16 febreiro 2021

Antroido da tristura

        Ano triste este de 2021, continuación do ano triste de 2020. Por moitas cousas, unha máis graves e outras menos graves. Desde marzo do pasado ano esta merda de pandemia, xunto coa merda dos "de xa chegou o verán", dos das "felices navidades" e dos "felices reis magos" (non falo de datas nin de celebracións, senón de malas persoas que só pensan en si mesmas) non damos quitado de enriba esta peste do COVID. Pero ao que imos.

               Polos pelos puidemos celebrar o Antroido de 2020. Disfraces, comparsas, furanchos, bares, rúa... sobre todo rúa. Calquera lugar e situación era boa para homenaxear a don Carnal. Disfraces de princesas, de gardas civís de curas e bispos, pallasos e unicornios... Música, carallada, xantares. Lacón con grelos e cocidos. Crítica e reivindicación máis ou menos intelixentes e festivas. E, tamén, excesos. Pero, sobre todo, alegría e bo humor que é o que desde a nosa Galiza hasta a punta gaditana (agás, posiblemente, nos redutos nos que se atrincheran os autodenominados "homes de honor") a península rebosa alegría e ganas de descargar a tensión xerada ao longo dun ano de curro, esforzo e explotación dunha maioría por unha minoría. Toda esta troula e desmadre san que remataba, por regra xeral, co Enterro da Sardiña, Enterro do Momo, coincidente co mércores de cinsa católico; aínda que hai lugares como Xinzo da Limia ou Pontevedra no que o remate do antroido, que pechan máis tarde co Domingo de Piñata ou o velorio e enterro do loro Ravachol.

        Neste ano 2021, o Antroido debeu ser suspendido. Nin sequera naqueles lugares onde nin o franquismo fascista foi que de poñer fin ao Antroido houbo celebracións públicas da festa. Laza sen peliqueiros, Maceda sen felos, Viana do Bolo e Vilariño sen boteiros, Verín sen cigarróns, Xinzo sen pantallas, o Ulla sen os seus xenerais... Os desfiles de comparsas e caretos das distintas vilas, os percorridos antroideiros do Hío, todo descrito no parágrafo anterior falta. Hoxe é luns de Antroido e máis parece un xoves posterior ao enterro da sardiña. Non hai alegría colectiva nas rúas. Xa non a houbo onte nin antonte e, posiblemente, tampouco a haberá mañá. A pandemia obriga a illarse, a non estar coas amizades... e canto máis a non facer xantares e xoldas colectivas. Porque de xantares e xoldas da "feliz Navidad" consentidas por uns gobernantes filibusteiros e autocompracentes estamos a pagar aínda hoxe as consecuencias.

        E o certo é que se puidera ser celebrado este Antroido 2021 podería dar moito de si. Habería moito ridículo que poñer de manifesto, sobre todo na gobernanza política; e máis na gobernanza política da Galiza dun presidente do Partido Popular que se declaraba irresponsable cada dous por tres para endilgarlle o traballo aos concellos. Habería moita materia prima para a coplas das comparsas. Entre os gobernantes inútiles e incompetentes que temos que sufrir, as citas médicas e de enfermaría telefónicas, a falta de espazos nas oficinas e consultorios públicos para facer espera... habería moita canteira que facer; tanto no xeral coma no particular. E moito cabreo que botar fora, tamén; porque a pesar de que todo o retrasaba a "pandemia" seguiron a foder á poboación planeando parques eólicos, tentando destruír ás comunidades de montes, mantendo a lei mordaza e un código penal que fai as delicias de xuíces, xuízas e fiscais fascistas, seguiron metendo pola porta de atrás a posibilidade de instalacións rápidas de minería destrutiva, tentando de privatizar as pensións públicas. Pandemia para todo o necesario; para o demais inexistente a efectos políticos e administrativos. Sen vergoñas.

        Un último apunte. Moito individuo "bota pola boca" falaba en plataformas mediáticas de facer o Antroido na casa. Iso non é Antroido nin é nada. O Antroido é unha festa de rúa e grupal, fundamentalmente. Unha cousa é mostrar o apoio a unha festa desde o balcón ou a fiestra da casa e outra que iso sexa Antroido. Certo que houbo quen quixo facer Antroido masivo na casa, incluso parece ser que facendo negocio a conta dos "primos", pero iso non só é unha irresponsabilidade social; é tamén unha estupidez.

            En fin e pese a todo: VIVA O ANTROIDO. 

            No 2022, se chegamos alá, desquitarémonos.

 

29 xaneiro 2021

O fascismo madrileño contra a liberdade das mulleres


           Aconteceu en Madrid. A xunta de distrito do barrio madrileño de Ciudad Lineal, a iniciativa de membros de Vox, partido de ideoloxía nazi-fascista, decidiu borrar un mural homenaxe ás mulleres realizado coa colaboración cidadanía-artistas na parede dun polideportivo sito nesa barrio. 

            O citado mural era unha homenaxe á muller; nel estaban representadas mulleres de profesións, países e ideoloxías variopintas cuxas actividades tiveron coma resultado avances no recoñecemento da muller coma suxeito activo e creador. Este recoñecemento ao labor das persoas alí retratadas traduciuse socialmente en avances na consideración social das mulleres e nunha dimunución da infravaloración que a sociedade machista ten de vello cara ao sexo feminino. Mulleres tan significativas para o avance social, a liberdade, a cultura, a non discriminación racial, a ciencia,... como Angela Davis, Rigoberta Menchú, Nina Simone, Frida Kalho, Rosa Parks e outras moitas mulleres.

            Só pode entenderse a decisión de borrar o citado mural polo odio que aos propositores de semellante gilipolléz teñen pola emancipación das mulleres, de que estas deixen de ser consideradas unicamente como obxectos e o racismo e xenofobia que destilan contra a poboación que ten a pel de cor distinta ao branco (moitas das mulleres representadas a teñen). Son os mesmos que se manifestan contra os migrantes subsaharianos, ou contra os que profesan relixións de culto islámico (que non son os mesmos que falsifican o islamismo para exercer a violencia contra quen non pensa coma eles e impoñer as súas costumes -igual que outros falsifican o cristianismo para defender os seus privilexios e os da clase social coa que se xuntan-), os que estenden falsidades sobre a pandemia, os que promoven manifestacións contra os migrantes que chegan a terra española en condicións fisicas e mentais deplorables, despois de inxentes esforzos e sacrificios, pensando en chegar a unha Europa ideal que non existe.

                Pero non son só eses indecentes, tamén hai outros que lle dan polo pau e que son os que teñen a potestade de borrar ou non unha obra de arte dos espazos públicos. Son aqueles que se xuntaron cos de Vox para poder acadar postos de gobernación en Madrid (concello e comunidade autónoma); son os neofranquistas do Partido Popular dirixidos por unha señora que non se molesta en esconder para nada a súa ideoloxía de extrema dereita e un señor cativo e con gafas pertencente a unha seita relixiosa ultraconservadora católica. Os mesmos que atentan contra a memoria histórica e mandan destruír ou retirar recordatorios ás víctimas dos asasinatos franquistas, dos asasinatos dos fascismo que eles sen disimulo defenden. Claro que se eses dous personaxes e os dos seus gobernos son o máis representativo que o Partido Popular ten en Madrid, como serán os demais... Certo é que a historia política de acoso do Partido Popular á muller e á liberdade sexual é coñecida: oposición inicial ao divorcio, oposición inicial ao aborto e recortes posteriores á lei, oposición ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo,... Iso si, non sei o aborto, pero foron membros dese partido dos primeiros en usar tanto a lei do divorcio como a lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Non só fachas, tamén hipócritas.

                Outros son os membros de Ciudadanos que co-gobernan co PP tanto na C.A. madrileña coma no concello de Madrid, coas mesmas responsabilidades e actitudes indcentes na defensa das mulleres e das víctimas do franquismo. O Aguado e a Villacís. Que personaxes! Ao primeiro da pena escoitalo falar; un día di unha cousa e ao día seguinte a contraria para cambiar o discurso un pouco máis tarde e volver dicir o contrario pouco tempo despois; é un home incrible. A señora Villacís, á parte das cuestións de estar social (coma se é "pija" ou non), coido que ten unha importante contradición: quer actuar coma unha persoa de ideoloxía demócrata, pero a pouco que se descoida a súa lingua traicióaa e sáelle a súa vea ideolóxica de dereita rancia. Eu supoño que estes "descoloques" son un rasgo común á maioría dos membros dese partido; e coido que ven determinado porque moitos dos que se meteron aí o fixeron porque non foron quen de trepar nas estruturas do Partido Popular ou do PSOE; e claro, pasa o que pasa; non se aclaran. Mais, seguen a ser a alianza preferida de Pedro Sánchez para gobernar; así que no desesperen que ao mellor e cunha pouca de sorte pillan cacho.

