Hai unha especie de suxeitos
que pululan polas escalas administrativas do Estado aos que os
círculos económicos denominan coma "tecos". Levan
xestionando a economía española desde aqueles tempos nos que o
ditador Franco declarou aberto (inaugurou, vamos, que ese home
inauguraba todo, desde pantanos ata piscinas) o que denominou Plan
de Estabilización, que non era outra cousa que poñer España
aos ditados económicos das multinacionais estranxeiras para que
estas puideran estabelecerse ás súas anchas pola xeografía
española e puideran aproveitarse e explotar, tamén ás súas
anchas, unha forza de traballo con escasas perspectivas de ocupación
laboral naquel intre. Todo elo en arás a lograr un blanqueo
internacional da ditadura fascista. Aquelas perspectivas supoñían
unha condena para os traballadores e traballadoras do Estado Español
a deixarse explotar na emigración ao amparo dos distintos Plans
Marshall estabelecidos en diferentes países da Europa ao amparo dos
acordos entre o réxime franquista e os aliados europeos e
americanos, especialmente Francia e Alemania, destinos preferentes e
forzados da man de obra española.
Non hai que dicir que estes
plans do goberno fascista español foron secundados e aprobados polos
mesmos gobernos que ao remate da II Guerra Mundial traizoaron aos
antifascistas españois negándose a invadir o territorio dominado
polos asasinos franquistas. Os mesmos gobernos que traizoaron, coa
actuación dos seus servizos secretos, á resistencia antifascista e
que entregaron atados de pes e mans á Garda Civil e ao exército
franquistas a aqueles homes e a aquelas mulleres que con diferentes
formas de actuar estaban dispostos a dar remate ao réxime terrorista
de Xeneral Franco.
Foi por aqueles tempos
cando Eisenhower, daquela presidente dos Estados Unidos e imbécil
como case todos os presidentes dese país, veu a Madrid para dar o
respaldo definitivo e internacional ao réxime dos asasinos, cando
nas escolas nos repartiron litros e litros de leite (preparados con
leite en po, moitos deles feitos con pos caducados ou en mal estado
procedentes dos excedentes do exército americano) e cando, por riba,
nos levaban desde as escolas ás salas de proxección a ver brodios
como "Raza" ou a outra fascistada da que xa non me lembro o
seu título, coa única finalidade de empaparnos e contaminarnos coa
ideoloxía fascista. Por desgracia para eles e sorte para o país, a
contaminación non se estendeu tanto como eles pretendían. Aínda
que si impregnou os comportamentos económicos e sociais dos
empresarios españois (non podemos esquecer que nas alicerces da
maioría das empresas que hoxe forman o IBEX-35 está a corrupción,
os asasinatos e a explotación realizada manu
militari baixo o franquismo) que no básico
aínda hoxe persisten, como se demostra nos diferentes procesos por
corrupción nos que está inmerso o Partido Popular.
Este ambiente creado polo
franquismo económico deu os seus froitos, creou escola. Moitos xoves
de clases acomodadas (franquistas case todos, hai que sinalar) que se
incorporaron aos estudos de economía nas diferentes universidades
españolas, aspiraban a facelo como os xestores do Plan de
Estabilización franquista. Posteriormente, na seguinte xeración (e
xa non todos e todas fillos e fillas das clases acomodadas) esas
aspiracións de moitos estudantes de economía, incluso da miña
promoción e seguintes, moitos deles forxados na loita antifascista e
con ansias de liberdade, seguiron a mesma orientación. Teño
que confesar que eu mesmo sentinme tentado en facer algún MBA nunha
escola de negocios ao rematar a carreira; afortunadamente non o
puiden facer, non tiña os cartos que se necesitaban nin vivía nunha
cidade na que non tivera que pagar hospedaxe; daquela deume pena,
máis vistas as cousas con perspectiva e atendendo ao que maiormente
saíu deses sitios pronto alegreime de non ser economicamente
podente.
Pois ben, de forma persoal
ou ao través da deformación ideolóxica recibida nesas escolas
especiais, moitas desas persoas convertéronse en administradores e
administradoras dos intereses do gran capital. Uns fixérono
incorporándose ao sistema financeiro ou ás grandes empresas
herdeiras do franquismo económico e político; outros fixérono
mediante a súa incorporación vía oposicións a corpos técnicos ou
xurídicos do Estado. Entre eles están os famosos "tecos",
os Técnicos Comerciales y Económistas do Estado, que na práctica a
min paréceme que non son máis que xestores dos intereses do gran
capital que operan desde o interior das instancias estatais.
A min sempre me asaltou unha
dúbida sobre estas persoas "tecos". Realmente saben
economía e adoitan solucións persoais e distintas diante de cada
problema e axustados a cada momento ou actúan por esquemas
automáticos aprendidos nas escolas de negocios ou nos apuntamentos
cos que pasaron as oposicións? Non o sei, é un interrogante que por
máis que o penso nunca dou resolto. "Tecos" famosos son,
ou foron, Fuentes Quintana, Guillermo de la Dehesa, Miguel Angel
Fernández Ordoñez (MAFO), Luís de Guindos, Pedro Solbes, Luís
Gámir, José Manuel Soria, Álvaro Nadal, Jordi Sevilla ou Nadia
Calviño, actual vicepresidenta e ministra de Economía do Goberno de
Pedro Sánchez. Moitos deles forxados ao abeiro do Plan de
Estabilización de 1959 baixo o amparo dos tecnócratas Opus Dei.
Como podedes ver, hai unha teórica variedade e diversidade
ideolóxica entre eles; a práctica desminte tal impresión.
Unha característica común
a todos eles é que as solucións que aportaron aos diferentes
aspectos da economía española sempre foron axeitadas aos esquemas
de comportamento dos manuais dos gurús do capitalismo, e tenderon a
favorecer, en maior ou menor grado, os intereses do gran capital e
dos grandes empresarios, aínda a costa dos dereitos e do
empobrecemento de gran parte dos traballadores e traballadoras. E
seguen, polo que vemos nos comportamentos e reaccións de Nadia
Calviño e do seu equipo, como vimos antes en Solbes ou en de
Guindos. Pode ser que a crudeza das solucións sexa maior nos
declarados como políticos "tecos" de dereitas (para iso
son e para iso os contrata o capital), pero non son moi diferentes
nin as solucións que achegan, nin as consecuencias dos seus actos
son moi distintas das que achegan os políticos "tecos" que
se declaran de esquerda ou socialdemócratas. Outra das súas
características e que, cando tocan ministerio ou posto clave, sempre
se arrodean doutros "tecos" nas direccións xerais ou
subdireccións xerais que teñen o mesmo patrón de actuación e que
proceden de escolas económicas iguais ou similares. E dicir,
solucións ao servizo do gran capital e da supervivencia, a calquera
prezo, deste corrompido e corruptor sistema económico que se chama
capitalismo (ou "economía de mercado", se o prefiren).
E a que ven toda esta
perorata? Pois a conto do que desde onte está nos medios: o pacto
entre PSOE, Podemos e Bildu para derrogar a reforma laboral do
Partido Popular. Esa reforma que é un cancro para a clase obreira
pero que supón un instrumento que teñen os empresarios para aplicar
políticas salvaxes con tal de protexer os seus beneficios. Iso aínda
que teñan reservas de sobra para facer fronte a un período de vacas
fracas. Pero non, os empresarios queren seguir a desfrutar e
incrementar os seus beneficios e o seu benestar persoal aínda a
costa de empobrecer, precarizar, facer sufrir e facer pasar fame á
clase obreira e aos pequenos e medianos empresarios (aos reais, nos
aos que defende CEPYME). E, por desgraza, co que parece ás veces
colaboración activa dos dous sindicatos estatais CC.OO. e UGT. que
pactan continuamente contra os intereses dos traballadores e ao son
do que lles marca o capital, incluso impedindo que maiorías de
traballadores de comunidades autónomas onde outros sindicatos máis
reivindicativos son maioritarios participen nos procesos negociadores
de ámbito estatal.
