O
pasado luns, catro de novembro, puiden ver e escoitar un debate
electoral organizado pola Asociación da Prensa de Madrid e que foi
retransmitido pola maior parte das canles de televisión existentes
no Estado Español. Nel participaban os cinco cabezas de lista por
Madrid dos cinco principais partidos estatais, persoas que, á súa
vez, eran os supostos candidatos de cada unha das forzas políticas a
ocupar a presidencia do goberno do Estado.
Teño
que dicir que nada novo esperaba de semellante evento desde o punto
de vista de que cada quen arriara o seu discurso preestabelecido para
establecer un verdadeiro debate sobre o que realmente ían facer se
chegaban a ter maioría electoral. Supoñía que se ían centrar
moito en Cataluña cos consabidos mensaxes repetidos ata a saciedade
por cada un, que ían falar da economía cada quen tirando para o si
e o ben que o fixeran ou puideran facer, que si a violencia de
xénero, que si as coalicións ou pactos postelectorais, et., etc.Un chulo. Un “tipejo” pijo e fascista.
Pero
houbo algo que si me chamou a atención: a cara dura dun “tipejo”
de ridícula perilla con aspecto de árabe africano que se pasou todo
o tempo que falou colocando trola tras trola e falsificando dato tras
dato, sen que ningún dos outros que estaba alí se molestara
(agás algo moi illado) en desmentilo. Non sei canto tempo falaría o
sen vergoña, pero calculo que de cada afirmación realizada máis do
90% sería unha falsidade e nove de cada dez datos (tirando polo
baixo) proporcionados eran falsos. É dicir, moito tempo dedicado
a falsificar a realidade. E non o digo eu só; á mañá
seguinte case todos os medios informativos cunha pouca de decencia
e de vergonza fixéronse eco de tales barbaridades alí expresadas
por ese señorito. E teño que confesar que iso si me sorprendeu e
cabreou: a cantidade de falsidades que lle permitiron soltar en tan
pouco tempo con total impunidade. Ese home era un tal Santiago
Abascal (Santi para Esperanza Aguirre), representante de Vox, que
fixo todo un despregue de argumentacións homófobas, xenófobas,
machistas e de índole autoritario, nazi e fascista; ideas que
representaban ao seu partido. Polo tanto representaba a un partido
nazi-fascista.
Era
curioso e indignante a carraxe con que ese home se refería aos
migrantes chegados ao noso país, poñéndoos coma delincuentes que
pouco menos que o que buscaban era vivir sen traballar, que querían
vivir das subvencións públicas e aproveitarse da sanidade española.
Que recibían, incluso, máis axudas que os propios españois, axudas
para case todo. Todo o que observando as estatísticas
dos servizos sociais e dos diversos servizos estatais e autonómicos
se demostra máis que falso, como deixaron patente ao día seguinte
os medios decentes. Incluso chegou ao extremo de facer recaer sobre
a migración a responsabilidade da maioría das violacións de
mulleres habidas no Estado Español coa finalidade de crear xenofobia
entre a poboación, cando sabe perfectamente que máis do 70% das
violacións teñen os seus culpables entre españois. Preguntado por
un xornalista sobre este particular poñendo en evidencia os seus
datos e mentiras, o Santiago Abascal é tan
covarde para asumir as súas mentiras cando o pillan que botoulle as
culpas dos datos sobre “unha compañeira súa”, unha periodista.
E
vai falar de vivir do conto ese señor, Abascal, que non pegou un pau
á auga na súa vida e vivindo como un maharajá das “mamandurrias”
que lle proporcionou o Partido Popular, incluído un chiringuito do
que ninguén sabe cal era a súa función e do que sacaba unha boa
tallada mensual. Pero cando alguén lle recorda a súa vida fácil, o
señorito sempre acude a a un discurso do tipo “se ti estiveras no
País Vasco e tiveras que marchar como eu por estar ameazado por ETA
non falarías así”. Un puto covarde; moitos foron ameazados no
País Vasco e alí se quedaron dando a cara e defendendo aquelo no
que crían.
Outra
cousa que me cabreou moito foi a obsesión dese partido por atacar
a seres indefensos, aos Menores Non Acompañados (Menas), nenos
que están sos no mundo e que buscan refuxio en fogares públicos ou
que incluso dormen nas rúas pasando frío, fame e todo tipo de
calamidades e abusos. Seguro que ese imbécil, ese covarde, non se
atreve de un en un con alguén do seu tamaño; só fixa a súa
atención en seres indefensos coma eses nenos.
Erradicar
o fascismo e aos fascistas.
É
urxente, moi urxente, desenmascarar a todos estes elementos
nazi-fascistas que pretenden acabar co sistema de liberdades para
poder acampar ás súas anchas. Hai que erradicalos. Queren
retrotraer o Estado ao franquismo, a un réxime corrupto no que os
dirixentes e os seus amiguiños roubaron a mans cheas. Queren un país
onde supostos arquitectos sen titulación poidan asinar proxectos de
obra con total impunidade e onde promotores inmobiliarios poidan
saltarse a normativa urbanística e ninguén lle diga nada, onde
xentuza do máis diverso e indesexable poida vivir do conto e onde os
xulgados parezan cuarteis militares en vez de lugares onde impartir
xustiza. Queren un país onde os abusos sobre as persoas sexan pan de
todos os días e onde as mulleres sexan tratadas coma trapos e
obxectos ao servizo dos varóns. Queren un país onde os únicos
africanos tolerados e ben tratados sexan aqueles cardenais amigos de Teodoro Obiang e amigos de Rouco Varela e dos bispo de
Alcalá, todos eles de recoñecida traxectoria integrista e
involucionista. Onde os individuos e colectivos LGTBI non poidan
amosar as súas orientacións en público. Queren un país onde os
únicos migrantes tolerados sexan aqueles que non esixan que os
traten coma persoas e que se deixen explotar coma animais, que non
denuncien abusos como fixeron moitos recentemente no mar de plásticos
de Almería onde ficaron máis que claras as causas do aumento do
voto a VOX nas andaluzas. Queren un país no que poidan contratar man
de obra escrava, onde poidan substituír aos traballadores con
dereitos por traballadores sen dereitos, teñan estes da
nacionalidade que teñan. Queren un país no que non se persigan aos
violadores nin aos maltratadores de mulleres. Queren un país onde
non se eduque aos nenos en liberdade, onde se lles eduque nunha moral
caduca e baseada en prexuizos do máis morboso, vicioso, malvado e ao
servizo dos poderosos. Queren un país morto no que eles poidan vivir
unha vida de película a conta dos demais.
Hai
que erradicalos; a eles e aos seus aliados. Erradicalos do sistema de
representación, erradicalos de todas as institucións do Estado nas
que estean instalados, erradicalos do sistema educativo, erradicalos
do todas as partes. Non poden formar parte dun Estado democrático.
Supoño
que este non é un tema que se esgote aquí. Xa me gustaría. E que
seguirei escribindo sobre esa casta de lixo social involucionista que
son os nazi-fascistas. Pero tamén dos que lle lamben as babas e que,
pola súa propia conveniencia curtopracista, se achegan a eles. E
falo do Partido Popular e de Ciudadanos, impresentables na súa
actitude en relación a Vox e que, con esa labor continuada de
branqueo, lle están a favorecer a súa expansión.
Malditos
sexades, fascistas!