                A reacción dos veciños, diante de semellante agresión ao seu barrio de Ciudad Lineal e ás mulleres, plantáronse e dixéronlle ao Concello dirixido polo do Opus que non ían permitir que borraran o mural. Os xornais internacionais fixéronse eco, tamén, de semellante despropósito fascista, machista e xenófobo. Resultado: a Villacís e os seus recolleron velas e, de rebote, aos neofranquistas do Partido Popular non lles quedou máis remedio que facer o mesmo. Polo tanto O MURAL DE HOMENAXE Á MULLER QUÉDASE. E aos nazi-fascistas, que lles dean.

             

09 xaneiro 2021

Pensamentos soltos (a raíz da conspiración internacional contra Julian Assange)

     En principio isto ía ser un guión para un artigo de protesta arredor da conspiración internacional contra Julian Assange, conspiración na que hai participación de gobernos de diferentes países e as súas institucións xudiciais, policías e servizos secretos (Suecia, Inglaterra, Estados Unidos, Ecuador). Todos eles agrupados en torno aos chamados “países occidentais” liderados polos Estados Unidos, o país máis delincuente e violador dos dereitos humanos que hai en todo o mundo (parece que agora Rusia tamén quere competir polo primeiro posto do ranking) e que conta con varias bandas de asasinos organizados de orientación e principios nazi-fascistas (CIA, NSA, membros doutros servizos secretos amigos dos anteriores, grupos de mercenarios contratados, etc.) espallados por todo o planeta e non todos de nacionalidade estadounidense. Ao final, vai tal e como foi medrando o guión. E agora acabo de ler que unha xuíza británica deixa a Assange na cadea ata que se resolva o recurso dos EEUU contra a sentencia de non extradición. Que se saiba ese recurso aínda non foi interposto, polo que a xuíza parece facer futurismo. Poder xudicial independente? Vaia preas! 

Ben, aí vai o guión:

  • Liberdade de expresión e de información en perigo.

  • Asasinatos organizados polas oligarquía económica internacional ao través dos seus peóns nos distintos países.

  • Participación de exércitos, policías e xudicatura na ofensiva contra a liberdade de expresión. Necesidade de denunciar os comportamentos das cloacas dos estados e dos uniformados en contra da libre expresión e información.

  • Xa non é novo o ataque do exército dos USA aos xornalistas, sobre todo aos que deixan constancia gráfica das súas tropelías de toda caste (torturas, violacións, asasinatos, xenocidios, etc.). Temos experiencias que tocaron a españois; eu lembro dúas:

    • Juantxu Rodríguez, fotógrafo español do xornal El País, que foi asasinado polos marines dos EEUU durante a invasión de Panamá polo exército norteamericano; posiblemente por querer deixar constancia das animaladas, barbaridades e crueldade amosada polos marines para derrocar ao, ata daquela seu aliado e membro da CIA, ditador militar Noriega.

    • Outro caso claro de agresión é o asasinato por militares ianquis de Couso, reportero gráfico de televisión, durante a invasión de Irak pola banda de asasinos uniformados dos EEUU.

    • En ningún destes dous casos hai constancia de que se houberan esixido responsabilidades tanto aos responsábeis directos coma aos indirectos de tales atrocidades. E o único que si hai é a insistencia dos familiares de Couso en esixir que sexan procesados os responsábeis do asasinato do seu parente. Nin os gobernos de España (foran do PSOE ou do PP), nin os gobernos USA, nin as empresas de comunicación ás que pertencían os xornalistas parecen ter interese en que se se xulgue aos culpables dos asasinatos. Ao mellor é porque tampouco ningún deles está moi en desacordo con que o asunto tivera rematado así.

  • Imaxino que outros moitos reporteiros morrerían en distintos conflitos bélicos nos que participaron exércitos regulares de distintos países; e que posiblemente moitos deses o foran por tentar de dar fe das atrocidades cometidas polos aparatos armados de distintos países. Por poñer un exemplo: cantos xornalistas gráficos pereceron nas guerras dos Balcáns? E nas guerras potenciadas e financiadas por multinacionais e gobernos europeos e americanos en África ou nos distintos países en guerra no Oriente Próximo?

  • O que si fica claro é que a ofensiva non é contra os xornalistas en si mesmos. É unha ofensiva contra a liberdade de expresión e de información. Queren ter amordazado ao conxunto das poboacións e, sobre todo, a aquelas que non calan diante dos tropelias e das barbaridades potenciadas e/ou consentidas polos seus gobernantes ao servizo dos poderosos, que utilizan os seus exércitos regulares, as súas policías antidemocráticas e corruptas (secretas ou descubertas), os asasinos dos seus servizos de intelixencia e as súas xudicaturas que non cren naquilo que din administrar.Á parte dos casos aquí mencionados, temos a participación activa da xudicatura brasileira no golpe de estado contra Lula Dasilva ou Dilma Rouseff. Ou a participación activa en política institucional das altas instancias da xudicatura española, por moito que estas digan que a cousa é á inversa.

  • Está demostrado que os maiores asasinos son organizacións gobernamentais como a CIA e os seus membros, sexan da graduación que sexan e teñan as responsabilidades que teñan. E, tamén, os seus colaboradores nos distintos países do mundo. En xeral todos os servizos secretos dos diferentes estados están implicados en verdadeiras guerras sucias que en moitos casos acaban en asasinatos, torturas ou outro tipo de agresións aos dereitos humanos. Lembremos as actuacións do Mossad, do MI-6, dos servizos franceses (lembren o afundimento do Rainbow Warrior en Australia, con mortos), o cuartel de Intxaurrondo no Páis Vasco, os GAL... E iso por non ir ao Chile do 73, Arxentina, Illa de Granada, Honduras, o recente golpe de Bolivia, as actuacións da CIA en Venezuela, etc. Toda unha gama de criminais ao servizo dun estado dirixidos polas clases dominantes e cuns gobernos que están ao servizo da oligarquía internacional. E aínda podemos observar toda a trama policial española que actualmente está nos tribunais e que imaxino que alguén tratará de ocultar por todos os medios.

  • Gobernos, en teoría democráticos e algún ata autodenominado progresista, que permiten que aterren nos aeroportos dos seus países voos da CIA cargados de prisioneiros con destino a ser torturados noutros países, ou de avións nos que se sabe a ciencia certa que son centros de tortura dos servizos secretos ianquis. Feitos, como a aterraxe de avións deste tipo en Mallorca ou en bases militares situadas no Estado Español foron denunciados por distintos xornalistas comprometidos coas liberdades e por organizacións pacifistas ou defensoras do dereitos humanos.

  • O que parece máis que claro, todos os indicios así o sinalan, é que os mandamáis do exército dos EEUU dan instrucións claras aos seus soldados para que eliminen calquera posible testemuña das súas atrocidades. Eses son os principais asasinos e os que merecerían ser xulgados no seu país e condenados con base á lexislación ianqui que regulamenta as penas por asasinatos premeditados. Son os xenerais e os coroneis, pero tamén deben ser postos ao dispor e condenados coma asasinos os executores materiais das súas ordes. Ou no seu defecto diante do Tribunal Penal Internacional, ao que EEUU nega a súa competencia para xulgar os casos dos criminais de guerra do seu exército.

  • E cando hai xentes como Maining, Assange, Snowden ou outros que desde dentro ou desde fora denuncian con probas irrefutables as súas condenables actuacións, non dubidan en recorrer a calquera maña por moi sucia e fora da realidade que sexa para acalar ou tratar de desprestixiar aquelas voces que defenden a liberdade denunciando a atrocidades cometidas por asasinos. Así pasou con toda a montaxe do caso Assange; así pasou coas condenas e a indución ao suicidio da señora Maining. Snowden, ao escapar dos USA, salvóuse ao non ter que enfrontarse a unha farsa xudicial montada polo Departamento de Estado e os servizos secretos estadounidenses. Pero coma eles hai moitos máis en todo o mundo; bastantes deles en Guantánamo custodiados por torturadores fillos de puta.

  • Cando non queren que se coñezan as súas atrocidades declaran coma secretos oficiais toda a documentación existente sobre as mesmas. E non é cousa do estranxeiro; aquí tamén pasa; só por poñer un exemplo: aínda hoxe están declaradas como secretas moitas das actuacións do exército fascista durante o golpe de Estado e a ditadura do xeneral Franco. Supoño que para non poñer ao descuberto atrocidades que, de forma directa ou indirecta, afectan a individuos socialmente ben posicionados na España actual e a un exército que a día de hoxe aínda conserva unha importante carga ideolóxica fascista.

  • E non so na ocultación. O ataque selectivo á liberdade de expresión e de información tamén está presente no Estado Español; lexislativamente, a chamada Lei Mordaza ,e as dúas últimas reformas do Código Penal español (non só a do Partido Popular, tamén a anterior do PSOE); blogueiros, twitteros, xentes do Facebook, rapeiros, cantores, sindicalistas,... moitos condenados en tribunais por exercer o seus dereito á liberdade de expresión (á marxe do bo ou mal gusto do xulgado, que a estética é algo moi persoal). Incluso, en algún caso e cada vez máis frecuente, coa implicación do Tribunal Constitucional en actos xurídicos de atacar esa liberdade de expresión (o da bandeira de Ferrol).