En todo este balbordo, polo
que parece, van saír gañando os grandes empresarios. Co decidido
apoio de Nadia Calviño, apoiada polo gran capital e polos seus
servidores desde dentro do PSOE e coa pusilanimidade dos sectores
máis sociais do PSOE. E por riba coas bendicións de CC.OO. e UGT.
Como xa ten pasado con
Solbes e Jordi Sevilla desde os ministerios, con De La Dehesa e MAFO
desde as direccións xerais e/ou o Banco de España e, agora, con Calviño desde o
ministerios e as direccións xerais, os "tecos" cumpren a
súa función de administradores dos intereses do gran capital. Son
un virus tan asentado no PSOE que ten como efecto que nunca ese
partido cumpra coas súas promesas electorais de carácter máis
social e redistributivo, que xa de por si son bastante tibias. O que
non fai máis que afianzar a miña idea, expresada en moitas
ocasións, de que o PSOE non é de fiar; está demasiado implicado na
defensa do capitalismo e da burguesía como para adoitar medidas
tendentes a acadar unha maior igualdade e xustiza social entre as
persoas.
Poñemos
aquí a segunda parte do artigo que leva por título «Galiza:
eleccións e “fodechinchos” segundo Feijóo».
Poderiamos ter titulado esta parte como «A
campaña electoral e o perigo dos “fodechinchos” segundo Núñez
Feijóo»,
pero
imos manter o título orixinal.
Campaña
electoral
Descartada
xa a mobilidade provincial nas Fases Cero e Un, volve Núñez Feijóo
(xa coas eleccións convocadas) á carga co tema e solicita para o
comezo da Fase 2. É moi posible que a concedan. Posiblemente o pacto
acadado entre Goberno central e PNV para acadar apoios ás políticas
de desescalada teña algún aspecto deste tipo. Non esquezamos que o
goberno vasco tamén ten convocadas eleccións para o mesmo día que
o noso presidente vernáculo; e a dereita vasca tamén necesitará
mover aos seus peóns electorais.
Falamos
na primeira parte de como Feijóo retorce ata estrangular as
conclusións dos principais epidemiólogos de Galiza para axeitar os
perigos de extensión e de reactivación da pandemia do COVID-19 aos
seus desexos electorais. E cando falo dos principais epidemiólogos
do país, non me refiro ao que a Consellería de Sanidade e o noso
presidente vernáculo chaman “equipo de expertos”. A min os
xerentes de áreas de xestión sanitaria, xerentes de SERGAS, xefes
de servizo nomeados a dedo e toda a caste de xente que pode estar aí
escollida a dedo pola súa fidelidade política ou polo seu
comportamento “obediente” non me ofrece ningunha confianza. É
dicir, a mesma confianza que me ofrece Núñez Feijóo ou La Voz de
Galicia.
Pero
si lemos en distintos medios que os expertos non lle dan a razón ao
actual presidente da Xunta de Galicia. Así o doutor Enrique Míguez,
xefe da unidade de infecciosas do CHUAC, di que se poden esperar
dous rebrotes da pandemia neste ano 2020, un “pequeno” nas
seguintes dúas semanas e un segundo “dunha amplitude non
predecible” cara a finais de xullo (Galicia
Confidencial, 13-05-2020).
Incluso
os informes que manexa o propio goberno de Galiza indican que a
previsible chegada masiva de turistas desde outros territorios nos
meses de xullo e agosto pode provocar un aumento da transmisión do
virus. Igualmente hai coincidencia entre numerosos especialistas en
que o sistema sanitario público está nunha situación de extrema
fraxilidade derivada “da pobreza á que se viu sometida nos últimos
anos” e que “a
precariedade, froito da privatización do sistema sanitario e a falta
de investimento en Atención Primaria colócanos agora nunha
situación de debilidade. As autoridades deberían entender que o
incremento da poboación nas zonas costeiras será importante e debe
ter preparado recursos
humanos e técnicos
para que o sistema de vixilancia e a capacidade asistencial
funcionen". (Fonte: Nós
Diario, 15 de maio de 2020)
Neste
senso, Núñez Feijóo, despois de retorcer os ditames dos
especialistas e de, incluso, dar información falsa sobre o número
de turistas que se achegan ás nosas costas nos meses de xullo,
agosto e setembro (contradicindo os datos feitos públicos polo
Instituto Galego de Estatística -IGE- di que setembro é o mes de
maior afluencia de visitantes e que por iso non pode levar as
eleccións a ese mes no que remata a lexislatura) conclúe que a súa
conveniencia electoral está en convocar as eleccións no mes de
xullo.
O
“perigo dos fodechinchos”.
Blindar Galiza.
Todos
os estudos realizados ata o momento sobre a transmisión na Galiza e
a orixe das cepas do COVID-19 presentes na Galiza conclúen que a súa
procedencia hai que situala alén dos límites do nosos territorio,
fundamentalmente na zona centro. Suponse, tamén, que foron as fins
de semana do 13 ao 15 de marzo e a do 19 ao 22 dese mesmo mes na que
a afluencia de visitantes á nosa terra serviu de vehículo
transmisor do virus. De feito, os galegos da costa eran conscientes
deste perigo, de aí a aparición e extensión polas redes sociais de
gráficos con connotacións negativas e lendas como a que aquí se
reproduce referidas aos turistas e visitantes.
Este
perigo
de transmisión, como manteñen os especialistas, é previsible tamén
nos meses de maior afluencia turística de xullo e agosto.
E nin Núñez Feijóo nin o responsable da Consellería de Sanidade
de Galiza se atreven a negalo. Nun
informe elaborado pola Consellaría de Sanidade, de cara a xustificar
unha convocatoria electoral non apropiada para a situación sanitaria
do país, indícase que "un
factor que pode alterar a situación de control da infección na
comunidade é a entrada múltiple de persoas procedentes doutros
territorios cun nivel de infección superior, que poden iniciar
cadeas que pasen desapercibidas nun inicio".
E que "durante
o mes de xullo o previsíbel aumento do contacto entre persoas,
produto da recuperación de actividades até o momento
restrinxidas e a posíbel entrada de persoas infectadas, co
incremento do número de viaxeiros, podería provocar unha suba da
transmisión do virus, que podería dar lugar, ao cabo de varias
semanas, a agrupación de casos en territorios concretos da Galiza
que obriguen a novas medidas de mitigación xa abandonadas".
E que as comarcas máis afectadas van ser as turísticas (fonte: Nós
Diario, 15-05-2020).
Aínda
asumindo
e afirmando Feijóo que a entrada masiva de turistas desde partes do
Estado fortemente afectadas pola pandemia é,
segundo as súas propias verbas, un
perigo que pode significar un rebrote da pandemia, é incapaz de
solicitar do Estado que blinde Galiza para evitar esa probabilidade
que, tamén, os distintos especialistas (ata os deles) dan como
certa.
Fica claro que o que lle interesa é a súa carreira política á
costa do que sexa; lonxe quedan os tempos de “como se van celebrar
unhas eleccións nunha situación de emerxencia sanitaria e estado de
alarma?”. Iso agora non importa; dirían eles, os peperos, que o
importante é favorecer aos seus amigos hostaleiros de grandes cadeas
para que fagan pingües negocios, de mimar aos pequenos propietarios
de vivendas turísticas e pequenos bares e restaurantes. Que iso é
un perigo en potencia? Cando se poña de manifesto xa eles contan con
ter a maioría absoluta no Parlamento Galego para seguir facendo
deste país un local de negocios a costa da destrución da súa
economía e da súa sociedade, como levan facendo anos e anos.
