que hai unhas versións que parecen
ter máis fundamento que outras. Sobre todo se temos en conta os precedentes
destes últimos días.
E unha das cousas que parece
que fica máis clara é a de que baixo ningún concepto o PSOE estaba disposto a
que o Ministerio de Traballo, con todas as súas competencias, quedara baixo a
responsabilidade de Unidas-Podemos (U-P); "á CEOE non lle gusta nada esa
idea" dicían. E claro, un partido coma o PSOE que leva servindo aos
intereses do gran capital español desde a metade da primeira presidencia de
Felipe González non vai consentir que veñan uns "iniciados" a tombar
unha reforma laboral de Mariano Rajoy coa que tan contentos están os
empresarios, que teñen carta branca para todo, e tan explotados e espremidos
están o conxunto dos traballadores e traballadoras. Claro, todo é poñerse a
reformar e seguir para tombar a reforma laboral de Zapatero tamén lesiva para o
conxunto dos asalariados, pese a que U-P retirou esa proposta.
Non digamos xa ese sacrilexio
de facerlle pagar máis impostos aos que máis teñen e máis se aproveitan dos bens
públicos. Igualmente coas multinacionais que eluden impostos en cantidades
industriais; os Inditex, Google, Amazon, Microsoft, ...que eluden pagamentos ao
fisco por miles de millóns utilizando todas as artimañas legais que a normativa
española, europea e internacional lles permite. E claro, se atallamos iso que
será do potencial futuro da nosa flamante Ministra de Economía como Presidenta
do Fondo Monetario Internacional (FMI)? Coma presidenta dun dos tres organismos
económicos internacionais que se dedican a explotar e a espremer aínda máis aos
países menos desenvolvidos? Os outros dous son o Banco Mundial (BM) e a
Organización Mundial do Comercio (OMC).
"Como unha organización
primeiriza, con tan pouca experiencia, vai ter unha responsabilidade tan grande
no desenvolvemento dos orzamentos do Estado!?". Esta, mais ou menos así
exposta, foi outra das ideas expostas polo aspirante Pedro Sánchez. Non se
lembra Pedro Sánchez daqueles compañeiros seus de partido que sen ningunha
experiencia de xestión do Estado accederon ao goberno no ano 1982, cunha
maioría absoluta. Certo é que non tardaron nin dous anos en poñerse ao dispor
dos desexos da gran banca, dos grandes empresarios e da estrutura militar dos
USA; nin tampouco en gañarse a primeira gran folga xeral do réxime
postfranquista; pero iniciaron a súa andadura de forma firme e precisa e,
teoricamente, sen experiencia. Para ser ministro non hai que ser técnico, simplemente
hai que ter claro cara a onde se quer ir e dicirlle aos técnicos que elaboren
os plans e as leis de forma que se propicie o acadar uns determinados fins. E
aí está o problema do PSOE, nos plans que permitan acadar unha sociedade máis
igualitaria e con dereitos.
Parece que para poder
facilitar a investidura Unidas-Podemos decidiu, a última hora, renunciar a case
todas as súas esixencias quedándose só na de poder dirixir as políticas activas
de emprego. "Que se iso é competencia das comunidades autónomas, non saben
o que piden", dicían algúns no hemiciclo e moitos dos comentaristas que
non saben realmente do que falan. Efectivamente, a execución orzamentaria das
políticas activas de emprego corresponde ás comunidades autónomas na súa maior
parte, pero baixo as normas que anualmente se fixan nos orzamentos xerais do
Estado ou noutra lei de carácter estatal; outra parte dos orzamentos, normalmente, parte dun acordo entre
organizacións sindicais, empresarios e goberno dos Estado no que se fixan
orzamentos e modalidades para a formación continuada de traballadores e
traballadoras; e so unha pequena parte deses fondos fica á discrecionalidade das comunidades autónomas. É dicir, claramente o PSOE estaba a pasar a papeleta; o que
quería era un goberno de seu, que lle permitira acadar pactos co partido da
dereita franquista, o Partido Popular, para dirixir o Estado; goberno que lle
permitiría suavizar algo a situación actual de traballadores e traballadoras,
pero que, ao mesmo tempo, permitiría seguir os niveis de explotación e
inseguridade laboral que non desgustaría á os empresarios e oligarquía
financeira, que poderían seguir sacando abundante tallada a conta do esforzo
dos demais. Sen esquecer que, ao remate do chollo, sempre pode haber un posto
nun consello de administración, ou un chollo "para todo o que resta de
vida", nunca depreciábel e que conecta coa sempiterna tradición deste
país.