  • Claro que as contas de Twitter, as de Facebook, os blogues, ... non son persoais nin privadas. Persoais e privadas son as contas de Whatsapp dos militares fascistas, igual que son privadas os fraudes á Facenda Pública do Rei Emérito; e a eles non se lles pode tocar, son quen son, non reclaman liberdades democráticas senón a restrición das mesmas.

  • Sucumbirá tamén o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos a toda esa podremia que ataca sen cuartel á liberdade de expresión? Porque é este tribunal europeo o que nos queda aos españois que pelexamos por poder expresarnos e manifestarnos libremente.

  • O que parece estar máis que claro é que a liberdade de expresión está en perigo, no planeta en xeral pero tamén nese lugar ao que chaman España. O mesmo pasa coa liberdade de información; e esta liberdade de información en numerosas ocasións está limitada polos mesmos que teñen atribuída a función social de informar. Non son poucas (coido que son maioría) as empresas xornalísticas e de comunicación que ocultan ou non publican informacións que o gran público ten dereito a coñecer, que negan as súas páxinas ou os seus espazos a persoas críticas coa sociedade e co comportamento dos poderes económicos, políticos ou institucionais. Afortunadamente, aínda podemos atopar xornais e publicacións que dan cabida a múltiples formas de opinar e ver a realidade; por desgraza, ao ser maiormente en formato dixital, non son accesibles pola maioría da poboación. A estes hai que apoialos economicamente, xa que a publicidade non é doado que lles chegue.

-------------------

Post Scrptum.-  Xusto o día anterior a que dea o visto e prace a este artigo para ser publicado producíuse o asalto ao Capitolio en Washington polos nazi-fascistas partidarios de Donal Trump. Isto amósanos da necesidade de denunciar e combater ao todo ese lixo con forma humana á que me teño referido máis arriba (non só os executores materiais, sinó os creadores intelectuais) porque non cabe dúbida de que é xentalla desa caste a que está detrás de todos eses feitos, son os inductores dos memos, como estiveron detras doutros golpes de Estado e de intentos de golpes de estado e de guerras de rapiña como as que acontecen en África ou no Oriente Medio. Non merecen nin a auga que beben; nin eles ni os que lle dan corda (aquí no Estado Español só temos que ver para toda a patética dereita política nos seus pronunciamentos sobre o acontecido en Washington, case disculpando aos autores materiais e intelectuais dos feitos).

 

 

Algunhas ligazóns actuais de interese e que me induciron a facer este artigo/guión:

https://www.publico.es/internacional/persecucion-mundial-wikileaks-violaciones-derecho-internacional-extradicion-assange.html

https://www.publico.es/politica/persecucion-mundial-wiikileaks-legado-wikileaks-destaparon-violaciones-derechos-humanos-eeuu-queria-ocultar.html

https://www.publico.es/internacional/persecucion-mundial-wikileaks-juzgando-assange-ejercer-periodismo-revelar-informacion-autentica-interes-publico.html

https://www.publico.es/internacional/juicio-libertad-informacion-embajada-espionaje-tomo-objetivo-bebe-assange-gabriel.html

https://www.publico.es/internacional/juicio-libertad-informacion-guerra-sucia-espionaje-amordazar-denunciantes-crimenes.html

https://www.publico.es/internacional/persecucion-mundial-wikileaks-jueza-libra-assange-extradicion-avala-imputaciones-eeuu-periodismo-investigacion.html

https://www.eldiario.es/catalunya/sociedad/futuro-assange-deberia-preocupar-periodistas-ciudadanos-mundo_1_6473827.html

https://www.eldiario.es/internacional/relator-onu-julian-assange-condenado_128_1114383.html

 https://www.eldiarioar.com/opinion/assange-democracia-informativa_129_6695500.html

https://wikileaks.org/

 

 



16 decembro 2020

As cuestións “persoais” dun rei emérito e a súa inviolabilidade

            O que pasa no Estado Español, se non fora polo serio e impresentable, sería para botarse a rir. Mais o deste país de pandeireta, e cheo de persoas que hai tempo que abandonaron ou esqueceron a vergoña en algures, é para botarse a chorar ou facer cousas que non son de recibo ao amparo da violencia persoal ou colectiva, cousa que non é nada desexable nin aconsellable nas persoas civilizadas. E os que pensamos así non somos coma aqueles aos que criticamos, que estes si recorren á violencia sen contemplacións cando ven en perigo os seus privilexios; privilexios que xeran inxustizas sociais e que eles confunden con dereitos. E non falo de catro delincuentes, grandes ou pequenos, que andan por aí e están máis que fichados polos denominados corpos de seguridade do Estado; estou a falar de xentes instaladas nos considerados altos circos sociais, tanto civís coma económicos, políticos ou ex-políticos ou de xentes que ocupan ou ocuparon postos meritorios en altas institucións do Estado de toda natureza (incluso nas máis altas).

                Pero hai un caso que me chama moito a atención. E non tanto polo que fai ou ten feito como pola consideración que moitos "dos que mandan" (non necesariamente gobernantes políticos) teñen cara aos seus actos, tanto os comprobados coma os presuntos. E chámame a atención porque esa persoa é un produto directo dun réxime terrorista criminal e fascista: o réxime ditatorial do xeneral Franco. E digo que é un produto directo porque foi el, Franco, quen o nomeou "Rey de España" coa aclamación das Cortes Franquistas, sendo Ministro de Gobernación o inventor dos 25 Años de Paz, prólogo da lei de sucesión franquista, o insigne fascista don Manuel Fraga Iribarne, pai tamén da Constitución de 1978. Logo, foi a paz os cemiterios a que propiciou o nomeamento de Juan Carlos de Borbón como rei de España.

                Do mesmo xeito que todos os roubos, tropelías e criminalidades do seu antecesor na xefatura do Estado ficaron impunes mentres viviu, tamén as presuntas criminalidades e tropelías de Juan Carlos I de Borbón, por mor da interpretación da constitución de 1978 que se fai desde instancias gobernamentais e xudiciais, quedan impunes debido á súa suposta inviolabilidade. Imaxinade que un bo día semellante suxeito se levantara con apetencias de pegarlle un tiro a alguén sen motivo e sen mediar palabra, simplemente por apetencia, e o fixera; pois nada, o señor non sería xulgado nin condenado. Segundo interpretan altos tribunais, pesoeros, peperos e toda clase de proto-franquistas nun suposto deste tipo (ou de calquera outro de natureza criminal e non ligado ás funcións coma xefe do Estado) o rei é inviolable, polo tanto non se pode someter a xuizo. Viva a democracia e a igualdade diante da lei de toda a cidadanía! A miña avoa falaría da "lei do embude". 

                Pese a todo o fascista que era Fraga Iribarne, ao dereitistas que eran Pérez LLorca e Roca Junyent, Herrero de Miñón ou Gabriel Cisneros cústame moito crer que cando redactaron ese parágrafo da Constitución estiveran considerando que o futuro xefe do Estado era ininputable por calquera acto persoal que poidera atribuírselle. Supoño que estarían pensando nos actos realizados dentro das súas funcións coma tal xefe do Estado. Non se lles pasaría nin pola cabeza que un xefe de Estado decente puidera realizar actos como os que a día de hoxe se lle atribúen ao Rei Emérito (e menos sendo titular da coroa). E xa non digo Pérez Barba ou Solé Turá, dos que estou máis que convencido que concordarían conmigo en que se o xefe de Estado sae chourizo, defraudador fiscal, desviador de fondos ou calquera outra criminalidade habería que xulgalo e metelo na cadea. 

            Pero (doutores ten a igrexa, din) os nosos actuais togados máis supremos, os políticos de élite e os ex-políticos sen vergoña, pensan máis en que son os modos e maneiras do "reinado" de Franco os que na actualidade deben pervivir sobre os modos e costumes dun Estado que se considere minimamente democrático en relación ao Xefe do Estado. Logo ditaminan que a inviolabilidade do rei abarca a todo tipo de actuacións do monarca. Ou o que é o mesmo: dinamitan a democracia. O cal, e máis tendo en conta a historia da dinastía Borbón, é un perigo para toda a sociedade.

                Din que os actos do Emérito non implican a o actual monarca Felipe VI. Din, tamén, que pese a ser Juan Carlos de Borbón membro da Casa Real o asunto do fraude á facenda de todos e a súa posterior pouco transparente regularización, máis ben opaca,  "é unha cousa persoal", que non compete á monarquía. Non sei de que monarquía falan; á inglesa ou á sueca seguro que non lle compete (se así fora xa estaría procesado xudicialmente e fora da casa real o suxeito implicado). Pero si compete a esta monarquía saída de Lei de Sucesión franquista, por moito que digan que é da Constitución de 1978 (xa se ocuparon Fraga, Surarez, Cisneros, Pérez Llorca, os políticos da transición ligados á CIA... e a dereita do Movimiento Nacional de que se mantivera o rei nomeado por Franco).