De
aí, tamén, as presas por convocar eleccións. O
tempo é o seu inimigo; canto máis tempo transcorra entre a fin do
estado de alarma e as eleccións galegas máis tempo vai ter a
cidadanía responsable e os medios de comunicación non comprados
polo poder para dar a coñecer todos os despropósitos cometidos
polos distintos gobernos de Núñez Feijóo
e en cuxa base se encontra a case totalidade das miserias e mortes
que hoxe asolan ao país por causa do coronavirus, sobre todo o
abandono do sistema sanitario público e do sistema de atención á
dependencia postos ambos ao dispor e mellor proveito de negociantes e
de políticos, moitos deles sen escrúpulos.
Se
queres ir á praia debes pedir a vez (e ter un Smartphone ou un
I-phone para poder facelo).
Unha
das colaboradoras máis “espelidas” do noso presidente vernáculo,
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dona Ángeles
Vázquez, tivo unha brillante idea para que a chegada masiva de
turistas nos meses xullo, agosto e setembro non supoña unha
ocupación das praias que poida provocar o non gardar distancias de
seguridade e xerar contaxios por masificación nas mesmas.
Supoño
que a estas alturas, pola chunga e cachondeo públicos provocados
pola idea, xa todos e todas estarán ao corrente da brillante e
rutilante idea de dona Ángeles: establecer unha aplicación
pola que os concellos, ao través da asignación de códigos QR, dean
turno para poder acceder aos centos de praias que Galiza ten
(e poñer en cada unha persoal para controlar que ninguén se coe,
claro).
Por
se non se lembran a lumieira produtora desta idea é a
mesma persoa que solicitou ao goberno central que retirara a
prohibición de efectuar desafiuzamentos durante o estado de alarma
para non impedir a dinamización do mercado de alugueiros;
ou
a mesma,
se mal non me lembro, que
falaba de indemnizar a Autopistas de Atlántico, S.A. polo descenso
no tráfico da autoestrada nas primeiras semáns do estado de alarma
coincidindo co confinamento e o paro produtivo.
Eu
non sei se esta persoa, amais de a propoñer ideas deste tipo, non se
dedicará a coleccionar esquinas ou a contar os farois que vai
atopando ao seu paso; non me estrañaría, é membro do equipo de
Núñez Feijóo.
Como
se van organizar as mesas electorais?
Outro
dos aspectos dos que Feijóo non quer falar é o de como se van
organizar as mesas electorais e os protocolos de votación en pleno
estado de alarma pola pandemia. Simplemente deixa nas man da Xunta
Electoral a organización do evento, sen dar máis alternativas que a
de intensificar o voto por correo.
En
definitiva serán as xuntas electorais locais ou provinciais e os
concellos quen deben organizar e dispoñer os recursos materiais e
humanos para que o proceso electoral poida levarse a cabo. Cantas
mesas ?, Onde? , Cantos electores e electoras por mesa?, Como
organizar as cabinas de votación para impedir contaxios? Como manter
o distanciamento social entre os membros das mesas electorais e entre
estes e os electores?, Como esixir a documentación aos votantes e
pasala de man en man? Que medidas sanitarias se adoitan para evitar
contaxios nos colexios electorais? Só
con ver este pequeno número de cuestións que aparecen a bote pronto
mostran a inoportunidade desta convocatoria electoral precipitada,
mostran que é unha convocatoria electoral ad
hoc,
a medida dos intereses de alguén concreto e non da maioría da
poboación galega.
Mais o goberno e o partido de Núñez Feijóo lávase as mans; o que
lles interesa é seguir a mangonear.
Como
unha primeira medida poderíase prohibir o traer o voto co sobre da
casa, obrigando a proverse del no colexio electoral no intre de ir
votar. Pero nin PSOE nin PP van admitir que unha das principais
formas de captación de voto, sobre todo aqueles procedentes do
carrexo de xente desde aldeas e residencias de maiores afíns.
O
voto por correo.
E
se hai unha participación masiva no voto por correo? Están as
oficinas postais capacitadas en medios e persoal para atender unha
masiva afluencia nunhas xestións que, por sinxelas que son, levan o
seu tempo entre entrega de impresos, xustificación de identidade,
materialización do depósito do voto en correos e hixienización de
todos e cada un dos sobres depositados? E posteriormente traslado en
tempo dos votos ao colexio electoral correspondente? Non esquezamos
que, segundo os sindicatos de correos, o colectivo de carteiros é un
dos máis afectados polos contaxios de COVID-19.
Igualmente,
a participación do voto por correo require a intervencións das
xuntas electorais provinciais. Recepción das solicitudes en papel
libre de virus (suponse) , comprobación de identidades, envío de
documentación aos solicitantes para que poidan exercer o seu voto,
mantemento da hixiene e desinfección de todo o papel que se move en
e durante o proceso. Iso require persoal. Hai persoal suficiente nas
xuntas electorais para acometer unha labor masiva no voto por correo?
Non esquezamos que nas últimas eleccións, debido a un breve aumento
no voto postal, as xuntas electorais tiveron que aumentar os prazos
para a entrega dos votos e documentacións.
Outro
aspecto do voto por correo, no caso de que se masifique, é o
referente ás mesas electorais presenciais. Este voto é o último
que se mete en urna, unha vez pechados os colexios electorais aos
votantes directos. No caso de que a afluencia presencial sexa mínima
ás urnas e a meirande parte dos electores e das electoras se decante
por utilizar os servizos postais pra exercer o seu dereito a voto que
vai pasar? a) Ao ter que estar os membros da mesa ata o remate da
xornada e despois abrir masivamente os sobres, clasificar, recontar e
cumprimentar toda a documentación; daranlle as tantas antes de
rematar o reconto?. b) Quen asegura aos carteiros que trasladan a
documentación ata as mesas e ás persoas que compoñen as mesmas que
esas documentacións, tanto no seu interior coma no seu exterior,
están perfectamente hixienizadas e desinfectadas e non supoñen
risco para a súa saúde?
Un
despropósito. Cóllase por onde se colla.
Fica
máis que claro que convocar unha eleccións con todas estas
limitacións e baixo a ameaza da extensión dunha pandemia da que non
se coñece case nada é unha temeridade, que sería mellor esperar
ata o mes de setembro no que parece que poida haber senón unha
vacina si un medicamento que axude a conter os efectos do coronavirus
(polo menos os máis nocivos).
E
se por mor dun repunte perigoso da pandemia non é posible convocar
no mes de setembro, cando tocaría por remate da lexislatura,
posiblemente estariamos diante dun novo estado de alarma e unha nova
xeira de confinamentos en maior ou menor grao polo que
automaticamente esas eleccións poderían volver ser adiadas unha vez
máis.
Hai
indicios
que nos din que as cousas non pintan tan ben na saúde do país como
desde hai algunhas semanas pretenden facernos crer o presidente
vernáculo e os seus escudeiros: Feijóo di non descartar o ter que
suspender o proceso electoral se houbera un rebrote dos contaxios.
Iso quer dicir nin sequera este e o seu partido teñen as cousas
claras sobre esta nova convocatoria electoral.
En
fin, o que diciamos antes: un
despropósito feito a medida dos intereses particulares dos
convocantes, dos intereses de Núñez Feijóo e do Partido Popular.
Sen esquecer os intereses das grandes empresas de hostalería cuxos
intereses antipopulares sempre representou o Partido Popular.
O
grave problema da información obxectiva na Galiza.
Eu
non sei como vostedes verán as cousas desde o punto de vista de
poder acceder a unha información independente, completa e obxectiva
a través dos chamados medios de comunicación. Medios que non
confundan a información coa opinión nin a información coa
propaganda; medios que non beneficien e potencien a unhas opcións
políticas sobre outras.
Eu
teño claro (e esta é unha opinión moi persoal que non ten porque
ser asumida por ninguén) que hai medios que non me van servir para
informarme con obxectividade do que realmente está a ocorrer na
Galiza. E vounos nomear. Dentro da prensa escrita e das súas
edicións dixitais editadas na Galiza, a min no me serven como
referencia de información obxectiva e fiable La Voz de Galicia, El
Faro de Vigo, El Progreso, La Región, Atlántico Diario, El Correo
Gallego, Diario de Pontevedra e La Opinión de Coruña. Dentro das
limitacións que os diarios impresos de carácter estatal teñen para
estenderse sobre a realidade de Galiza, tampouco quero saber nada de
El Mundo, ABC e La Razón, de entre os máis significativos, tanto
nas súas versións impresas como dixitais por non consideralos
fiables e imparciais nas súas informacións (prefiro ler os xornais
portugueses que me informan mellor).