Igual que o tema da "confianza", ou o dos "dous gobernos nun". A min gustaríame saber cal das dúas forzas, U-P ou PSOE, empezou dicindo que Defensa, Exteriores, Interior e non sei que outras cosas máis non podía ser para U-P porque non eran de fiar. Ou sexa, ou imbéciles superlativos ou escusas de mal pagador. Eu inclínome polo segundo.
Igual que o tema da "confianza", ou o dos "dous gobernos nun". A min gustaríame saber cal das dúas forzas, U-P ou PSOE, empezou dicindo que Defensa, Exteriores, Interior e non sei que outras cosas máis non podía ser para U-P porque non eran de fiar. Ou sexa, ou imbéciles superlativos ou escusas de mal pagador. Eu inclínome polo segundo.
"Por segunda vez,
Podemos frustra que España poida ter un goberno progresista", din. Pois
non; o primeiro goberno proposto polo PSOE e Ciudadanos a raíz das eleccións
xerais de decembro de 2015 non era un goberno baseado nun programa progresista,
senón nun programa ultraliberal e ultracentralista ao uso de Ciudadanos. Quen
realmente frustrou un goberno progresista foi o propio PSOE; se este escollera
a Podemos, Esquerda Unida, Esquerra Republicana, Compromiss, etc. posiblemente
o resultado non sería o que foi; e habería un goberno, senón de esquerdas, si
progresista que permitiría erradicar todo o lixo lexislativo fascista do
primeiro goberno de Mariano Rajoy. Pero non, a catividade ideolóxica e a
dependencia da dirección do PSOE respecto súa xerontocracia e dos sectores
felipistas do partido, servidores fieles do gran capital, impediu que Pedro
Sánchez daquela tomara un camiño diferente.
Este último vai ser o
"mantra" que van seguir os do aparato do PSOE. E, tamén, o “mantra”
que están (xa desde onte pola mediodía) utilizando os comentaristas afíns ao
partido de Sánchez e servidores dos medios que en todo momento apoiaron a
opción do goberno PSOE en solitario, de non pacto con U-P. Empezouse a escoitar
xa onte nos informativos e nos colaboradores da Cadena SER e, tamén, nos
informativos de La Sexta. Supoño que tamén noutras emisoras do ramo.
Como xa dixen nas dúas anteriores entradas, eu xa
tería hai tempo mandado aos do PSOE ao carallo. Pero claro, que eu non teño
responsabilidades políticas e non me teño que someter a ningún voto. Tamén
dicir que moito me fodería ter un goberno de dereitas; pero son consciente de
que iso non ten porque vir, necesariamente, do Partido Popular (PP); pode vir
tamén do PSOE. Lembremos ese artigo constitucional que tantas amarguras trouxo
a este país que por acordo trocaron entre PSOE e PP, o 135, que priorizaba o
benestar bancario sobre o benestar das persoas.
E así unha e outra cousa; se unha non eran quen de facela creible, pois a poñer outra e a deixar que a "familia" mediática se puxera a desbardallar contra quen non tragaba. Impresentable.
E así unha e outra cousa; se unha non eran quen de facela creible, pois a poñer outra e a deixar que a "familia" mediática se puxera a desbardallar contra quen non tragaba. Impresentable.
Por todo isto, e polo menos de momento, Pedro Sánchez non se merece ser presidente.
Por último unha última pregunta: que se pode
esperar dun PSOE que, despois de catro anos de laicidade na ofrenda ao Santiago
Apóstolo, volve na cidade de Santiago de Compostela e ao través do seu alcalde Sánchez
Bugallo, a render pleitesía á Igrexa Católica, supeditando os intereses xerais
do Estado aos dunha confesión relixiosa?