                 A elección do xefe do Estado polos cidadáns, en sufraxio universal, é básico en calquera país que se chame democrático. É certo que hai países con democracias reais (Suecia, Inglaterra, Dinamarca, ...), non coma a nosa, nos que o sistema democrático convive coa monarquía. Máis en todos eses países os monarcas practicamente nin pinchan nin cortan. Son democracias máis baseadas na tradición histórica que noutra cousa; e, desde logo, en ningunha delas a persoa que ostenta a titularidade do trono é resultado directo ou indirecto dun nomeamento realizado por un criminal fascista. Están sometidos á mesma lei que os demais cidadáns, agás nos actos que lle atribúen as leis aos seus cargos; non fan papelóns como o feito por Felipe VI o 3 de outubro de 2017 diante das cámaras de TV co gallo das mobilizacións catalás polo referendo, non se meten en política; son os parlamentos directamente os que escollen, segundo os resultados electorais, aos presidentes ou primeiros ministros sen que os candidatos teñan que pasar revisión previa diante de ningún rei ou raíña que o único que fai é referendar a decisión parlamentaria. E sobre todo, neses países a totalidade dos ingresos percibidos pola realeza, así coma todos e cada un dos gastos realizados (desde un bote de escarvadentes ata o último inmoble ou cepillo de dentes) son totalmente públicos, ao alcance do coñecemento de calquera cidadán dese país. Xa quixeramos nós.

            Pese a todo o avanzado nos países antes mencionados, no tema da función monárquica (por desgraza non no noso) hai que dicir que a monarquía, por moi parlamentaria que sexa, é unha institución caduca, que é un torpedo cravado na liña de flotación de calquera democracia da que adoitan botar man de forma "non convencional" suxeitos indesexables  e golpistas coma o ditador Primo de Rivera ou Franco, para servir aos seus intereses persoais e aos da clase á que representan. Porque nunha democracia parlamentaria real todas aquelas persoas que ostentan os máximos cargos representativos dun Estado son elixidos polo sufraxio universal de toda a cidadanía (xefas ou xefes do Estado e membros dos órganos lexislativos) e o resto dos cargos públicos son nomeados polas persoas escollidas pola cidadanía.

             

10 decembro 2020

Xa era hora! Por fin o Pazo de Meirás xa é un ben público

Xa non era sen tempo. O Pazo de Meirás, roubado á cidadanía da provincia da Coruña polos fascistas coa finalidade de que fora regalado ao criminal máis grande da historia da Península Ibérica, foi por fin devolto ao seu lexítimo propietario; e iso pese a todas as dificultades e trabas postas desde a fin da ditadura franquista1 para que esa devolución puidera acontecer. Que a restitución non puidera ter lugar ata o de agora, amosa claramente que as institucións políticas, xudiciais, policiais, militares e de toda caste seguían (e moitas delas seguen, como se desprende das súas actuacións e do que estamos a ler nos xornais de forma cotiá) maioritariamente sendo parte do réxime franquista, tanto nas formas como na propia ideoloxía que desprenden cada vez que abren os seus membros a boca. Pese a todo, persisten as cautelas da forma na que o Estado (daquela unha ditadura terrorista e xenocida) fíxose coa citada propiedade, o que debe ser tido en conta no intre de definir cal vai ser o destino do Pazo de Meirás.

Pero non é ánimo deste artigo o de facer a historia da usurpación nin, tampouco, nomear as xentes que, beneficiadas económica e socialmente polo réxime franquista, practicaron o despoxo da cidadanía de a pe e do funcionariado coa finalidade de, unha vez usurpado o pazo e as propiedades estremeiras, encher de gozo e satisfacción a megalomanía dun ditador asasino e xenocida, dun traidor á súa patria e aos seus xuramentos relixiosos e militares, como a historia demostra que foi o xeneral Franco.

O inventario de bens (moitos roubados ao patrimonio público).

Unha das primeiras cousas que me chamou a atención do pazo recuperado foi o inventario realizado por orde da xudicatura. E non é porque eu non soubera que, coma fascistas que se precen, Franco e os seus correlixionarios civís e militares eran uns ladróns. Dese inventario, publicado literalmente en diferentes xornais e que levaba o logotipo da Xunta de Galicia, atraeron a miña atención a cantidade de bens saqueados polos Franco procedentes do patrimonio do Estado: tapices, cadros, móbeis, porcelanas, obxectos diversos, etc., procedentes do Pazo Real de Madrid e doutros lugares do patrimonio público. Igualmente; a cantidade de esculturas realizadas en pedra, esparexidas polos diferentes espazos exteriores do pazo, con valor histórico certo moitas delas, como poden ser as pilas bautismais desaparecidas da capela de Moraime, no concello de Muxía, que sabía que foran usurpadas polos Franco, e que facían as veces de grandes macetas nos xardíns palacianos2; ou cruceiros de pedra diseminados por diferentes partes dos xardíns. Imaxino que cruceiros, escudos, aras, pilas bautismais, etc. foron tamén pasto do apetito ladrón de membros familia Franco, moitos deles froito das apetencias e caprichos da señora Carme, a Colares, que por onde pasaba, a dicir de moitos coetáneos con bens e negocios, arrasaba.

O das esculturas do Mestre Mateo do Pórtico da Gloria, tamén agachadas no pazo, (pertences ao concello de Santiago por moito que digan o contrario un, dous, tres, catro..., ou cincocentos mil xuíces); xa tiñamos novas desde hai tempo de que poderían estar, ou estaban, no Pazo de Meirás. Eu sigo a dicir que os que ditan que as citadas esculturas son dos Franco (por moita toga e ideoloxía franquista que se gasten) non teñen razón, que foron roubadas polos Franco e que as esculturas de Abraham e Isaac son dos santiagueses, por moito que haxa quen diga que a “tradición oral de adquisición de non me lembro a quen” vale máis que os documentos de propiedade; e non hai quen me saque de aí, sexa ou non ilegal.

Outra das cousas que me chamaron a atención no inventario de bens feito público pola Xunta de Galicia foi a inexistencia de mención algunha á cualificación de Ben de Interese Cultural (BIC) en ningún dos bens catalogados no citado inventario, que os hai, o cal impediría a súa saída do Pazo aínda que algún xuíz ou xuíza os declarara coma propiedade da indesexable familia (o cal, tendo en conta a adscrición ideolóxica da meirande parte da xudicatura deste país e a capacidade que teñen xuíces e xuízas para facer interpretacións da lei segundo o seu pensamento persoal, puidera ocorrer). Nin sequera as torres e os xardíns se mencionan no inventario como tales BIC, xa non digamos os elementos que poden ser obxecto de traslado. Esta omisión fíxose involuntariamente ou baixo instrucións da Consellería de Cultura e/ou da Presidencia da Xunta de Galicia? Permítanme ter as miñas dúbidas sobre a involuntariedade de tal omisión. Dúbida baseada, loxicamente, na traxetoria respecto á recuperación do Pazo de Meirás seguida por Feijóo e os seus correlixionarios ata hai ben pouco.

Outra das cousas que xa coñeciamos era a existencia da Biblioteca de dona Emilia Pardo Bazán como parte do Pazo de Meirás. Ou polo menos de parte da mesma, xa que non se sabe cantos dos seus exemplares puideron ter sido apropiados ou vendidos por membros da familia usurpadora da propiedade e dos seus contidos. Sabemos que moitas das cartas de dona Emilia foron queimadas, ou polo menos moitas delas, ou destruídas pola señora Carmen Polo parece ser que debido ao seu contido “pecaminoso”, sen considerar o seu valor histórico e mesmo literario das mesmas. (O que ten a incultura!. E máis cando vai mesturada con extremismo relixioso; así pasa que con frecuencia asistimos á barbarie que, no nome de principios relixiosos, sofren ou teñen sufrido as diferentes partes do mundo entre elas a barbarie do franquismo).

Afortunadamente púidose salvar o segundo espolio de bens publicos, moitos deles do patrimonio artístico. Houbo quen denunciou a intención de que un número importante de camións (non sei se 15 ou 25) de transporte contratados pola familia Franco ían estar en Meirás para trasladar os bens para outro lugar. Os denunciantes sei que non foron nin a Guardia Civil, nin a Policía, nin os servizos de información do Estado, nin que se saiba tampouco outra instancia oficial. Parece que foi algunha organización civil ou política (quizás o BNG ?) ou algún particular. Menos mal, porque así foi posible demandar a intervención xudicial que deu lugar ao nomeamento do Estado como depositario temporal dos bens que están no pazo. Doutra forma, bens roubados que son patrimonio público, moitos deles de alto valor artístico e histórico, ou bens que son susceptibles de ser recuperados polos seus lexítimos propietarios vaiamos saber a onde poderían ir a ser vendidos polos descendentes do xeneral. Desaparecerían e moitos para beneficio dos posuedores ilexítimos, coma aconteceu co cadro roubado por Franco e os seus para regalarlle a Adolfo Hitler (seica o xeneral golpista, na súa infinita ignorancia, confundiu un símbolo celta cunha cruz gamada); aínda que despois non se fixo tal agasallo, o cadro que apareceu nos EE.UU. e o Estado Español tivo que recompralo para reincorporalo á colección de arte do Estado.

Hipocrisía, mentira e complicidade neofranquista.