Por
suposto non so non me fío senón que desconfío das emisoras da
Compañía de Radio e Televisión de Galicia, RTG e TVG. Son
claramente instrumentos de propaganda ao servizo do Partido Popular e
de Núñez Feijóo, coa falta total de imparcialidade e obxectividade
informativa que calquera medio público debería ter. E non o digo
eu; dino os seus propios traballadores e traballadoras, incluso os de
informativos falan de censuras, mencións prohibidas, censuras
previas e temas tabú amais de criticar abertamente a política
informativa dos citados medios. Póñeno de manifesto os propios
traballadores participantes do movemento “Defende a Galega” cada
venres desde hai algúns anos.
É
dicir, hai pouco onde escoller. Nos xornais diarios estatais impresos
Galiza case non existe, está desaparecida do Estado pese a ter
graves e variados problemas tanto económicos como sociais, agravados
de forma recorrente en cada actuación do goberno de Núñez Feijóo;
parece que só aparecemos nos medios dixitais ou escritos estatais
cando hai algunha desgraza. Antes tiñamos a edición galega de El
País; non é que fora gran cousa pero era información, con matices
pero información.
Que
é o que nos queda? Fundamentalmente os xornais diarios editados en
dixital Galicia Confidencial, Praza Pública e Nós Diario (este
editado tamén en papel) así como informativos de carácter local
editados dixitalmente dos que sempre se saca algo positivo. Que
é o que nos queda? Fundamentalmente os xornais diarios editados en
dixital Galicia Confidencial, Praza Pública e Nós Diario (este
editado tamén en papel) así como informativos de carácter local
editados dixitalmente dos que sempre se saca algo positivo. E
tamén xornais diarios estatais editados en dixital como publico.es,
eldiario.es,
elconfidencial.com,
cxtx.es,
elsaltodiario.com
e outros minoritarios que entre información e colaboracións van
aportando información obxectiva sen misturar opinión-información e
sen sesgos (ou con poucos) na exposición das novas.
E
emisoras de radio comerciais? Pois nada aquí volvemos a ver a non
confiabilidade. A min non se me ocorrirá tentar de informarme do que
realmente ocorre pola Radio Popular, nin pola redacción local de
Radio Vigo, nin por Radio Voz ou ES Radio. Podo escoitar Onda Cero ou
a rede estatal da Cadena SER, ambas con moitas cautelas separando o
que é información do que é opinión cando estas vanmisturadas.
Votar
para botar.
E
niso estamos. Asi
que a votar o día 12 de xullo. E, sobre todo, a votar para botar á
pandemia pepera do goberno da Galiza.
O
noso presidente folclórico e vernáculo, o señor Núñez Feijóo,
como era de esperar, non puxo nada da súa banda para defraudar aos
agoireiros que falaban de que ía convocar eleccións en plena
pandemia do COVID-19. Teremos que acudir ás urnas o domingo 12 de
xullo, ou votar por correo previamente. E deberemos facelo, a ver
se nos desfacemos dunha vez por todas de esa grave enfermidade que
ten Galiza e que se chama Partido Popular. Alternativa proposta? Eu
teño as miñas preferencias, loxicamente, pero diante da
posibilidade de seguir gobernado pola dereita franquista do Partido
Popular ou por unha alianza desta cos nazi-fascistas calquera outra
alternativa éme válida.
Faino
retorcendo ata estrangular os distintos argumentos dos
científicos sobre o previsible futuro dunha extensión da pandemia
na Galiza acompañado dun rebrote dos contaxios e,
conseguintemente, do colapso dun sistema sanitario público que
segue a estar infradotado tanto en persoal como en medios técnicos
para atender unha nova onda de contaxios. Deixando claramente á
vista que, desde o primeiro momento do aprazamento das eleccións
acordado no mes de marzo ou abril das eleccións galegas toda a súa
actividade de busca de culpables para as desfeitas da que só el e os
seus administradores son responsables, estaba supeditada á unha
campaña electoral máis ou menos encuberta.
Esta
convocatoria electoral dáse nunha situación na que unha Consellería
de Sanidade, xunto coa súa tropa de administradores das
distintas áreas de xestión e dos xerifaltes do SERGAS, nomeados
todos eles a dedo e con motivacións fundamentalmente políticas non
parece disposta a remediar as carencias do sistema sanitario público
sobre o que ten plenas competencias; nin Núñez Feijóo disposto a
esixirllo. Nin nas áreas de atención primaria, nin nas áreas
de atención especializada e hospitalaria. Como di a célebre canción
dun dos “artistas” bandeira do Partido Popular: la vida sigue
igual. De feito, as contratacións de persoal en prácticas para
facer fronte á dura sacudida do virus nunha Galiza cunha sanidade
pública desmantelada por Feijóo e os seus mercenarios,
contratacións pensadas para o momento de apuro, son prorrogadas
ata un ano en detrimento das listas de contratación de persoal con
experiencia abertas no SERGAS; un bordeo da lei máis por parte
dos incompetentes xestores dun servizo público esencial como é a
sanidade seguindo as directrices do Partido Popular.
Pero
amais, estas carencias vanse por de manifesto nun período
post-electoral no, que se alguén non o remedia, imos estar nunha
situación na que os centros de saúde e urxencias hospitalarias van
estar (como todos os meses de xullo e de agosto) saturados pola
afluencia de turistas á Galiza; e, por riba, cos cadros de
persoal aínda máis diminuídos e compostos en gran parte por
persoal en prácticas. Excepto que se lle neguen as merecidas
vacacións a uns sanitarios e a unhas sanitarias que nestes últimos
meses estiveron traballando a reo, forzando as súas posibilidades
físicas e psicolóxicas e maltratados por unha administración
sanitaria infectada de cargos “obedientes” e cargos políticos,
todos nomeados a dedo, que os explota e precariza laboral e
profesionalmente e os reprime se alzan a voz contra os desleixos,
temeridades e inxustizas que cometen (aínda que de cara ao público
eses vergoñentos lambecús e esas vergoñentas chupa-pollas aplaudan
todos os días ás 20:00 horas; e aínda que cada día se lles encha
a boca de verbas hipócritas que despois os seus actos desmenten).
Fica
claro que ese presidente folclórico e vernáculo, o señor Núñez
Feijóo, non quere dar tempo a que se poida dar publicidade a todos
as barrabasadas que el cos seus equipos políticos cometeron na
Galiza. Barrabasadas que xeraron centos de mortes en
residencias de maiores privadas ou que eles cederon en xestión
privatizada. Onde se denota unha clara connivencia cun grupo
empresarial dedicado ao negocio da atención á dependencia con
múltiples residencias de maiores e de centros de día, con altos
beneficios económicos resultado do desleixo da administración
dirixida por Núñez Feijóo;
grupo empresarial e ao que se lle concedeu a xestión de
residencias de propiedade pública non se sabe moi ben por que, pero
que si se sabe que eran escasos en persoal e medios para atender aos
residentes e que xa houbera denuncias e queixas dos familiares das
persoas alí mal atendidas.
Está
claro que queren ocultar todas as barrabasadas que xeraron nos moitos
anos que levan desgobernando Galiza, que non queren dar tempo a que a
poboación poida atar cabos e ver que os gobernos de Núñez Feijóo
e do Partido Popular son os máximos culpables do abandono que está
a sufrir este país, de todos os problemas sanitarios (xa sinalados
en distintos artigos deste blog) que asolan ao sistema sanitario
público de Galiza, da precariedade da contratación e da escasez de
persoal nos servizos públicos, así como un desleixo programado na
xestión dos ERTEs que impediu que moitos dos traballadores e
traballadoras afectadas poideran cobrar o que lles correspondía no
tempo que debería cobralo. E moitas outras barrabasadas máis; e iso
só no período de dous meses, do pasado marzo ata hoxe, que se me
poño a mencionar todas as que fixeron ou dixeron Feijóo e os seus
conselleiros e conselleiras nestes dous meses remataría cando tivera
máis anos que Matusalén. Xa non digo se nos centramos nos anos que
leva presidindo o goberno da Galiza, porque entón non chegarían
tres vidas do famoso Matusalén para contalas todas..
Mobilidade
interprovincial ao comezo da “Fase 0”.
Cando
Feijóo decidiu que as eleccións tiñan que ser celebradas no verán,
cousa que sucedeu ao pouco de que o goberno central implantara o
estado de alarma e estimara a duración probable do mesmo, todas as
actuacións del e do seu partido puxéronse en termos de campaña
electoral; a saúde da poboación, a pesar das súas continuas
declaracións, ficaba nun plano secundario. Para el o importante era
el e as súas ansias de revalidar o mandato.
Ao
pouco de comezar a chamada “Fase 0” da deses calada, a primeira
petición que desde a Xunta de Galicia se fixo ao goberno central foi
a de permitir a mobilidade interprovincial en toda Galiza.
Coñecendo o percal e os personaxes queda claro que a verdadeira
intención do Partido Popular e de Núñez Feijóo non era que
poidéramos visitar aos nosos seres queridos ou aos nosas amizades
que vivan en localidades de distinta ou da mesma provincia. A
verdadeira intención que tiña esta solicitude era a de poder
espallar por toda Galiza, fundamentalmente nun medio rural por el
maltratado aos seus axentes electorais;
empezar a deixar cabos atados e contactos nos diversos lugares;
engaiolando coas mais diversas artimañas, prebendas e medias
verdades convenientes a unha poboación desinformada coa finalidade
de poder pulsar os resortes electorais cando así o requirira a
cuestión. E máis cando se supoñía que ía ser unha campaña
curta, como parece que se confirma. Ter tocados aos seus peóns no
rural é unha cuestión básica para Feijóo e o Partido Popular; o
medio rural é unha das súas bases electorais fundamentais e, á súa
vez, é un medio no que os caciques e medio caciques rurais móvense
moi ben e, coa inestimable colaboración da Televisión de Galicia,
prometen o que nunca cumpren. Afortunadamente para saúde física da
poboación, o goberno central fixo caso omiso de tal pretensión.
Daba noxo ver como estes días atrás un grupo mais ou menos elevado de "pijos" e "pijas" do barrio madrileño de Salamanca manifestábanse pola rúa ao pedindo "Libertad" e saltándose toda mínima precaución para impedir contaxiar ou ser contaxiado polo COVID-19. Esa tropa de "pijos" e "pijas" de variadas idades que pedían liberdade tiñan varias cousas en común: a de votar masivamente ao Partido Popular ou a Vox, a de añorar ou ser firmes partidarios do réxime do xeneral Franco e a de condenar o dereito doutras xentes a pensar de forma diferente á da que eles pensan. Non é que lle moleste que sexa o PSOE, Podemos, Esquerda Unida ou calquera outro quen goberne; o que realmente rexeitan e que non gobernen os seus, os que aproveitan as maiorías parlamentarias para baleirar de contido as liberdades democráticas promulgando leis como a Lei Mordaza ou artigos do Código Penal que atacan frontalmente a liberdade de expresión, asociación e reunión. O que non aceptan eses energúmenos é o non poder exprimir de forma descarada e sen control aos seus asalariados, tanto nas súas empresas como nos seus domicilios ás traballadoras do fogar, ás que terán maiormente en condicións irregulares, de escravitude e con salarios de miseria.
Si, son xentes coma os manifestantes do barrio de Salamanca madrileño as que votan a políticos como Núñez Feijóo, as que votan a xente que supoñen unha verdadeira pandemia política para calquera país, a políticos que, por moito que traten ás veces de ocultalo ou disimulalo durante as súas campañas e precampañas, son membros do Partido Popular.
Núñez Feijóo é un suxeito ao que tamén vai votar se pode Marcial Dorado, o narcotraficante preso en Teixeiro que, coa súa escala de valores, di que o actual presidente da Xunta de Galicia é un personaxe honrado. E iso a pesares de que este nega ter amizade con aquel; e a pesares que, segundo verbas de Marcial Dorado, Núñez Feijóo foi beneficiario dos almorzos servidos pola esposa daquel na súa vivenda de Baiona. Claro que iso de durmir, almorzar na casa de un e de ir a variopintos viaxes xuntos non quer dicir que, necesariamente teñan amizade. Foi un que atopou pola rúa e convidou a durmir na súa casa, almorzar alí e despois collerse unha viaxe coa neve (...perdón) irse de viaxe á neve e a navegar na "lanchiña".
En fin, cousas así son as que representa Alberto Núñez Feijóo, candidato polo Partido Popular á Presidencia da Xunta de Galicia. Adalid das liberdades segundo os moradores do barrio de Salamanca, Vox e Díaz Ayuso e da honradez segundo os códigos éticos de Marcial Dorado.
Conclusión, se nas próximas eleccións galegas, próximas a convocar, volve ter maioría o Partido Popular e saír escollido Núñez Feijóo como Presidente da Xunta, a noxenta e nauseabunda pandemia política seguirá vixente na Galiza; e, se a maioría dos expertos en epidemioloxía, medicina preventiva e saúde pública non erran nas súas previsións, esas eleccións e as persoas elixidas virán acompañadas dun novo rebrote do coronavirus COVID-19; un novo rebrote que vai coller outra vez en cueiros á rede sanitaria pública, como xa aconteceu na primeira onda da pandemia. E todo por dedicar máis recursos a forxar propaganda electoral que a afortalar o sistema sanitario público.
Aínda que xa
falamos da noxenta oposición feita polas dereitas franquista,
nazi-fascista e os seus apéndices de nome distinto, este artigo irá
referido ao presidente do Partido Popular na Galiza, e tamén
presidente da Xunta de Galicia, o ínclito, o preclaro, o insigne, o
ilustre,... don Alberto Núñez Feijóo. É claro que a actuación
política deste suxeito non se pode separar da estratexia xeral que o
seu partido ten para o ámbito estatal, polo que será necesario
seguir facendo referencia á intelligentia pepero-voxera do
resto do Estado como pode ser, por exemplo, o grande descubrimento da
portadora da sapiencia do século XXI, a señora Díaz Ayuso,
ou do máster pola URJC señor Casado, ou a xa coñecida
sapiencia de Rocío Monasterio ou de Ortega Smith (non poño a
colección completa de persoas xeradoras de nauseas porque igual me
poño a vomitar e non paro).
Pero volvamos ao
suxeito principal deste artigo, don Alberto Núñez Feijóo. Non sei
se denominalo presidente folklórico, presidente
castellanito (non pola súa procedencia xeográfica, que el é
dunha aldea da Galiza, senón pola súa ausencia case permanente do
idioma propio da súa aldea e da Galiza -o galego- cando realiza
declaracións referentes á pandemia ou outros asuntos na súa
función de cargo público; e deixando claro que as persoas casteláns
que cren e practican a democracia son moi respectables), presidente
enxebre, presidente autóctono, presidente indíxena
(isto xa sería dorarlle en exceso a pílula aos finos pailáns
centralistas que nos miran aos galegos coma tales) ou presidente
vernáculo. Poderían ser moitos máis. Ao final decántome por unha
acepción moi usada na época da Sección Femenina e da OJE
dos fascistas de Franco, que
fai máis xogo co personaxe, a de presidente vernáculo.
Ía dedicarlle un artigo exclusivo pero, coa velocidade que vai este
tema da pandemia, o confinamento, a “desescalada”, etc. córrese
o perigo de que as cousas vaian ficando no atraso ou que se acumule
un exceso de elementos que, de falar deles, compre facelo sen atrasos
para non ficar obsoletos.