Poñer de manifesto as hipocrisías e as mentiras encol ao proceso de recuperación do Pazo de Meirás, así como as complicidades actuais que certas “autoridades” teñen co franquismo, pese a ser persoas relativamente xoves, con formación e con pasado reivindicativo algunha delas. E os que son peores: os lambecús desas “autoridades”, con cargo ou aspiracións, que permanentemente danlle corda aos primeiros defendendo o indefendible e facendo o ridículo polas emisoras de radio e televisión tentando de defender aquilo que nin eles mesmos cren.

Cando os movementos ligados á recuperación da memoria histórica empezaron a demandar a devolución do Pazo de Meirás aos seus lexítimos propietarios a dereita española e a súa representación na Galicia, o Partido Popular, non se daba por informada desa reivindicación popular nin nada quería saber dela; incluso había dentro dese partido quen negaba que o pazo fora a parar á familia Franco dun xeito ilexítimo e defendía a capa e espada tanto aos fascistas protagonistas e impulsores do evento usurpador como a suposta voluntariedade dos traballadores e traballadoras de achegar fondos das súas escasas nóminas para regalar un pazo ao ditador. Incluso algunhas xentes (poucas, hai que dicir) significadas do PSOE ou da súa contorna aliñábanse con estas teses; non sei se por convencemento, por descoñecemento voluntario da historia ou por non menealla, que tamén pode ser tendo en conta o percal ao que me refiro.

E chegaron os tempos no que a capacidade das forzas parlamentarias democráticas medrou; os tempos nos que a reivindicación da devolución do Pazo de Meirás creceu e estendeuse popularmente por toda Galiza. Os tempos nos que a maior parte da poboación galega puido ter información fidedigna do acontecido co agasallo fascista ao xeneral Franco e a forma de acadalo mediante ameazas, coacción, usurpación e roubo aos cidadáns coruñeses.

Mais houbo un grupo irredutible de neofranquistas que nun ca viron con bos ollos a reivindicación da devolución do Pazo de Meirás; nin aínda cando Carlos Babío e Manuel Pérez, no ano 2017, editaron o seu libro “Meirás (un pazo / un caudillo / un espolio)3 onde documentalmente se demostraba toda a trama do roubo urdido por Barrié de la Maza e perpetrado polo ditador co apoio de toda a troupe fascista coruñesa, incluídos medios de suposta información como La Voz de Galicia, tamén daquela ao servizo dos intereses da dereita. Ese grupo irredutible era o Partido Popular presidido por Alberto Núñez Feijóo, á súa vez Presidente da Xunta de Galicia. (Ata certo punto ten lóxica que un partido que ten as súas raíces no franquismo mais reaccionario a implantar un sistema democrático, do que formaron parte os seus fundadores baixo as siglas de Alianza Popular4, que posteriormente reconverteuse en Partido Popular). Non hai que esquecer que no mes de maio de 2017 o Partido Popular impuxo no Parlamento de Galiza a súa maioría absoluta para impedir que este demandara do Congreso dos Deputados a recuperación para o público do Pazo de Meirás. E, no mes de setembro do mesmo ano Feijóo fixo súas as teorías da familia Franco ao declarar que "expropiar" o pazo sería utilizar un mecanismo ditatorial ("un mecanismo franquista", dicía el) e que o citado pazo fora"doado", como esgrimía a familia do ditador, polos galegos.

No ano 2017 constitúese a Xunta Pro Devolución do Pazo, unha plataforma cidadá impulsada pola Deputación de A Coruña, o concellos de Sada e da Coruña, a Universidade da Coruña e asociacións a prol da recuperación da memoria histórica coa finalidade de manter na actualidade social e política a reivindicación da devolución do pazo. É esta asociación cidadá a que impulsa, desde a deputación coruñesa un estudo xurídico sobre a situación do Pazo de Meirás e as vías para a súa posible recuperación para a cidadanía. As conclusións deste estudo son categóricas: o pazo foi adquirido polo Estado aos descendentes de Pardo Bazán con de métodos de intimidación e coacción á cidadanía e aos propietarios de parte das terras das que hoxe forman parte do conxunto; e posteriormente, ao traveso de artimañas de tipo documental e xurídico, roubado por Franco e os seus cómplices ao Estado. É nese intre no que se inicia a vía xurídica para a recuperación do Pazo.

No momento no que o estudo mencionado sinala inequivocamente que a vía xudicial sería claramente favorable, iniciase a mesma por parte da Xunta Pro Devolución e o Goberno do Estado (como é doado supoñer este último xa non estaba presidido por Mariano Rajoy nin inzado de franquistas). Dadas as evidencias e a documentada demostración categórica de que foi un roubo, a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público era cousa de tempos xudiciais. Foi neste intre cando o Partido Popular empezou a ver que xa non había remedio, que a sorte dos Franco estaba rematada, e que podería ter negativas consecuencias políticas para ese partido seguir mantendo a oposición á recuperación do Pazo de Meirás. (Eu estou convencido que polo gusto dos seus dirixentes, incluído o seu presidente, o Partido Popular seguiría a defender a propiedade da familia do ditador).

En xullo de 2018, o Parlamento de Galicia aproba por unanimidade unha proposición non de lei na que se insta á Xunta de Galicia a iniciar accións legais para a recuperación do Pazo. Esta iniciativa é froito dun refrito de tres proposicións distintas para a recuperación do Pazo , presentadas por PPdeG, BNG e En Marea. Non coñezo os contidos das mesmas, mais podo supoñer que a presentada polo PPdeG sería un conxunto de imbecilidades propias dese partido e do seu presidente destinadas a non ficar fora de xogo e a non molestar aos seus amados Franco. Seguro que nesta proposición do Partido Popular ata serían capaces de tentar que o Estado pagara un rescate por recuperar o roubado, é dicir, que se mercara unha propiedade pública roubada pagándolle por ela aos descendentes dos ladróns.

Despois de moitas voltas e mobilizacións populares a prol da devolución do pazo, incluso detencións dos denominados 19 de Meirás por entrar pacificamente no Pazo e mostrar unha pancarta reivindicativa da devolución, por fin o Pazo xa é do pobo.

Iso si, os hipócritas que se xuntaron a última hora á demanda xudicial de devolución, cando estaba máis que claro que a iniciativa ía saír adiante, queren colgarse agora as medallas. Non hai máis que escoitar, ou ler, as declaracións de Núñez Feijóo ou de destacados membros do Partido Popular cando se fixo firme o fallo xudicial da devolución para decatarse que eses neofranquistas, comandados polo seu presidente de partido, son unha panda de hipócritas impresentables, que o único que pretenden é branquear a un réxime criminal e á persoa do Xeneral Franco.

Os futuros usos do Pazo.

Pero non contentos con atribuírse méritos que non lle corresponden, tentan de baleirar de significado o que é o Pazo de Meirás, un lugar no que se mostra moito do malo ditadura franquista e dos seus cómplices: o espolio do patrimonio público, o abuso sobre as xentes, o roubo con violencia para uso do ditador, a mentira e o latrocinio no nome dun ideal que nunca o foi e que serviu de coartada para enriquecer a aqueles que o apoiaron, o servilismo interesado de moitos membros da camarilla, a podremia de moitos dos membros da denominada alta sociedade coruñesa e galega que non deixan de ser máis que uns miserables. O que eles queren, como neofranquistas que son, como descendentes ideolóxicos dos que cometeron as atrocidades que xeraron o espolio do Pazo e de moitos dos bens contidos nel, é que as futuras xeracións descoñezan a historia pasada, e que non saiban que eles, os que hoxe gobernan a Xunta de Galicia, foron cómplices moi activos durante moitos anos dos que para nada querían que o Pazo de Meirás fora devolto aos seus lexítimos propietarios. Pero, amais e polo que lles toca, tamén queren ser os que pinchen e corten o bacallau nesa deturpación da historia e no branqueamento da ditadura franquista; facer o que eles estimen co Pazo. En principio falan de dedicarllo ao coñecemento de dona Emilia Pardo Bazán prioritariamente. E cando estes sen vergoña falan de “prioritariamente” están a falar de que do resto se esquecen.

É mais que merecido que dona Emilia Pardo Bazán teña un lugar destacado na vida futura do Pazo; unha insigne escritora e unha muller que no seu tempo loitou porque non por ser muller se desprezara a valía das persoas. Que remou contra corrente nun mundo machista, apuntando ideas socialmente avanzadas par a súa época e vilipendiada por elo. Merece, desde logo, un lugar destacado no pazo que foi a súa residencia familiar e onde está -pese a todo- unha parte importante da súa biblioteca. Pero non porque o digan os que ata agora nunca se lembraron dela; e tampouco para ser usada de ariete contra a memoria democrática e antifranquista, que é o que parecen querer Núñez Feijóo, o seu Conselleiro de Cultura e Educación e o resto da tropa neofranquista do Partido Popular. (Para coñecer ben por onde respira o citado conselleiro e facerse unha idea do que é, e de cal é a súa función real no goberno galego, non hai máis que escoitar a entrevista que a semana pasada fixéronlle na Cadena SER de Galicia, sobre todo nas súas declaracións arredor do uso do galego e a desaparición do castelán na Galiza; iso si, blíndense contra a vergoña allea).