Se confiamos nas
súas palabras, ao noso presidente vernáculo da Xunta de
Galicia o que lle interesa nestes intres e o que move todas as súas
actividades é frear a pandemia; que o das pendentes eleccións ao
Parlamento Galego xa se verá cando as cousas estean máis
calmadas. O problema estriba en que eu non teño nin un ápice de
confianza nel nin nas súas palabras; e se alguén me pregunta pola
súa fiabilidade direille que ao meu entender é unha persoa que non
ten ningunha credibilidade. E os feitos din que está facendo campaña electoral e buscando o momento propicio para continuar co proceso electoral en suspenso. Eu non lle creo nada porque xa estou
acostumado ás súas continuadas informacións erráticas ou as súas
continuadas mentiras; leva así máis de dez anos; desde antes incluso de
ser presidente da Xunta de Galicia, tempo no que fixo unha pre-campaña
e unha campaña electorais sementadas de falsidades contra os seus
opoñentes políticos; sei da súa manía de botar a culpa das súas decisións e actos a terceiros
cando coida que a estas non hai por onde collelas e poñen de manifesto o seu desleixo e a súa incapacidade para gobernar. Aí están as súas recentes
afirmacións de que agora hai máis médicos, ou de que hai máis
camas hospitalarias na Galiza, que antes do seu goberno; ou que a falta de EPIs e mascaras de
protección nos centros sanitarios galegos é culpa do goberno central. E iso con só ollar para estes
últimos días.
Sanidade,
Educación e Vivenda ou a incompetencia disimulada.
É evidente, tamén,
que non podemos separar as súas incompetencias, limitacións e
prepotencia das actuacións dos seus conselleiros e conselleiras. Así
vemos que cada vez que o Conselleiro de Sanidade fai declaracións sobre a pandemia nos programas locais da emisora da SER en Vigo , por poñer un exemplo, non ten empacho algún
en afirmar que gracias a que se construíu o hospital Álvaro
Cunqueiro de Vigo esta cidade conta con máis recursos para facer
fronte ao COVID-19; a realidade é que o goberno de Feijóo pechou
numerosas camas hospitalarias públicas nesa cidade, que reduciu o número de
camas hospitalarias previstas para ese hospital, que ía ser
plenamente público e que o Partido Popular converteu nun centro
comercial privado. E que, tamén, reducíu persoal en toda clase de traballos sanitarios tanto hospitalarios como na atención primaria ao longo do seu mandato; incluso agora, en plena pandemia, está a rescindir e a non renovar contratos ao persoal sanitario.
Outra mostra é a
ineficiente e incapaz Conselleira de Educación, que non ten empacho
en botarlle ao goberno central as culpas de que a Xunta non teña anulado antes,
como teñen feito hai tempo outras comunidades, a convocatoria de
oposicións ao ensino público, cando as competencias no tema son
plenas e exclusivas (agás os temarios da maioría das especialidades) da Xunta de Galicia; ou que é incapaz de tomar decisións
sobre un final de curso coordinado e igual para todo o ensino non
universitario de Galiza, que deixa nas mans de cada claustro que faga
o que estime oportuno, a la vaicheboa; asi, a
un alumno ou alumna de Mazaricos se lle pode avaliar de diferentes contidos e
con criterios diferentes que a outro do mesmo nivel de Ribadeo ou do
Barco de Valdeorras. Ou, se así alguén o decide (claustro, departamento, área ou profesor) poderíase avaliar, polos mesmos contidos e cos mesmos criterios, a un alumnado que teña posibilidades de acceso
ás redes e puidera seguir as clases virtuais de quen as impartira
que a outro alumnado do mesmo grupo e
nivel que non ten acceso (sexa cal sexa o motivo) ás redes
informáticas e non pode seguir as ensinanzas impartidas por ese medio. Un total despropósito e unha deixación de responsabilidades o desa señora conselleira, e, por engadido, o do seu xefe.
Ou
a “ocorrencia” da Conselleira responsable de vivenda da que xa
falamos nun capítulo
anterior desta serie que se dirixe ao goberno central para que
derrogue a norma que impide os desafiuzamentos mentres dura o estado
de alarma porque enfría o mercado e prexudica aos propietarios. Todo
un despropósito se o vemos desde o punto de vista de garantir uns
mínimos de condicións de vida para as persoas que polos seus
despedimentos do traballo, pola falta de ingresos derivada da
pandemia, ou
simplemente porque a burocracia e tardanza da Consellería de Traballo ao xestionar
os ERTEs impide que poida cobrar en abril o que lle corresponde non poden facer fronte aos pagamentos dos alugueiros (por
exemplo: vemos que moitas traballadoras domésticas foron despedidas
ilegalmente polos seus patróns ao inicio do estado de alarma; e
sabemos que unha inmensa parte das mesmas non están dadas de alta na
Seguridade Social, polo que non teñen dereito a paro e tampouco
ingresos con que pagar a renda; e sabemos tamén que a maioría dos
patróns que fan estas cousas son xentes acomodadas e que votan á
dereita).
Máis
estes despropósitos non son casuais nin improvisados. Están todos
dirixidos á base electoral do Partido Popular e, polo tanto, forman
parte da campaña de Núñez Feijóo cara ás eleccións galegas, que
leva en campaña desde que tivo que adialas por mor da pandemia e o
estado de alarma e non a deixa aínda que se lle colguen dos chilindríns. Iso si, di que o que a el lle importa son as persoas; non
sei si se refire ás que se contaxian nos hospitais por falla de
medios de protección, se fala dos maiores que sofren en “residencias
integradas” porque faltan as camas hospitalarias públicas e o
persoal para atendelas que a Xunta do PP pechou e despediu; ou se
fala das coidadoras e coidadores de maiores nas residencias que non
teñen EPIs porque nin a Xunta nin as súas empresas os facilitaron;
ou se fala dos vellos e vellas que finan nos morredeiros
nos que se converteron algunhas das residencias nas que moran e ás
que o desleixo e privatización por parte de quen debería velar por
eles está tendo como consecuencia numerosos falecementos. E a culpa
non é da Xunta... Como pretende Feijóo que creamos o que di?
A
comedia electoral do “estudo epidemiolóxico”(ou o baile dos 100.000 test).
Outra
das pantasmadas do noso presidente vernáculo está relacionada cos
test do COVID-19. Parece ser que o goberno central remitiu ao goberno
de Núñez Feijóo un número importante de test para que foran
realizadas as probas entre as persoas máis expostas a poder ser
contaxiadas polo virus, nomeadamente persoal sanitario e auxiliar de
hospitais e centros de saúde, persoal de limpeza de hospitais,
persoal de residencias de maiores, persoal de ambulancias, etc.; e a
Xunta de Galicia non nega esta recepción. Como sabemos pola prensa,
a realización de test a todo o persoal foi unha reivindicación
constante de todos os colectivos implicados na atención directa aos
doentes e potenciais doentes do coronavirus, e a día de hoxe sigue a
ser das máis demandadas polo persoal da sanidade e polos técnicos
das ambulancias. Pois nada, o señor Feijóo, coa habilidade
demagóxica e a sapiencia
que o caracterizan, decide que eses 100.000 test non se van dedicar a
detectar a presencia do coronavirus entre a poboación en situación
de maior risco, senón para facer un estudo electoral... (perdón),
...epidemiolóxico entre a totalidade da poboación galega. O cal non
estaría nada mal se os resultados deste tipo de test foran
definitorios do estado do COVID-19 na Galiza, cousa que non é así
porque este tipo de test debe ser complementado con outros dous para
ser definitorio debido ao seu alto índice de erros nos que pode considerar positivos a negativos ou viceversa. Pero aínda está
peor se temos en conta que xa estaba anunciado polo goberno do Estado
a realización dun verdadeiro estudos epidemiolóxico, con un alto
número de mostras, e por tanto cun alto índice de fiabilidade, entre
o conxunto da poboación do Estado; estudo que non só comprendería
os test que pretende facer Núñez Feijóo, senón que levaría dúas
probas complementarias que sinalarían non só a presencia do virus
en enfermos contaxiados e asintomáticos, senón que mostrarían
ademais as persoas non enfermas pero con anticorpos do COVID-19 por ter pasado xa a enfermidade.