O Pazo é un ben público e no patrimonio público debe permanecer. Pertence ao pobo e, como tal, debe ser xestionado por un organismo autónomo popular no que estean presentes, coma mínimo, representantes do Concello de Sada, da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e das Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica; e estar dedicado, por unha banda e prioritariamente, a dar a coñecer a barbarie do fascismo e do franquismo e, por outra, a dar a coñecer a obra política e literaria de dona Emilia Pardo Bazán. Esa é a miña opción; porque deixala nas mans dunha soa institución podería dar lugar a un uso partidista e nada democrática do Pazo de Meirás, como acontece na actualidade xa coa Illa de San Simón en Redondela, na que a xestión practicada pola Xunta de Galicia que preside Núñez Feijóo no nome do Partido Popular está a virar o contido e a tentar que a sociedade se esqueza de que ese paraxe foi unha cruel prisión contra os demócratas, nas que actuaron impunemente os represores militares e falanxistas contra os que defendían a legalidade escollida pola maioría da poboación, alí encarcerados nos anos 1936 e seguintes. Queren convertelo nunha sala de concertos ao ar libre e de excursións marítimas para turistas.

Se imaxinan vostedes que Núñez Feijóo ou calquera outro dos neofranquistas do seu partido puideran facer e desfacer ao seu antollo no Pazo de Meirás? 

Notas.-

1     Eu, persoalmente, sitúo a fin da ditadura franquista non na data da morte de Franco, senón na data na que a cidadanía do Estado Español puido escoller ás persoas (nas eleccións de xuño de 1977) que a representaran ao Parlamento que posteriormente aprobou a vixente constitución de 1978.

2       Cando a ignorancia dos usuarios de certos bens valiosos e moi grande, ocorren cousas coma esta; pero claro, iso son as consecuencias de vivir toda a vida do conto, na ignorancia cultural e nas aparencias , como parece que ten feito a inmensa maioría da funesta familia.

3      BABÍO URKIDI, Carlos e PÉREZ LORENZO, Manuel: Meirás (un pazo /un caudillo / un espolio). Edición: Fundación Galiza Sempre, 2017.

4     Os fundadores de Alianza Popular (base do actual Partido Popular) foron varios franquistas significados, implicados ata as trancas nos gobernos e na ideoloxía do réxime de criminais ao servizo dunha oligarquía creada cos despoxos da guerra civil española; os máis destacados destes elementos foron: Fraga Iribarne (ex ministro de Franco, ideólogo da transición desde o franquismo e fascista contumáz), José María de Areilza (monárquico tradicionalista e franquista), López Rodó (tecnócrata do Opus Dei, fascista e ex-ministro de Franco), Federico Silva Muñóz (membro de Acción Católica de Propagandistas -unha das cotas nacionalcatolicas do franquismo- ex-ministro de Franco e ultradereitista declarado), e Gonzalo Fernández de la Mora (un dos principais ideólogos dos últimos tempos do falangismo, autor dun opúsculo fascista que leva por título “El crepúsculo de las ideologías” e outras numerosas obras de carácter fascista e confesional; a súa ideoloxía extremo ultra dereitista levouno a abandoar AP, xunto con Silva Muñóz, cando este partido apoiou a Constitución de 1978)

02 novembro 2020

Os fascistas atentan contra os que eles xa asasinaron

 Leo hoxe no xornal e no Facebook da Asociación Cultural pola Memoria Histórica 28 de agosto que na noite pasada uns vándalos fascistas, que deixaron sinatura da banda fascista VOX (esa que se presenta a si mesma coma un partido político e que ten deputados no Congreso), atentaron contra o monolito erixido na Portela de Cangas do Morrazo na lembranza dos denominados Mártires de Anguieiro, asasinados o 28 de agosto de 1936 por correlixionarios ideolóxicos dos que na actualidade atentaron con pintura verde (as cores de Vox) contra mencionado monolito.

Tiñan que ser eles, os fascistas, os que impunemente atentan contra todo o que lles cheira a liberdade e democracia, os mesmos que impulsan movementos violentos dos negacionistas da existencia dunha pandemia. Eses aos que quen debería deter ou polo menos identificar e poñer ao dispor da xustiza deixa que campen ás súas anchas, por moito que en numerosas ocasións estean asociados e identificados como protagonistas de ataques violentos contra persoas ou movementos que demandan pacificamente as liberdades ou os dereitos que eles queren negar a toda a sociedade; e fanno porque no fondo (e na superficie) son coma eles. Son os mesmos que, en todos os países do mundo, cando discorre unha manifestación legal que é atacada por elementos fascistas diante dos seus ollos non mandan deter e identificar aos atacantes senón que as toman contra os atacados. Son o lixo da sociedade; un lixo que se alía co máis depreciable que pode ter a persoa: negar a liberdade dos que non pensan coma eles.

Os que atentaron en Cangas contra o monolito son evidentemente violentos, como o foron os seus antepasados ideolóxicos que asasinaron impunemente (coa colaboración -cando non participantes activos- de xuices, militares e gardas civís) a milleiros de persoas polo simple feito de defender a legalidade ou expresar libremente ideas contrarias ás dos asasinos. Porque asasinos é o único cualificativo que merecen. Como cualificaría un xuíz a unha persoa que premeditadamente dispara coas súas armas e mata a outra que pacificamente realiza a súa vida ou a quen atraca un establecemento armado e hai mortes? Loxicamente cualificaría de asasina. E os que se levantaron en armas contra a legalidade, así como os seus cómplices, co resultado de milleiros de mortos non poden ser cualificados doutra forma distinta que a de asasinos. E cando eses asasinatos masivos teñen a súa base nas diferenzas nas formas de pensar ou por motivos étnicos reciben o nome de xenocidios

E os que hoxe atentan contra a memoria democrática e quen os ampara non están moi lonxe de ser coma aqueles aos que sen dúbida cualificamos coma xenocidas e asasinos. E esa é a súa potencialidade: ser, coma os seus antepasados ideolóxicos, uns asasinos xenocidas.

Nota.- 

A foto está tomada do facebook da Asociación Cultural da Memoria Histórica 28 de Agosto, de Cangas, e posteriormente tratada.

27 outubro 2020

Sen as vosas traballadoras e os vosos traballadores non sodes ninguén!

 Chamábame a atención despois do confinamento obrigatorio de marzo pasado todos os pallasos e pallasas (no senso máis despectivo no que se poida utilizar o termo) que amosaban a súa concordancia en que grazas ao funcionamento nese período dos traballos máis estigmatizados e infravalorados socialmente (limpeza pública e de edificios públicos e privados, persoal de caixa e de reposición dos supermercados, transportistas, repartidores e repartidoras a domicilio de distintas empresas e sectores, “riders”, etc.) a sociedade puidera saír adiante; que foran eses traballadores e esas traballadoras as que realmente fixeran saír adiante a sociedade e co seu labor acadaran que esta non crebara. O mesmo, aínda que con outro nivel de valoración social ben diferente, os profesionais da saúde. E as louvanzas eran constantes para todas e a todos os profesionais realizadores de traballos infravalorados que arriscando a súa saúde estiveron sacándonos as castañas do lume mentres tiñamos que estar confinados nos nosos domicilios, traballadores e traballadoras sen os cales moitos de nós non poderiamos facer un algo de vida. Eses pallasos e pallasas das que falo, agora están máis que calados e caladas.

Comentaristas radiofónicos, xornalistas de prensa escrita, empresarios e empresarias, políticos de diferente signo e caste, etc. todo díos falando marabillas dos e das varredoras, dos e das limpadoras, dos chamados “riders”. Incluso empresarios do ramo da distribución alimentaria falando marabillas das e dos caixeiros dos supermercados que arriscaban a súa vida e saúde atendendo á clientela sen apenas ou sen ningún (polo menos nas primeiras semanas) medio de protección proporcionado polas empresas, moitas das cales non o facían porque “producía un mal efecto” entre os e as compradoras. Necios e hipócritas, vamos; ademais de impresentables e cabróns. Ata os empresarios voceiros dos outros que realmente dirixen o cotarro non amosaban claramente o seu desacordo en que houbera que pechar todo tipo de actividade das que lles proporcionan máis dividendos e fondos que desviar cara a paraísos fiscais.

A miña experiencia máis próxima: a compra doméstica.

Eu, daquela, teño escrito vía “contacto web”, como mínimo, a dúas grandes empresas de distribución en alimentación queixándome da falla de elementos de protección dos seus empregados e das súas empregadas, e ata o de agora nin unha mínima resposta; e iso que no seu “contacto web” todas elas prometían unha rápida contestación. Isto sucedeu aproximadamente ás dúas semanas de terse decretado o confinamento de marzo e aínda noutras dúas semanas ou tres non se viron elementos de protección dos empregados e empregadas deses establecementos; nin sequera unha mísera mascara protectora. Evidentemente, eses patronos o único no que pensaban era en si mesmos, en como encher aínda máis a súa faltriqueira, aínda que iso supuxera problemas da saúde aos seus traballadores e ás súas traballadoras, amais da clientela. Unha proba clara desta afirmación foi a xeneralizada suba de prezos dos produtos alimentarios e domésticos que eses “desinteresados” empresarios aplicaron aos seus produtos en fresco durante esa época, mentres agricultores, mariñeiros e gandeiros queixábanse da baixada de prezos que eles percibían polos produtos que tanto suor e esforzo custáralles acadar. Especuladores, non empresarios nin persoas preocupadas polo benestar social en épocas de crise. Xentalla sen principios aos que eu, sen compaixón, metería na cadea xunto cos seus leais cans con aparencia de persoa que non fan máis que lamberlle os cus.