En
suma, este chamado “estudo
epidemiolóxico da Xunta de Galicia”
é outro esperpento máis, protagonizado pola Xunta de Galicia
presidida por Núñez Feijóo; esperpento que só ten senso se é
analizado coma unha parte máis da súa campaña electoral. Campaña que, neste
caso, utiliza á poboación galega coma se un coello de indias se
tratara, servíndose das súas ansias e dos seus medos e proporcionando resultados que seguramente non están axustados á realidade, cousa posta enriba da mesa polo persoal sanitario que á vista dos resultados tiña fundadas dúbidas da utilidade real do rimbombante estudo. Iso si, despois das declaracións neste senso dos facultativos sobre a máis que posible
tomadura de pelo, hai tres días que nada se sabe do tema; nin sequera os xornais afíns ao Partido Popular (todos menos un dos galegos editados en papel) falan do tema, o
cal me inclina a crer que ou ben ocultan os resultados ou ben
prefiren xa calar co tema debido á súa demostrada incompetencia.
A
desescalada
segundo o noso presidente vernáculo.
Unha
das constantes da critica das
dereitas extremas (Partido Popular e Vox)
ao goberno do Estado foi a de actuar de forma improvisada, sen bases
reais sobre as que sustentar a maior parte das medidas, chegando
a falar incluso de “arresto domiciliario” da poboación e de
secuestro das competencias das comunidades autónomas (CC.AA.). E,
ultimamente, acusando ao goberno central de atentar contra as
liberdades democráticas “de
los españoles”. E Feijóo, por moito que vaia de moderado, non ía
ser menos que os seus correlixionarios e apuntóuse ao coro.
Mais, quenes son eles, Feijóo e o resto dos peperos e peperas, para
falar de atentar contra as liberdades democráticas e do secuestro de
competencias das CC.AA.? Lembremos
que os maiores atentados ás liberdades democráticas básicas
(manifestación, expresión e asociación) foron perpetradas por
gobernos do Partido Popular coa aprobación da chamada Lei Mordaza e
coa reforma do Código Penal en sentido fascista,
sendo presidente do goberno central Mariano Rajoy, Presidenta do
Congreso Ana Pastor e sendo deputado Pablo Casado, que por suposto
votaron favorablemente xunto cos demais franquistas do seu grupo parlamentario; medidas
que supuxeron o asasinato de principios básicos de calquera
democracia perpetradas
polas novas xeracións de franquistas agrupadas no Partido Popular;
do mesmo xeito, e durante
este mesmo período, foi cando se produciu a maior recentralización
do Estado en detrimento das competencias das CC.AA. desde a
instauración do chamado estado das autonomías ou de "café para todos".
E logo, de que falan? Certo é que na daclaración da loita contra a pandemia do coronavirus se quebraron en demasía
as competencias da CC.AA., que posiblemente non facía falta chegar
aos extremos que se chegaron en moitos aspectos e que podía ser posible chegar a acordos
sobre medidas e forma de cumprilas, tanto as iniciais como as de da
desescalada do estado
de alarma. Evidentemente, non saberiamos cal sería a actitude do Partido Popular que posiblemente non sería nada construtiva; pero hai outros actores políticos no taboleiro estatal distintos de PSOE e Partido Popular aos que non se lles respectou a súa propia personalidade desde o Goberno. Pero iso non lle pon razón aos incompetentes peperos.
No
mesmo día ou ao seguinte de anunciar a realización do seu test
electoral, Núñez Feijóo, sen ter bases nas que sustentar nada,
e incluso sen ter os resultados do seu test, púxose a pontificar como
debería ser a desescalada
en Galicia con críticas ao goberno central polas súas propostas
neste terreo. E como ía ser a desescalada de Núñez Feijóo? Foi
anunciado este desexo cando aínda non comunicara o goberno central
como ía ser a reincorporación paulatina á normalidade. Segundo
podemos ler en La
Voz de Galicia
en nova do 25 de abril (o xornal máis próximo, por non dicir
apegado, ao Partido Popular) a desescalada
segundo o noso presidente vernáculo consistía, a grandes trazos, no permiso para a
apertura de concesionarios de automóbiles, de permitir facer deporte
individual, abrir mercadillos de proximidade con limitacións e abrir certos establecementos
comerciais con cita previa. Un xenio o noso presidente vernáculo. A
intención era máis que clara: botarlle os cans e os cabreos contra
o goberno central e os seus apoios no Congreso. Táctica electoral
clásica no Partido Popular cando nada novo ten que dicir.
Na Galiza, seguía a campaña de Núñez Feijóo e este negando a súa
existencia.
O
seu lema: “Sigamos a cabrear ao persoal e manteñamos a nosa
campaña electoral”.
O Partido Popular
non ten alternativas reais para propoñer nin no momento actual nin
no momento futuro para controlar a extensión da pandemia. Se eles
estiveran no goberno do Estado faríano peor que o goberno actual,
porque non establecerían nin unha soa medida de protección para os
traballadores asalariados nin para a conciliación laboral (con isto
non quero dicir que considere suficientes as medidas adoitadas polo
actual goberno para protexer aos máis débiles dos efectos
económicos do andazo do coronavirus).
Por
iso, a única vía que
teñen eses sen vergonza das dereitasé a de lograr o cabreo
social contra a xestión gobernamental dunha cidadanía desorientada
e asustada pola pandemia, incluso facéndoo responsable das propias
actuacións da dereita onde ten responsabilidades de goberno
exclusivas. E esta é
unha via que saben manexar perfectamente e que xa lle ten dado
resultados anteriormente.
Esta
falla de alternativas pola banda dos peperos, as presións dos seus
aliados sociais e mantedores, sobre todo os grandes empresarios, e as
ansias de facer caer ao actual goberno e así de poder para dirixir
un goberno de extrema dereita ultraliberal para o período
post-pandemia están levando á dereita franquista e nazi-fascista,
baixo a dirección do Partido Popular, a adoitar posturas que van
contra calquera forma ética de exercer unha oposición democrática,
incluso creando falsas expectativas entre a poboación
ao insinuar de forma indirecta e subliminar que a extensión do
contaxio xa está controlada e non fai falla manter o estado de
alarma (así estamos a ver que a xente non coida na rúa as medidas
mínimas de precaución que médicos e epidemiólogos aconsellan; e
xa veremos, se saen coa súa, como será a dinámica do rebrote que
se espera para o outono). Eles o que buscan é un goberno que poida
aplicar unhas medidas aínda máis duras e agresivas contra a clase
traballadora que as que o actual goberno vai a aplicar por moita
Esquerda Unida e moito Podemos que teña no seu interior (neste senso
a experiencia de Tsipras en Grecia é moi ilustrativa).
Os que levamos anos
interesándonos pola liberdade e a democracia neste país temos moi
claro que a dereita franquista e a dereita nazi-fascista non ten
escrúpulos nin ética á hora de utilizar calquera cousa ou engado
para establecer un clima de cabreo e malestar na sociedade e contra
un goberno. Sabemos que utilizan todo o que teñen ao seu alcance,
sobre todo a mentira sistemática e as cloacas do Estado que se
preocuparon de crear e alimentar nas súas épocas de goberno e
poñendo ao fronte de organismos que deberían garantir a seguridade
do conxunto dos cidadáns e non os intereses da corrupción a
suxeitos corruptos e indesexables; todo para lograr os seus
propósitos. Amais teñen múltiples voceiros entre o lixo que invade
á maioría os medios de suposta información do país, incluso
moitos dos públicos, mensaxeiros da desinformación, da manipulación
e da extensión das falsidades creadas pola dereita franquista e a
outra extrema dereita. Unha manipulación mediática en toda regla. E
o goberno da Xunta de Galicia, presidido por Núñez Feijóo, e os
seus medios amigos tamén están nesa verbena de falta de ética; e
aquí aínda máis agudizada por esa evidente campaña electoral que
nega unha e outra vez o presidente do Partido Popular de Galicia e da
Xunta de Galicia, o noso presidente vernáculo.