Unha mostra da pouca intención de servizo á sociedade amosada por estes elementos veuse no tema dos pedidos para reparto domiciliario, cunha alta demora da entrega, incluso máis dun mes chegaron a avisarme que se demoraría un pedido de alimentación realizado por min. Como é lóxico considereino una tomadura de pelo e anuleino (amais de que, por sorte,eu aliméntome todos os días e un mes...). Coas facilidades de contratación que existen neste país para favorecer ao empresariado, e coa cantidade de persoas que se quedaron co cu ao ar por desempeñar traballos nos que non estaban dadas de alta na Seguridade Social, e se realmente -como moitos deles dicían- pensaban en facilitarlle a vida á sociedade e á súa clientela, non lles resultaría máis doado contratar máis repartidores e alugar máis furgonetas para facer fronte a ese número crecente de pedidos domiciliarios? Eu coido que si, máis tamén coido que ese tan traído e levado discurso que o empresariado se gasta “de servizo á sociedade” dino coa boca pequena, que o que realmente lle interesa é encher as súas caixas. A saúde da sociedade, dos seus traballadores e das súas traballadoras, así como a dos seus clientes actuais, impórtalle un carallo.

E imaxino que coma min pasaríalle a outras moitas persoas. E supoño que o sector da alimentación non sería o único, senón que moitos máis sectores veríanse na mesma tesitura. De feito os sindicatos que de verdade representan ás traballadoras e aos traballadores teñen denunciado multitude de despedimentos e accións ilegais por parte de empresarios sen escrúpulos. Así como ONGs que atenden a persoas procedentes da economía somerxida denunciaron multitude de casos de traballadores e traballadoras privadas dos seus traballos ou abusadas neles sen contemplacións e sen ningún tipo de compensación por parte dos seus empregadores; incluso postas, literalmente, na rúa, sen lugar onde acubillarse.

A volta ao traballo e a “nova normalidade”. Amos e cans na procura dos cartos perdidos.

Pasado o período de confinamento case estrito, veu a mal chamada “nova normalidade”. No mundo do traballo as contradicións de clase manifestadas neste intre entre empresariado e traballo arredor dos elementos de protección que as empresas deberían proporcionar aos seus traballadores e traballadoras e as distancias a manter durante o proceso de traballo. Empresariado e cans a tentar de incrementar os volumes de beneficios dos primeiros aínda a costa da saúde dos seus e das súas empregadas; estes últimos, loxicamente, querendo defender a saúde propia e a das persoas coas que conviven nos seus fogares. Ao final, aínda que a regañadentes, parece que houbo acordo de mínimos. Iso si, sen que iso supuxera a desaparición dos abusos realizados por multitude de empresarios e empresarias sobre os seus traballadores e traballadoras, sobre todo naqueles sectores menos sindicalizados.

O que parece unha contradición é que as organizacións empresariais coincidiran coa demanda social de prorrogar os ERTEs ata o mes de decembro. Pero non o é tanto; non sería de recibo para a sociedade que o empresariado estivera a solicitar toda caste de axudas e apoios gobernamentais para as empresas e non dixeran nada en prol dos que realmente son imprescindibles para manter as súas tramas produtivas e xerar a riqueza da que eles se apropian (co beneplácito das leis, claro; aínda que non sempre). Amais, total quen paga é o Estado; e facendo as contas do empresariado:

Sendo:

T= Impostos que pago; CS= Cotizacións sociais que deixo de pagar; RT= Rebaixas noutras taxas e impostos; AD= Axudas directas das administracións; AI= Axudas indirectas das administracións; (W)= Salarios que me aforro; RF= Rebaixas futuras de impostos e taxas

Teremos que:

T – CS -RT + AD + AI – W + RF > 0

É dicir, a eles o empresariado o custo real da crise sáelle a conta. O único que perden son os beneficios que lles proporcionaría o poder explotar máis aos seus traballadores e traballadoras, é dicir o seu custo de oportunidade.

Por suposto que non inclúo neste saco a moitos pequenos empresarios autónomos, que terán que pechar os seus negocios coma consecuencia desta crise. O cal será proveitoso para o empresariado podente, ese que se sinte representado pola CEOE e pola CEPYME, porque alguén se fará co nicho de mercado que queda baleiro, alguén con poderío económico.

Por outra parte, saben os empresarios e empresarias con poderío que esa situación non pode persistir eternamente, nin que poden levar ao traste con todo o pequeno e mediano empresariado, e tampouco deixar moreas de traballadores e traballadoras na rúa, sen medios de subsistencia. Teñen claro que se fan iso estarían a cavar a súa propia tumba coma clase, que a sociedade saltaría en mil cachos e non se sabería en que podería rematar. De aí as queixas dos representantes dos grandes empresarios cara ao toque de queda desde as 11 da noite; non é que defendan aos hostaleiros, agás grandes cadeas de hoteis e de xantares-lixo; é que non queren perder aliados se a sociedade rebenta. Saben que todas as armas de carácter legal e institucional das que o réxime os ten dotados para a protección do seu sistema non se sabería como poderían resultar, sobre todo as formadas por persoas de orixe humilde, se a sociedade salta polo ar; que os partidos nazis e fascistas que eles manteñen coma arma de reserva para o caso de fallarlle o control institucional tamén son susceptibles (dados os personaxes que as lideran) de non servir para aquilo que as crearon ou de servirlles temporalmente.

Obxectivo: explotar ás persoas sen miramentos.

Pero sobre todo, a toda costa e sexa coma sexa, sen miramentos e sen contemplacións, agora o que queren e ter traballadores e traballadoras que xeren a riqueza da que eles se apropian. A riqueza que lles permite ter casa aquí, casa alí e casa acolá; a riqueza que mantén tres ou catro coches de alta gama e que lles permite tirar de tarxeta dourada onde e como queren; a riqueza que permite aos seus vasalos políticos e aos seus cans disfrazados de persoas chalés e trens de vida difíciles de manter; riqueza que lles permita financiar a partidos políticos corruptos que lles permitan usar as institucións e o erario público como medio de enriquecemento. Non importa que a eses traballadores e a esas traballadoras se lle paguen salarios de miseria, non importa tampouco que non cheguen a fin de mes ou que teñan contratos irregulares ou ningún; nin sequera impórtalles que eses traballadores e traballadoras e as súas familias teñan que durmir debaixo dunha ponte porque non poden pagar un alugueiro ou porque outros empresarios os expulsaron do seu fogar por calquera motivo co obxecto de especular. A eses empresarios, que son moitos, só lles importan eles. Eu poñeríaos a comer eses billetes ou eses coches, barcos e xoias que queren acumular e que dan, o de cada un deles, para vivir milleiros de vidas

Conclusión: por moito que teñades sodes lixo.

E todos os empresarios saben perfectamente que sen os traballadores eles non son ninguén. E por se non o saben dígollo eu. Empresarios, empresarias, de calquera caste e sector: vos sen traballadores e traballadoras non sodes ninguén; sen eles sodes lixo; e canto máis grandes sodes, máis monte de lixo.

Xa se amosou nesta pandemia.

02 setembro 2020

Un candidato sen vergoña, incompetente e inutil

          Fica claro que o título refírese ao candidato á Presidencia da Xunta de Galicia que onte presentou a súa candidatura no Parlamento de Galicia no que hoxe vai facer valer a maioría absoluta do partido que el mesmo preside na Galiza, o filofranquista Partido Popular. 

          Non escoitei toda a presentación do seu discurso de investidura máis si me informei por medios de comunicación fiables do que o señor Núñez Feijóo tivo a ben comunicar ao conxunto dos parlamentarios e das parlamentarias presentes na cámara galega (prescindo, coma sempre, de TVG, RG, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Región, El Progreso e cousas polo estilo, que como xa teño dito máis dunha vez non gozan da miña confianza como medios para recibir información fiable).

          Polo lido ou escoitado nos diferentes medios aos que dou fiabilidade, cos que non necesariamente comparto a súa liña editorial pero que diferencian entre información e propaganda, Feijóo unha vez máis seguíu na súa liña de ofrecer fumo, cargar a outros cos seus propios males, volver ofrecer aquilo que leva dez anos ofrecendo e nunca fixo e renunciar a exercer as competencias que a Constitución Española vixente e o Estatuto de Galicia lle confiren coma exclusivas. 

          En primeiro lugar imos destacar o que xa o Partido Popular estatal e el mesmo levan facendo desde tempos inmemoriais. O primeiro que fai é cargar contra o goberno central por non centralizar medidas para combater a pandemia do coronavirus. Erre que erre. Que si as políticas do ensino eran diferentes segundo que comunidade autónoma, que si o Mº de Educación non exercía dirección común, que si... Hai que dicir que Núñez Feijóo, como político é un verdadeiro sen vergoña; e que como presidente dunha comunidade autónoma é un verdadeiro inutil e incompetente. 

          Por que é un sen vergoña? Porque mentres o goberno central exercía mellor ou peor, durante o estado de alarma e o confinamento, a dirección centralizada da loita contra o COVID-19 baixo un mando único para todo o Estado, Núñez Feijóo e o resto dos presidentes autonómicos do Partido Popular botaban chispas queixándose de que lles secuestraban as súas competencias. Na desescalada Núñez Feijóo e os demais filofranquistas territoriais solicitaban que se lles devolveran canto antes as competencias (cos resultados que xa todos estamos a ver na actualidade). Cando desde Madrid, a petición de don Alberto "el epidemiólogo mayor" como lle chama algún xornalista galego , puxeron a Galiza en posesión de todas as súas competencias, o daquela Presidente de Galiza e agora Presidente en funcións, á primeira que apareceu algunha dificultade botou a responsabilidade de controlar a mesma sobre os alcaldes, renunciando a dirixir desde a Xunta de Galicia a loita contra os problemas xurdidos na Mariña luguesa, seguindo el alegremente coa súa campaña electoral xa comezada no mes de marzo de 2020 e botándo os seus propios piollos sobre as costas duns rexedores locais sen orzamentos nin medios para controlar calquera medida real que puideran tomar. E a unha persoa que bota as cargas da súa responsabilidade sobre as demais só cabe cualificala, como mínimo, de sen vergoña.

          Por que é un inutil e un incompetente? Cando a pandemia volve a facerse forte na Galiza, coincidindo co inicio do curso escolar, o señor renuncia de facto ás súas competencias exclusivas e pretende facer culpable da súa ineficiencia e incompetencia para dirixir a Galiza a o goberno central. Aí temos unha consellería, a de educación, totalmente ineficiente; que pasa de cumprir os acordos que a súa propia titular asinara en xuño co goberno central e a maioría das comunidades autónomas do Estado, á que o da distancia de metro e medio mínimo entre alumnos na aulas e á que reducir os rateos alumnos-profesor non lle vai, unha persoa que di publicamente que non hai aulas para cumprir o que en xuño asinou... e todo porque non quer contratar máis profesorado nin dotar de medios tecnolíoxicos a docentes e a discentes ou implementar aulas prefabricadas alí onde efectivamente non é posible ter máis espazos que converter en aula. Mira ti que tivo tempo desde xuño a hoxe! Ou máis, porque calquera persoa por moi pouco avezada que sexa tiña que ter craro que no curso 2020-21 habería que tomar medidas que se distanciaran das que ata marzo pasado eran normalidade. Todo isto coa aquiescencia, o coa orde, de Núñez Feijóo ao que parece que a súa competencia exclusiva sobre educación quéimalle nas mans, que é incapáz de exercela e asumir as súas reponsabilidades. O mesmo pasa coa sanidade. Conclusión: é un incompetente e un inutil para dirixir Galiza (e coido que para exercer calquera cargo de responsabilidade de caracter público) Porque a unha persoa que é incapáz de facerse responsable do que dela depende os mínimos cualificativos que se lle poden atribuír son os de inútil e incompetente.

          Parece que no discurso de investidura de onte, o aspirante á titularidade da Presidencia da Xunta de Galicia, a dicir dun xornal ao que considero fiable, ao parecer fixo 20 promesas das que imos destacar algunha delas, porque teñen moita miga; non tanto polo que nelas se propón senón polo que falta ou polo peculiar das mesmas.

           A primeira que me chama a atención é a seguinte: reformular o Xacobeo 2021 para que sexa unha "ferramenta económica" na que a Comunidade poida "apoiarse". De entre todas as 20 promesas é a única que fai referencia á economía. Nun país con grandes problemas no sector naval, no que empresas do sector da automoción deslocalízanse ao norte de Portugal por falla de chan industrial para establecerse ou para abaratar o custo da man de obra (moitas veces empresas rendibles que teñen recibido moreas de cartos en subvencións públicas e ás que non se lle piden contas), cun problema moi grande na Mariña luguesa e nos lugares nos que Alcoa ten instalacións, con grandes problemas para o sector pesqueiro tanto de altura como de baixura, cun sector cultural que está a sufrir un descalabro monumental derivado das medidas tomadas pola propia Xunta (que se ven están sendo ineficaces) de cara a combater a pandemia,... e así poderiamos seguir ata o infinito. E a el, ao señor Feijóo, o único que lle interesa da economía é o Xacobeo. Manda carallo!

          Hai outra que da medo, por non dicir pánico: finalizar a "renovación integral" do Servizo Galego de Saúde como "absoluta prioridade" do mandato. E digo que da medo porque se é totalmente intolerable a situación á que os distintos gobernos de Núñez Feijóo levaron a sanidade pública, tanto na atención primaria como na atención especializada e hospitalaria. Que é o que van finalizar? Acaso van poñer nas mans de empresas que viven a conta da mala saúde dos cidadáns toda a estrutura sanitaria pública galega? Supoño que si, que ese é o obxectivo prioritario de Núñez Feijóo no eido da sanidade. Como diría un crente: que Deus nos colla confesados.

          Como ten que contentar á parroquia no tema do coronavirus, e como tanto el como a súa administración sanitaria estanse a mostrar incapaces e incompetentes para facer fronte á pandemia por fan outra "promesa": Implantar un novo sistema de test masivos a partir de mostras de saliva. Que polo que din moitos entendidos no tema ese tipo de test aínda son menos fiabeis que os serolóxicos, son test que teñen un alto índice tanto de falsos negativos coo de falsos positivos. A min lémbranme aqueles test masivos que "en paralelo" ao realizado no mes de xuño pasado polo Mº de Sanidade fixeron desde a Xunta de Galicia en plena campaña electoral, uns test masivos que os entendidos no tema cualificaron como pouco serios e coma inservibles. Non estamos en campaña electoral, só campaña de acoso e derribo do goberno central, así que xa nos esqueceremos desa boutade salivar coa que nos quer amenizar Feijóo a pandemia. 

          Tamén me chama a atención, tanto polo enunciado como pola súa pouca concrección a seguinte: desenvolver o "maior" Plan de Saúde Mental da "historia" da autonomía. Tendo en conta o mal tratamento que ata o de agora os distintos gobernos do Partido Popular na Galiza teñen realizado coa saúde mental só se me ocorre unha pregunta: quereramos Feijóo volver tolas a todas as persoas que vivimos na Galiza? A que dan medo?

          Un protocolo de relación entre as residencias de maiores e a rede sanitaria pública; e nova normativa que regule as condicións de apertura e actividade dos xeriátricos di que vai facer. Lémbranse agora! Cando as residencias privadas privilexiadas polas políticas e os políticos do Partido Popular na Galiza volven a ser morredeiros de maiores. Nada fixeron desde o fin da desescalada ata agora, por máis que familiares de usuarios dos citados establecementos e sindicatos de traballadoras esixiron a toma de medidas por parte da Consellería de Política Social. Volven a ser focos residencias xestionadas por Domus Vi e pola fundación do cura Moure. Seguen a aparecer problemas de COVID-19 nos establecementos residencias privados ou xestionados por empresas privadas. Impresentable. E ese señor que di ser e querer ser Presidente da Xunta de Galicia, que ten as competencias exclusivas sobre a xestión da dependencia e das políticas residenciais para maiores ao mesmo tempo que renuncia a exercelas e carga contra o goberno central ven dicindo que vai establecer unha nova normativa. A que andamos? Iso é, simplemente, incompetencia, inutilidade e oportunismo. E ao mesmo tempo di que, coa axuda que espera de Amancio Ortega, Galiza "contará coas sete mellores residencias de Europa" ; estará esperando, acaso, a que o presidente de Inditex lle quite as castañas do lume, como parece que xa fixo cos equipamentos hostpitalarios de diagnóstico do cancro? (e digo "parece" porque non teño confirmado que eses equipamentos estean xa nos hospitais públicos). E, supoñendo que se fan esas sete residencias "nas cidades máis importantes de Galicia", vainas xestionar directamente a administración pública dotandoas de medios e persoal suficiente ou vai pasar como está a ocorrir na actualidade cos equipos de diagnóstico axial computerizado que están a ser xestionados por fundacións de dubidosa utilidade? Poran nas mas do cura Moure ou de Domus Vi , ou doutras empresas da mesma ética e caste as supostas novas residencias?

          En fin, demostrado. Coma político podemos dicir que é un sen vergoña, un incompetente e un inútil o aspirante a presidir a Xunta de Galicia nos próximos catro anos.

O SAHARA: 50 ANOS DE DESPROPÓSITOS E OPRESIÓN

            Corría o mes de novembro do ano 1975, sendo ditador en funcións Juan Carlos de Borbón e Borbón (un mes máis tarde Juan Carlos I,...