Unha
manifestación desa falta de escrúpulos que ten a dereita franquista
foi a imposición da ralentización da tramitación dos ERTEs no
Servizo Galego de Emprego, como teñen acusado os sindicatos,
atrasando os cobros que aos que tiña dereito a clase obreira
afectada no mes de abril. Insinuación de culpa contra o goberno do
Estado por parte de instancias da Xunta de Galicia e do Partido
Popular, apoiados polos seus voceiros de información veraz
e independente. Parella a esta
rastreira e impresentable forma de actuar, ofrecen créditos ás
familias ás que previamente lles nega vía burocracia o cobro do seu
salario; créditos que non sei como serán pero aos que posiblemente,
tendo en conta a forma de actuar dos distintos gobernos galegos
liderados polo Partido Popular, non poidan acceder os máis
necesitados.
Agora os intentos
de xerar cabreo van dirixidos aos pequenos comerciantes e ás
limitacións que o goberno central decretou para a apertura de
establecementos comerciais e de restauración. Non se acorda que na
súa proposta de desescalada as medidas aínda eran máis duras que
as anunciadas polo goberno central para adoitar a partires do 11 de
maio. Está claro que quere alporizar aos pequenos empresarios e
traballadores autónomos, á súa base electoral máis fiel e, ao
mesmo tempo, esnaquizada por eles.
Posiblemente, e
temporalmente, se chagaran ao goberno do Estado os franquistas
crearían unha especie de esmola social temporal (nada
que ver cunha renda social permanente para os máis desfavorecidos
nin coa renda básica, con e sen pandemia, coa que a dereita e os
empresarios non están de acordo) que servira aos seus protexidos
para manter un mínimo de vendas e para aplacar o descontento social.
Isto o estaba pedindo ata o señor Guindos desde a súa poltrona da
Unión Europea e o señor Montoro, antigos ministros de Economía e
de Facenda, respectivamente, con Mariano Rajoy; curiosamente dous dos
principais artífices da ruína e da precariedade da clase obreira e
dos pequenos e medianos empresarios durante o tempo que sucedeu á
crise do 2008; e un deles, o legalizador do fraude fiscal ao través
das famosas “regularizacións fiscais” ás que se acolleron unha
gran parte da xentalla afín ao seu partido e que estafou e roubou ao
erario público do Estado, entre eles gran parte da familia Borbón,
familia da nobreza parasitaria con unha tradición secular de
corrupción a conta dos bens públicos.
A
represión como remedio contra as críticas internas.
Outra
dos signos característicos do goberno Feijóo, que se volveu poñer
de manifesto nesta época da pandemia, é a de calar toda
discrepancia que poida xurdir no interior da administración autonómica, sobre todo se esta discrepancia sae a luz ou se fai pública. Dous casos mostran este tipo de
comportamentos nesta época de pandemia. O primeiro foi a destitución da xefa do servizo de
cirurxia plástica e reparadora do Hospital Álvaro Cunqueiro de
Vigo por facer públicas no seu Facebook persoal as presións ás que
estaba sometida pola dirección do citado hospital debido á
insistencia da profesional en usar máscara de protección e esixir
medios de protección individual para atender aos doentes nunha etapa
na que os contaxios por COVID-19 estaba a crecer en progresión case
xeométrica. A escusa para a destitución foi a de falta de confianza; isto para unha
profesional que ten fama de ser moi concienciuda no seu traballo, no
coidado dos doentes e unha excelente compañeira. A verdade todos supoñemos que non foi esa, senón a actitude da doctora. E por moito que o neguen non imos crer outra cousa.
Outro
caso é a destitución como director da residencia integrada de Baños
de Molgas de un especialista en xerontoloxía, destitución materializada ao día seguinte de que ese
xeriatra realizara unhas declaracións á Cadena SER en Galiza que
poñían en cuestión algunhas das actuacións da Xunta de Galicia ao
respecto das residencias de maiores e ao tratamento nestas de doentes
de COVID-19 nas propias residencias ou nas recen creadas residencias integradas habendo sitio en hospitais públicos ou privados. Non é
que foran unhas declaracións moi duras coa actuación das
consellerías de Política Social e Sanidade, simplemente razoables;
pero si discrepantes e, por moito que o neguen, as coincidencias
non existen, como se pode extraer dunha nova
aparecida en Galicia Confidencial. Aquí, na Galiza, sabemos con
quen bailamos e coñecemos as súas mañas. E as coincidencias en
certos temas non existen.
Cousas
recentes e cousas que fican no tinteiro.
Xa
se falou noutro
artigo desta xeira do tema das residencias de maiores na Galiza.
Non falamos da contratación de persoas sen titulación para atender
aos maiores que permaneceron nesas residencias afectadas polo
COVID-19. Tampouco nos estendemos na falta de provisión de equipos
de protección para os seus traballadores, nin da realización de
probas xeralizadas ao persoal dos xeriátricos. Pero imos poñer
aquí, polo seu interese, un video que circulou pola rede que contén
unha declaración dun traballador dun xeriátrico público cuxo nome é Xan
Carlos Ansia, que nos da unha visión moi ilustrativa da actuación
do goberno de Núñez Feijóo e o seu goberno respecto das residencias de
maiores, actuación que xogou un papel esencial na extensión do
virus neses establecementos entre residentes e persoal.
Outro
asunto non tratado é o continuado e progresivo despedimento de persoal contratado
para atender aos maiores nas residencias intervidas privadas pola
Xunta de Galicia, volvendo a deixar aos maiores alí residentes ao
coidado do escaso número de persoal contratado polas empresas cuxas
actuacións, combinadas coa falta de inspección efectiva da
consellería encargada, provocaron numerosos contaxios e mortes entre
os residentes nas mesmas.
O
mesmo está a ocorrer nos centros sanitarios, onde despois de non
renovar contratos ao persoal sanitario e auxiliar que estaba de baixa
por enfermidade (que en teoría, e parece ser que só en teoría,
deixou de facer cando saiu á luz pública), agora a Consellería de Sanidade está a despedir
aos contratados con motivo da pandemia, sen esperar á fin da pandemia, nin aos resultados dos seus propios "estudos", nin ao seu case
seguro rebrote, nin para estabilizar os cadros de persoal tanto da
atención primaria como da atención hospitalaria.
En
fin, xa vemos que baixo a dirección de Alberto Núñez Feijóo, o
noso presidente vernáculo, este país, Galiza, non funciona. Polo
menos para a maioría da cidadanía. Si funciona para unha
millonésima parte da súa poboación, que se fai rica e máis rica a
costa do sufrimento dos demais.
E,
finalmente, todo o que non se di.
E iso
que non temos falado da industria, ou da falla dela e tamén da falla das súas
perspectivas. Si o fixemos de paso co comercio e do que sofren os
pequenos comerciantes coas políticas dedicadas a favorecer ás
grandes cadeas e ás grandes áreas comerciais en detrimento daqueles
(e, por riba, a maioría nen se decatan; o cal é moi triste).
Tampouco falamos de educación, un área na que impera a política
dunha constante vía de privatización e dun abandono da escola e o
medio rural que favorece a despoboación e a desaparición da
agricultura e a gandería. Nin da política forestal; ou, mellor
dito, da política de destrución do bosque e da busca da
desertización ao través do eucalipto.
En
fin, hai que botalo. A el e aos seus correlixionarios franquistas.
Adeus señor presidente vernáculo. Espero que, pese a todos os seus
esforzos por enmascarar unha descarada campaña electoral, non volva
saír escollido.